Remove ads
nomre utilizado normalmente para un taxon ou organismo From Wikipedia, the free encyclopedia
En ciencias, un nome común, vulgar ou trivial é calquera nome polo cal unha especie ou outro concepto é coñecido, e que non é o oficial nome científico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Un nome común, amplamente definido, das especies biolóxicas é calquera apelativo máis aló do científico. Este último, chamado tamén nome binomial é o nome formal e o mesmo en todo o mundo, independente do idioma en uso. Hai moitos nomes comúns reunidos de tantas linguas, en diferentes idiomas e en diferentes escrituras. Non existe unha normalización do nome común en correspondencia dalgunha maneira co nome científico.
Moitos dos nomes cotiáns de plantas, animais, fungos, como "rata", "caravel", "rosa", "avea", refírense a categorías amplas. Ás veces por adición a descriptores adxectivais, como "rata común", "caravel branco", "rosa chinesa", "avea bouba", provese información común para especies individuais.
Ás veces o nome común refírese a unha categoría ampla, útil pero nun contexto local suxerir ambigüidade: "sardiña", "cervo", "acacia", aplícanse a ducias de diferentes especies mundialmente, que son benvidas e adecuadas no seu dominio orixinal de uso, (pesca, caza, leña), e en localidades onde só aparece tal especie soa.
Para algúns grupos biolóxicos, como aves en EE. UU., as especies individualmente teñen nome común oficial. Tal nomenclatura elíxese por consenso de corpos gobernativos. Algo parecido ocorre en moitos outros países, cando se lexisla sobre cuestións de especies estratéxicas, como por ex. malezas de combate obrigatorio, onde acompaña ao nome científico, os nomes comúns máis adaptados á rexión cultural de aplicación da lei. Tales nomes non teñen sustento na nomenclatura científica. E son moi usados polos científicos nas súas comunicacións ao público leigo, necesitado dun vocabulario chairo, non intimidante polos nomes latinos, recalcando que é moito máis grave en pobos máis afastados da influencia da cultura da lingua morta latina.Calquera disquisición de canta distancia hai entre o nome científico do "común", debe necesariamente entenderse cos sistemas de escritura non latina, onde o estraño do significado en latín, se aúna coa escritura pouco habitual.
Os botánicos ás veces mantiveron nomes oficiais comúns para plantas, a pesar de que varían grandemente.
Hai intentos de estandarizar nomes comúns (insectos en Nova Zelandia; peixes de río en EE. UU.) con éxito controversial, pola resistencia a impor nomes artificiais e cada rexión cos seus propios nomes locais. O uso de apelativos en maorí para plantas en Nova Zelandia agregou estabilidade á nomenclatura.
En Australia, os nomes comúns das peces comerciais -en dicir peixe de mar foi estandarizado pola Australian Fish Names Standard a través da Seafood Services Australia (SSA) desde 2001. A SSA foi acreditada por en:Standards Australia, a organización australiana non gobernamental de estándares. Antes, o seu peixe vendíase baixo innumerables listas de nomes comúns. Outros nomes de peixes son controlados pola Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (Base de Datos de Nomes de Peixes de CSIRO).[1]
Aquí vale a reconvención de que non ocorre en chinés, xaponés, coreano, vietnamita, ruso, eslavo, grego, xa que aínda que os nomes comúns e os científicos teñen diferentes funcións, poden estar estreitamente relacionados. En xardinaría, nomes familiares como Begonia, Dahlia, Gladiolus, Rhododendron son case comúns, para referirse a plantas dun xénero (pero por exemplo Azalea refírese a un xénero que actualmente está no xénero Rhododendron).
En especial con plantas, os nomes comúns das rexións de influencia da Antiga Roma, cuxos apelativos foron empregados para bautizar os nomes científicos, son por suposto os mesmos que os científicos. Exemplos de nomes doutras linguas non romanizadas, con nomes comúns que interviñeron na creación do binomial formal. Así, os nomes comúns poden ser latinizados (e ás veces anglicizados). Por exemplo Hoheria provén do maorí de Nova Zelandia "Houhere". E sen alterar: o xénero Tsuga vén do xaponés "tsugá".
Algúns nomes comúns e os seus 'equivalentes' científicos refírense a spp. non relacionadas. Por exemplo xeranio é o nome común do xénero Geranium, mentres o nome común xeranio refírese a especies de xéneros de Suráfrica Pelargonium.
En química, os apelativos oficiais de substancias químicas seguen a "nomenclatura IUPAC", unha convención sobre os nomes sistemáticos. Engadido ao seu nome taxonómico, un composto químico pode levar un ou máis nomes comúns ou triviais (e a inmensa maioría das substancias químicas teñen o seu propio nome común). Algúns nomes comúns axudan ao lector a deducir algo da estrutura química do composto (por exemplo ácido acético, un nome común do ácido etanoico). Outros en cambio, non permiten deducir nada da estrutura, a menos que xa se coñeza. Exemplo: a morfina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.