Xeranio

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Xeranio

Os xeranios ou pelargonios son plantas pertencentes ao xénero Pelargonium L'Hér., da familia Geraniaceae (xeranáceas) que inclúe unhas 200 especies de plantas herbáceas, arbustos perennes e suculentas. Linnaeus orixinalmente incluíu todas as especies no xénero Geranium, mais posteriormente, en 1789, foi separado en dous xéneros por Charles L’Héritier.

Máis información Xeranios (xénero Pelargonium), Clasificación científica ...
Xeranios (xénero Pelargonium)

Xeranio de flor vermella
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Geraniales
Familia: Geraniaceae
Xénero: Pelargonium
L'Hér.
Especies

Véxase no texto.

Pechar

Especies seleccionadas

  • Pelargonium angustifolium L'Hér. ex Harv. & Sond.
  • Pelargonium graveolens L'Hér.
  • Pelargonium cotyledonis (L.) L'Hér.
  • Pelargonium citrosum Voigt ex Sprague
  • Pelargonium hortorum L.H.Bailey
  • Pelargonium nobile Dum.Cours.
  • Pelargonium odoratissimum Sol.
  • Pelargonium pedunculare Dehnh.
  • Pelargonium radens H.E.Moore
  • Pelargonium scabrum Hort. ex Hoffmanns.
  • Pelargonium sericeum E.Mey. ex Harv. & Sond.
  • Pelargonium × tussilaginifolium Tratt.
  • Pelargonium tripalmatum E.M.Marais
  • Pelargonium triste (L.) L'Hér.
  • Pelargonium wonchiense Vorster & M.G.Gilbert
  • Pelargonium xerophyton Schltr. ex R.Knuth
  • Pelargonium zeyherianum Dehnh.

Historia do cultivo

A primeira especie de Pelargonium da que se coñece o seu cultivo foi Pelargonium triste, nativa de Suráfrica. Probabelmente foi levada ao xardín botánico de Leiden antes de 1600 a bordo de barcos que atracaban no Cabo de Boa Esperanza. En 1631, o xardineiro inglés John Tradescant o vello comprou sementes a Rene Morin en París e introduciu a planta en Inglaterra. En 1738, Johannes Burman nomeou o xénero Pelargonium (do grego πελαργός, pelargós cegoña) por mor á súa semellanza da parte da flor con esta ave.

Usos

Ademais de se cultivar pola súa beleza, as especies de pelargonio, como P. graveolens empréganse na industria da perfumaría para destilar a súa esencia. Aínda que existen especies con recendos cítricos, mentolados ou afroitados as variedades con recendo a rosa son as máis comercializadas. As estilas e absolutos do pelagonio, comunmente coñecidos coma «aceite aromatizado de xeranio» utilízanse en ocasións coma suplemento ou adulterador dos custosos aceites de rosas.

O xeranio de xardín (P. x hortorum; syn P. zonale) é unha das plantas ornamentais máis comúns de cultivo en testo ou vaso, con máis de 200 variedades.

Galiza

O cultivo en Galiza remóntase varios séculos. Marcial Valladares Núñez, no seu Diccionario gallego-castellano fala do xeranio, recollendo o nome vulgar de flor da sardiña[1]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.