Remove ads
lingua dravídica falada en Tamil Nadu e no nordeste de Sri Lanka From Wikipedia, the free encyclopedia
O támil[6] é unha lingua dravídica que se fala principalmente no estado indio de Tamil Nadu e no nordés de Sri Lanka. É a lingua dravídica co segundo maior número de falantes despois do telugu, e é a de maior desenvolvemento literario. Actualmente, calcúlase arredor dos 50 millóns de falantes.
Támil தமிழ் | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /t̪ɐmɨɻ/ | |
Falado en: | India e Sri Lanka, con minorías significativas en Singapur, Malaisia, Dubai, Mauricio, Fidxi, Reunión, Trinidad e Tobago, Suráfrica, así como emigrantes en varios países. | |
Total de falantes: | 68 millóns como lingua materna,[1][2] 77 millóns en total[1] | |
Posición: | 20, 16,[3] 15[4](falantes nativos) | |
Familia: | Dravídica Meridionais Támil | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | India, Sri Lanka e Singapur | |
Regulado por: | Varias academias e o Goberno de Tamil Nadu | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ta | |
ISO 639-2: | tam | |
ISO 639-3: | tam
| |
Mapa | ||
Status | ||
Existen tamén destacados núcleos de falantes en Malaisia, Vietnam, Singapur (onde é unha das catro linguas oficiais), Zanzíbar e, recentemente, en diversas cidades europeas, entre as que salienta Londres.
Conta cunha rica e antiga tradición literaria, remontándose os primeiros escritos desta lingua, consistentes en poesía lírica e unha gramática, ata o século I.
O sistema de escritura do támil provén do alfabeto brahmí. Combina consoantes con vogais para crear caracteres silábicos únicos pero, ao contrario que as outras escrituras derivadas do brahmí, non ten caracteres que representen sons con máis dunha consoante. Como na actualidade o támil está recibindo unha grande influencia doutras linguas, o seu sistema de escritura está tendo problemas á hora de representar os novos vocábulos.
O támil pertence ao grupo meridional das linguas dravídicas, unha familia de 26 linguas nativas do subcontinente indio. Máis especificamente forma parte dunha familia de linguas támiles, que tamén inclúe as linguas de 35 grupos etnolingüísticos[7], como o irula e o yerukula. O malaialam é unha lingua próxima, que ata o século XIX estaba considerada un dialecto do támil, aínda que xa desde o século XIII ou XIV estaba o suficientemente arredada para ser considerada unha lingua diferente.
O támil ten a súa orixe no Proto-dravídico, unha protolingua que se falaría arredor do terceiro milenio a.C. posiblemente arredor da bacía do baixo Godavari [8], a evidencia material suxire que os falantes estaban asociados cos complexos neolíticos do sur da península india[9]. Arredor do 1500 a.C.[10] as falas do sur diverxen o suficiente como para falar dun Proto-dravídico meridional do que emerxeu o proto-támil arredor do século III a.C. e pouco despois aparecen os primeiros testemuños epigráficos da lingua[11]. Entre as linguas da India, o támil presenta a máis antiga literatura non relacionada co sánscrito[12]. Adoito categorízase a historia do támil en tres períodos: támil antigo (300 a.C. – 700 d.C.), támil medio (700–1600) e támil moderno (desde 1600)[13].
Os textos máis antigos en támil antigo son inscricións datadas no século II a.C. en cerámica e en covas, escritos nunha variante da escrita Brahmi coñecida como Brahmi támil[14]. O texto longo máis antigo é o Tolkāppiyam , un libro de gramática támil e poesías, que se podería datar nas súas partes máis antigas no século I a.C.[13] Coñécense gran número de obras literarias do támil antigo, salientando un corpus de 2.381 poemas, de 473 autores, coñecido colectivamente como literatura Sangam e que datan do século I ao V[15], considerándose a literatura secular máis antiga da India[16]. Outras importantes obras literarias son Thirukural, Silappatikaram e Maṇimēkalai, e varios textos éticos e didácticos, escritos entre os séculos V e VIII.[17]
O támil antigo conserva moitas características do proto-dravídico, como o inventorio de consoantes[18], a estrutura silábica[19] e varios trazos gramaticais[20], como a ausencia dun presente de indicativo xa que como o proto-dravídico só tiña dous tempos, o pasado e o "non pasado", e os verbos tiñan unha conxungación negativa distintiva (p.ex. kāṇēṉ (காணேன்) "eu non vexo", kāṇōm (காணோம்) "nós non vemos")[21]. Os nomes podían ter sufixos pronominais como os verbos para expresar ideas: p.ex. peṇṭirēm (பெண்டிரேம்) "nós somos mulleres" formada por peṇṭir (பெண்டிர்) "mulleres" e o marcador de primeira persoa do plural -ēm (ஏம்)[22].
Considérase que no século VIII rematou a evolución do támil antigo ao medio[13], caracterizándose por unha serie de cambios fonolóxicos e gramaticais. En termos fonolóxicos as mudanzas máis importantes foron a virtual desaparición do fonema aytam (ஃ),[23], a fusión das nasais alveolares e dentais[24] e a transformación da consoante oclusiva alveolar nunha consoante rótica[25]. Gramaticalmente o cambio máis importante foi a emerxencia dun presente de indicativo a partir do verbo kil (கில்) "ser posible" ou "acontecer" que se utilizaba en támil antigo como un marcador de aspecto para indicar que unha acción duraba moi pouco en combinación cun marcador de tempo como ṉ (ன்), en támil medio este uso evolucionou nun marcador de presente de indicativo, – kiṉṟa (கின்ற)[26].
A partir da dinastía Pallava entraron na lingua préstamos do sánscrito, especialmente nos campos da política, relixión e da filosofía[27], influenciando tamén o sánscrito a gramática[28] e a fonoloxía támil. A escrita tamén cambiou, os Pallava usaron unha nova escrita baseada na do sánscrito, a Grantha que substituíu a Vaṭṭeḻuttu, evolución da Brahmi[29].
En támil medio existe un gran número de inscricións e un significativo corpus de literarura relixiosa e secular[30].
A gramática normativa do támil moderno, Nannul, é do século XIII e segue as pautas do támil medio máis ca do támil falado moderno[31], que en contraste amosa un gran número de mudanzas, así a conxución negativa dos verbos caeu en desuso na lingua falada[32] – expresándose a negación morfolóxica ou sintacticamente[33] ou desapareceron as vogais entre oclusivas ou entre unha oclusiva e unha rótica[34].
O contacto coas linguas europeas afectou tanto ao támil escrito como o falado, así o emprego de puntuación ao estilo europeo ou o uso de grupos consonánticos que non se permitían no támil medio. A sintaxe do támil escrito tamén variou coa introdución de máis complexas estruturas e coa emerxencia dunha máis ríxida orde dos constituíntes que lembra a do inglés[35] Simultaneamente, unha vaga de purismo lingüístico emerxeu no século XX culminando no Tanittamil Iyakkam que chamaba á eliminación de todas as influencias do sánscrito e outros elementos foráneos na lingua[36], que levou á substitución dunha boa parte dos préstamos do sánscrito por equivalentes támiles, aínda que outros permaneceron[37].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.