especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A herba dona, pé de galiña ou simplemente fumaria[1] (Fumaria officinalis), é unha planta herbácea anual da familia Papaveraceae, nativa de Europa, común en Galiza.
Herba dona | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F. officinalis: inflorescencia | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Fumaria officinalis' L., Sp.Pl., vol. 2 p. 700, 1753 , non Chaub., 1838 nec Hohen., 1833 nec Burm.f., 1768. | |||||||||||||||||||
Variedades e subespecies | |||||||||||||||||||
F. officinalis var. capensis |
O termo Fumaria deriva do latín fumus (fume) posibelmente e segundo dixo Plinio o Vello, por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella. Os antigos exorcistas, crían que ao queimar esta planta, o seu fume escorrentaría os maos espíritos; existe, ademais, a lenda de que a planta non agromaba das sementes, senón do fume que saía do interior da terra.
En galego recibe os nomes vulgares de: herba fumaria, herba dona, pé de galiña, pirixel de can e herba do fogo[2].
É unha herba glabra, de talo erecto e ben ramificado, bastante difusa que acada os 50 cm de altura. Presenta follas pinnaticompostas, alternas, cos últimos folíolos case lineares. A comezos da primavera forma inflorescencias en acios terminais dunha ducia de flores cigomorfas, de até 9 mm de lonxitude cada un. As flores teñen o cáliz formado por dous sépalos pequenos, de cor abrancazada, ovados, co bordo dentado, máis angostos cá corola; esta está composta por catro pétalos unidos no ápice mais ceibos, dos cales o superior se prolonga nun espolón. O androceo é diadelfo, ou sexa con 6 estames fusionados polos seus filamentos en dous grupos, que semellan cada un deles dividido en 3 anteras. O xineceo amosa dous carpelos, co ovario súpero. O froito é un pequeno aquenio globoso estriado/engurrado, máis ou menos truncado.
Orixinaria de Europa; Linné, na súa diagnose orixinal, indica: «Habitat in Europae agris, cultis». Cosmopolita; introducida en América do Norte.
Medra en leiras, terreos cultivados ou chairas de solo medianamente seco.
A infusión lixeira utilízase coma hepatorregulador, diurético e laxante, e topicamente, para as afeccións do coiro cabeludo. Cómpre evitar a sobredose, pois os alcaloides que contén resultan cardiotóxicos en doses elevadas.
Na súa composición química atópanse, entre outros :
Fumaria officinalis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 700. 1753.[4]
Número de cromosomas de Fumaria officinalis (Fam. Papaveraceae) e táxones infraespecíficos: 2n=28[5] 2n=c.32[6]
Fumaria: nome xenérico do latín fumus = "fume", posibelmente pola cor ou polo cheiro das raíces frescas.[7]
officinalis: epíteto latino que significa "usado coma planta medicinal".[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.