Locutor deportivo From Wikipedia, the free encyclopedia
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de Internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español.[1] Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch[2] e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai. Foi considerado o mellor creador de contido do mundo no 2020 e 2021 polos Esports Awards e polos premios ESLAND. Foi portada de Forbes Magazine en outubro do 2021 como unha das persoas máis influentes de España.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1995 (29 anos) Bilbao, España |
Altura | 1,82 m |
Actividade | |
Ocupación | Creador de contido, streamer en Twitch |
Período de actividade | 2011-actualidade |
Premios | |
Pasou gran parte da súa infancia co seu avó Pedro Garatea[3], un asistente técnico sanitario que atendía hospitalizacións domiciliarias na zona de Deusto. Ibai acompañaba o seu avó nestas visitas.
O seu pai, Javier Llanos, é sanitario. Durante a crise financeira do 2008 a súa familia viuse moi afectada. Ó seu pai viu reducido o seu salario por un cambio de quenda e tivo problemas de débedas polo que lle chegaron a embargar parte do seu soldo. Tamén debido a crise, a súa nai quedou no paro indefinidamente.[4]
Dende cedo Ibai sentiu atracción polo deporte, especialmente ó fútbol. A súa paixón polo fútbol fixo que se achegara a narración deportiva da man de narradores como Andrés Montes, Paco González Galán ou Antoni Daimiel[5]. Tamén grazas ao fútbol establece amizade con Ander Cortés, compañeiro co cal empezaría a súa carreira profesional.
Ibai, Ander e máis amigos comezaron a subir vídeos a YouTube no 2011 de Call of Duty: Modern Warfare 2 na canle AIGM44[6] (Ander, Ibai, Gunillo, Martín). Nesa mesma canle empezaron a subir os seus primeiros "casteos" de League of Legends.
No ano 2014 Ander e Ibai mandaron a súa proba de narración para acceder a LVP.[7] A proba resultou satisfactoria así que ambos pasan a narrar para a LVP, principalmente LoL (League Of Legends). No ano 2014 empezou a súa andaina na Liga de Videoxogos Profesional, con 19 anos de idade. En agosto narrou o seu primeiro partido de League of Legends, entre wSystem e PainGaming, durante a Season 7 da División de Honra da LVP. Ibai e Ander copresentaron a Gamergy de 2014, o seu primeiro evento presencial. Non foi até o ano 2015, en xaneiro, cando empezou a castear a EU LCS.
Nun primeiro momento narran dende Bilbao a través de Skype. No 2016, Ibai trasladouse a Barcelona para narrar, concretamente a Superliga Orange,[8] dende os estudios de gravación de Mediapro, a propietaria de LVP. Debido a esta mudanza sofre de morriña e saudades da súa terra e da súa familia.[9] O aumento de notoriedade dentro dos deportes electrónicos fai que sufra unha maior presión dos medios o cal ten en consecuencia graves problemas de ansiedade e ataques de pánico que lle impedían saír á rúa e incluso chegar a perder o sentido dos brazos.[9] Consegue saír destes graves problemas con axuda de psicólogos.
Arredor do ano 2016 Ibai comeza a subir contido a Twitter nun ton humorístico o que fai que aumente enormemente o seu impacto social converténdose nun dos "casters" máis coñecidos fóra da escena dos deportes electrónicos. Ibai tamén aumenta o seu contido fóra do LoL facéndose moi coñecido por narrar bólas, tetris, carreiras e todo tipo de contido demostrando a súa grande facilidade para facer rir e entreter.[9]
En febreiro de 2019, comezou a presentar un late night na canle Ubeat[10] chamado Hoy no se sale, o cal copresentou con Bruno Feliu, tamén coñecido como Kapo 013, rapeiro, comentarista da Red Bull Batalla dos Galos e xuíz da Freestyle Master Series (FMS España).[11]
O 27 de outubro do 2019, trala vitoria de G2 Esports sobre DAMWON Gaming o propietario de G2 e xogador profesional retirado Carlos Rodriguez "ocelote" pregoulle a Ibai diante de todo o público do Pazo de Vistalegre que traballara creando contido para G2 Esports.[12] Ibai non rexeitou a proposta senón que suxeriu aceptala e debido a varios problemas con LVP (como a despedida de varios amigos seus[13]) oficializou a súa saída desta empresa o 24 de xaneiro de 2020 e, o 5 de febreiro do 2020 Ibai anuncia a súa fichaxe por G2 Esports como creador de contido a tempo completo nun proxecto común con varios amigos seus e extraballadores de LVP como Ander Cortés, Ernesto Folch "BarbeQ", e Antonio Pino "Reventxz".[14]
Pouco despois, rexeitou comentar a tempada de Premier League para centrarse plenamente no streaming en Twitch ao que, dende 2020, dedica completamente o seu tempo.
O grupo pasa a vivir e traballar nunha gran casa coñecida como G2 House ou a mansión de G2[15] onde farían directos e numerosas accións publicitarias baixo a marca de G2.
Ibai tivo un crecemento moi rápido en Twitch. Pouco despois de empezar a súa etapa como streamer comezou a pandemia do Covid-19. Tanto Ibai como outros creadores de contido como a propia plataforma multiplicaron audiencias por mor do confinamento. [16] Durante o confinamento Ibai participou en directos con xogadores de G2 como Perkz ou Jankos [17], tamén colaborou con outros creadores de contido como Auron, Rubius, Cristinini ou Willyrex. Ibai é coñecido por atraer á plataforma a personalidades doutros ámbitos como PapoMC, o Kun Agüero, Courtois ou David Broncano.
Na súa etapa como streamer levou a cabo varios actos multitudinarios como La Liga Santander Challenge, un evento benéfico en colaboración coa Liga Santander e o Banco Santander[18] desenvolvido durante o confinamento sufrido en España en marzo de 2020 a causa da COVID-19 logrando máis dun millón de espectadores e máis de 180 000 euros para causas benéficas. Tamén realizou o Ibaivisión[19], un concurso similar a Eurovisión en colaboración con Vizz Agency e Sony Music que enfrontaba a artistas das diferentes comunidades autónomas españolas.
Narrou baloncesto para Eurosport nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
En novembro de 2020, protagonizou a primeira curtametraxe gravada en directo,[20] mediante a plataforma Twitch, grazas á súa colaboración coa empresa multimedia Netflix España e PlayStation España, dirixida polo catalán Jaume Balagueró, amplamente coñecido polas súas versións de filmes de terror que simulan ser realizados en vivo, coma REC.[21]
Tras un exitoso ano con G2 o 13 de xaneiro do 2021 anuncia que deixa G2 Esports[22] para emprender un proxecto en solitario xuntos cos seus compañeiros de casa.[23]
Ibai comeza o seu proxecto en solitario coñecido popularmente como "IbaiLand" para o que é alugada unha gran casa coñecida como a Mansión de Ibai.[24] Deste proxecto forman parte numerosos creadores de contido como Ibai, Ander, BarbeQ, Reven e Werlyb; que viven na mansión, e Cristinini, Knekro e IlloJuan que non viven na mansión pero que colaboran co proxecto. Na mansión tamén vive Carmen Cardenete, a mánager e xefa de produción do proxecto.[25]
O 2 de decembro do 2021 anunciouse que deixaban de vivir na casa, que pasou a funcionar como gaming house do seu equipo de LoL.
O 15 de decembro do 2021 presentou no Palau Sant Jordi o seu equipo de deportes electrónicos, KOI da que é copropietario xunto con Kosmos, unha empresa do futbolista Gerard Piqué. Nete evento presentáronse o "roster" de LoL e máis os creadores de contido. Ademais xogouse un partido Bo3 (ó mellor de 3 mapas) contra o equipo francés Karmine Corp, que gañou KOI.
Entre as infuencias de Ibai no seu estilo de casteo encóntranse Andrés Montes, Manolo Lama ou Javier Sanabria entre outros.[5]
Segundo Antoni Daimiel, famoso comentarista de baloncesto, a aparición de Ibai responde a romper coa ortodoxia na que se encontraba a narración deportiva.[9]
O estilo de narración de Ibai aproveita a súa voz grave e potente xunto coa súa paixón polos deportes.
Ten un irmán máis novo, nado no 2004.[26]
Ten unha relación longa con Carmen Cardenete dende o 2015.[27] Carmen, coñecida en redes sociais como "Justeffe" e coñecida popularmente como G2 Jefa,[28] G3 Jefa[29] ou KOI Jefa[30] é a mánager de Ibai e dos seus proxectos.
Conta con máis de 9 millóns de seguidores en Twitch, a súa principal rede social na que acadou un máximo de máis de 70 000 subscricións en setembro do 2021 [31] sendo un dos máis grandes creadores do mundo xunto con outros españois como AuronPlay ou TheGrefg.
Data | Nome | Pico de audiencia | Referencia |
---|---|---|---|
2017-2021 | Ibainéfico | 261 328 | [32][33] |
28 de xuño do 2020 | IbaiVisión | 43 981 | [34][32] |
31 de decembro do 2020 | "Campanadas 2021" | 552 345 | [32][35] |
16 de febreiro do 2021 | Ibai Dates 1 | 268 260 | [32][36] |
15 de marzo do 2021 | IbaiLove | 137 125 | [32][37] |
26 de maio do 2021 | "La Velada del Año" | 1 544 829 | [32][38] |
14 de outubro do 2021 | Mundial de Globos | 622 367 | [32][39] |
23 de outubro do 2021 | "Juegos entre casas" | 239 366 | [32][40] |
15 de decembro do 2021 | Presentación KOI | 362 679 | [32][41] |
31 de decembro do 2021 | "Campanadas 2022" | 801 074 | [32][42] |
1 de febreiro do 2022 | DISASTER CHEFS #1 | 405 397 | [32] |
16 de febreiro de 2022 | DISASTER CHEFS #2 | 245 779 | [32] |
Data | Xogo | Recadación | Organización | Pico de audiencia | Referencia | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3 de xaneiro do 2017 | League of Legends | 36 000 € | Juegaterapia | 45 000 | [43][44] | |||
8 e 9 de decembro do 2018 | League of Legends | 80 000€ | Pediatric Cancer Center | 80 000 | [45][46] | |||
7 e 8 de decembro do 2019 | League of Legends | 100 000€ | Save the Children | 115 000 | [47] | |||
15, 16 e 17 de decembro do 2020 |
|
165 000€ | Unicef | 260 000 | [48][49] | |||
17, 18 e 19 de decembro do 2021 |
|
205 000€ | Médicos sin fronteras | 150 000 | [33][32] |
Ano | Videoxogo | Evento | Rol |
---|---|---|---|
2014-2016 | League of Legends | LVP División de Honra | Caster |
2015-2020 | League of Legends | EU LCS | Caster |
2015-2020 | League of Legends | Worlds | Caster |
2016-2017 | League of Legends | LVP Clasificatorio Challenger Series | Caster |
2016 | League of Legends | All-Star Barcelona | Caster e presentador |
2017-2020 | League of Legends | Superliga Orange | Caster |
2017-2021 | Variedade | Ibainéfico[53][54][55][56] | Organizador e caster |
2018 | Fortnite | YouTube Battle Royale[57] | Caster |
2019 | FIFA 20 | VOLTA Football[58] | Actor de voz |
2020 | League of Legends | España vs Portugal. Torneo Benéfico[59] | Caster e presentador |
2020 | FIFA 20 | La Liga Santander Challenge[60] | Organizador e caster |
2020 | FIFA 21 | VOLTA Football | Actor de voz |
2021 | League of Legends | España-Francia[61] | Organizador e caster |
2021 | League of Legends | España-Francia "La revancha"[62] | Organizador e caster |
Data | Evento | Canle/Programa |
---|---|---|
18 de marzo de 2018 | Liga Santander: Barcelona vs Athletic de Bilbao | Onda Vasca[63] |
8 de abril de 2018 | Liga Santander: Real Madrid vs Atlético de Madrid | El chiringuito[64] |
25 de novembro de 2018 | ACB: Barça Lassa vs Real Madrid | Liga Endesa[65][66] |
6 de xullo de 2019 | El Partidazo de YouTubers: DjMariio vs TheGrefg | YouTube[67] |
3 de outubro de 2019 | Adidas: La Batalla Definitiva | YouTube[68] |
Data | Nome | Canle |
---|---|---|
13 de decembro de 2018 | El lado más profundo de Ibai y Ander | Movistar+[69] |
27 de febreiro de 2020 | Mi historia | YouTube / Domino's Originals[70] |
Data | Nome | Difusor |
---|---|---|
24 de novembro de 2020 | Unboxing Ibai | Netflix[20] |
Data | Nome | Director | Medio | Referencias |
---|---|---|---|---|
24 de novembro de 2020 | UNBOXING IBAI | Jaume Balagueró | Netflix | [71] |
18 de marzo de 2022 | Camera Café: la película | Ernesto Sevilla | [72] |
Ano | Premio | Categoría | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|
2015 | Trasgo de Oro | Mellor locutor | Gañador | [73] |
2016 | Trasgo de Oro | Mellor locutor | Gañador | [74] |
2017 | Trasgo de Oro | Mellor locutor | Gañador | [75] |
2018 | Trasgo de Oro | Mellor locutor | Gañador | [76] |
2020 | Esports Awards | Streamer do ano | Gañador | [77][78] |
2021 | Esports Awards | Streamer do ano | Gañador | [79] |
2021 | The Game Awards | Creador de contido do ano | Nomeado | [80][81] |
2022 | ESLAND | Clip do ano | Nomeado | [82][83][84] |
2022 | ESLAND | Fail do ano | Gañador | [85] |
2022 | ESLAND | Baile do ano | Nomeado | [85] |
2022 | ESLAND | Canción do ano | Gañador | [85] |
2022 | ESLAND | Evento do ano | Gañador | [85] |
2022 | ESLAND | Mellor serie de contido | Nomeado | [85] |
2022 | ESLAND | Streamer do ano | Gañador | [85] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.