Isabel de Barreto
navegante galega From Wikipedia, the free encyclopedia
navegante galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Isabel de Barreto de Castro[1], nada probablemente en Pontevedra na década de 1560[2], ou quizais en Lima[3], foi unha navegante probablemente galega do século XVI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1567 Pontevedra, España |
Morte | 3 de setembro de 1612 (44/45 anos) Castrovirreyna, Perú (pt) |
Actividade | |
Ocupación | exploradora, oficial da armada |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante |
Familia | |
Cónxuxe | Fernando de Castro (1596–) Álvaro de Mendaña (1585–1595) |
Segundo algunhas fontes[4], o seu pai, Francisco Barreto, era un comerciante portugués nado en Faro. Este, en 1547, fíxose ao mar no Índico. En 1555 fora nomeado gobernador das Indias Portuguesas, e viviu en Lisboa entre 1561 e 1569. Porén, con esta historia non semella sinxelo nin situar a Isabel de Barreto en Pontevedra na década de 1560 nin no Perú uns anos máis tarde, onde chegaría precisamente acompañando a súa familia e o séquito do novo vicerrei. Outras fontes sitúana como unha rica limeña, do barrio de Santa Ana, filla dos comerciantes portugueses Nuno Rodrigues Barreto e Mariana de Castro[3].
O que si parece incontrovertible é que casou en Lima en 1585[5] ou 1586[3] co adiantado Álvaro de Mendaña, quen explorara xa parte do Pacífico para o Castela e chegara ata as Illas Salomón. Precisamente, Isabel viaxa co seu home na segunda grande exploración deste, que partiu con destino ás Salomón en abril de 1595. A viaxe foi patrocinada polo vicerrei García Hurtado de Mendoza, marqués de Cañete, precisamente grazas á influencia de Isabel de Barreto. O obxectivo era establecer unha colonia nas illas Salomón para impedir que os piratas ingleses atopasen un refuxio no Pacífico dende o cal atacar as Filipinas ou a costa americana.
Embarcáronse 368 persoas entre homes e mulleres, tanto libres como escravas e escravos, co obxectivo de fundar unha colonia. Tamén ían na expedición tres irmáns de Isabel de Barreto. O piloto maior era o portugués Pedro Fernández de Quirós. Os catro barcos eran:
A expedición partiu do porto de El Callao. Logo de facer escala no porto peruano de Paita, atopou as illas Marquesas e bautizáronas así en honra do vicerrei, o marqués de Cañete. Durante dez días exploraron as illas do sur do arquipélago. De camiño cara ao oeste, pasaron por diante dunha das illas Cook e dunha das Tuvalu até que chegaron ás illas Santa Cruz, arquipélago do sur das illas Salomón. Ao pasar xunto ao Tinakula, un volcán en actividade na illa de Nendö, perderon a Santa Isabel, a nave almiranta, nunha treboada.
Fundaron unha colonia na illa de Santa Cruz onde Álvaro de Mendaña, o home de Isabel, enfermo de malaria, perde o control da situación. Os soldados cometen crimes e excesos cos pobos indíxenas e prodúcese un intento de rebelión. O 18 de outubro de 1595 morre Mendaña e Isabel faise cargo da expedición. Ao deteriorarse aínda máis a convivencia, abandonan a colonia e marchan ás Filipinas. No camiño pérdense as outras dúas naves, a San Felipe e a Santa Catalina, e só chega a porto a San Gerónimo, guiada por Pedro Fernandes de Queiroz.
A morte de Mendaña converteu a Isabel en herdeira das terras que conquistaran. Recibiu os títulos de gobernadora da colonia de Santa Cruz e adiantada das illas de Poñente. Tres meses despois de chegar a Manila, casou con Fernando de Castro, parente do seu home e xeneral destinado en Filipinas. En 1597 fanse de novo ao mar e chegan ata Acapulco (México), dende onde se trasladan a Guanaco na Arxentina. Alí estabelecen unha encomenda, un tipo de propiedade rural onde as xentes indíxenas traballaban escravizadas.
Nese momento descobre que o rei Filipe III lle outorgou os privilexios sobre as Illas Salomón a Pedro Fernández de Quirós, co que anulaba os anteriores dela. Para protestar por esta afronta, viaxan primeiro a Lima e posteriormente a España.
Crese que faleceu en Galicia.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.