diplomático, político e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier Moldes Fontán, nado en Porráns (Barro) o 4 de maio de 1949, é un político, profesor e crítico literario galego. Tamén traballou en embaixadas con carácter diplomático. Foi un dos fundadores do Centro Democrático y Social e deputado na III lexislatura de España.
(2018) | |
Nome orixinal | (es) Francisco Javier Moldes Fontán |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de maio de 1949 (75 anos) Porráns, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | Centro Democrático y Social |
Familia | |
Fillos | Diego Moldes |
Pai | José Moldes Castro |
É fillo do empresario José Moldes Castro e de Nélida Fontán Rodríguez, tataraneta de Domingo Fontán.[1] En Barro sempre foi coñecido polo alcume de Chuco.[2] Licenciouse en Filosofía e Letras (especializado en Filoloxía Románica) na Universidade de Santiago de Compostela en 1972, na mesma promoción ca Darío Villanueva.
Como profexor exerceu de interino en Pontevedra, fixo as prácticas en Ourense, logo estivo catro cursos no Porriño, dous en Marín, despois de ser deputado volveu a Marín, e finalmente no IES Sánchez Catón, onde se xubilou en 2018.
Malia non ter militancia política anterior, en 1982 foi un dos fundadores do Centro Democrático y Social (CDS) xunto ao expresidente do Goberno Adolfo Suárez, sendo elixido primeiro Secretario Xeral en Galiza e Presidente Provincial en Pontevedra (1982-1989). Nas eleccións xerais de 1986 foi elixido deputado ao Congreso dos Deputados por Pontevedra, sendo nomeado portavoz de varias comisións parlamentarias, como Educación e Ciencia, Cultura e Defensor del Pueblo en representación do CDS. Participou activamente con propostas contra o narcotráfico en Galiza, a creación do Instituto Cervantes e a Oficina do Soldado. Amais, propuxo no Congreso a emisión en Televisión Española dun programa para a procura de persoas desaparecidas, que deu pé á creación de Quién sabe dónde, presentado por Paco Lobatón.
Tras non ser elixido nas eleccións xerais de 1989, abandonou o CDS e a política activa unha vez retirado Adolfo Suárez. Na década de 1990 ingresa no Partido Popular, en Pontevedra, e tras máis dunha década en postos de embaixada no estranxeiro, en 2003 é nomeado por Mariano Rajoy (daquela Portavoz do Goberno e Ministro da Presidencia), Subdirector General de Información do Ministerio da Presidencia (Secretaría de Estado de Información), exercendo como portavoz da Comisión do Prestige,[3] como adxunto ao Comisionado Rodolfo Martín Villa. (Cf. Así lo advirtió ayer el portavoz del comisionado del Prestige, Francisco Javier Moldes Fontán).
Entre 1990 e xullo de 2005 traballou en postos de diplomático nas embaixadas españolas no Brasil, Portugal, sendo embaixador Raúl Morodo, e Marrocos. Tamén colaborou como lector de español na Universidade Nova de Lisboa e na Facultade de Letras da Universidade de Rabat. En agosto de 2012 foi nomeado polo Ministro José Ignacio Wert, Conselleiro de Educación, Cultura e Deporte da Embaixada de España en Bos Aires, dependendo tamén as agregadourias do Uruguai, Chile e Paraguai.[4]
Como autor de crítica literaria destacan os seus traballos sobre Umberto Eco e Gonzalo Torrente Ballester. Dirixiu revistas culturais e literarias como Boca Bilingüe. Revista editada pola Embaixada de España en Portugal, en español e portugués. Dedicóuselle un número especial a Gonzalo Torrente Ballester con colaboracións de Darío Villanueva e José Saramago.
En 2017 recibiu a Encomenda da Orde do Mérito Civil polos servizos prestados ao Estado[5].
Francisco Moldes Fontán é o pai de Diego Moldes, é fillo de José Moldes Castro e neto de Ángel Moldes Barreiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.