escritor e crítico literario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego Moldes, nado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1977,[1] é un escritor galego en lingua castelá.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1977 (47 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Facultade de Comunicación de Pontevedra campus de Pontevedra IES Sánchez Cantón |
Actividade | |
Ocupación | crítico literario, guionista |
Familia | |
Pai | Francisco Moldes Fontán |
É autor de diversos libros, de narrativa e ensaio, fundamentalmente de cinema: La huella de Vértigo (2004)[2], ensaio sobre a influencia do filme de Alfred Hitchcock; Roman Polanski. La fantasía del atormentado (2005)[3]; primeiro libro sobre o cineasta Roman Polanski escrito en castelán; ou El cine europeo. Las grandes películas (2008), entre outros. Tamén é coautor de máis dunha ducia de libros colectivos. En 2009 publicou dous libros de baloncesto do Real Madrid.
Foi guionista en galego, redactor e presentador da Televisión de Galicia.
Escribiu o guión en galego Néboa (premiado pola Xunta de Galicia, os dereitos foron vendidos ó cineasta vigués Juan Pinzás), ademais de diversos relatos e artigos. Foi colaborador do programa Pantalla Panorámica, de Radio Círculo do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2004-2005) do programa televisivo Tiempo de Tertulia, diversas publicacións en prensa tradicional e dixital, así como Filmoteca Española e Casa Sefarad-Israel, entre outras institucións.
Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. É Doutor en Ciencias da Información (Comunicación Audiovisual) pola Universidade Complutense, Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas (Universidade de Vigo) e Master on Publishing (mestrado en Edición) pola Oxford Brookes University. En 2010, dirixido por José Luis Sánchez Noriega, finalizou un doutoramento en Historia do Cine: La imaginación simbólica en la obra cinematográfica de Alejandro Jodorowsky, tese doutoral sobresaínte cum laude por unanimidade, nun tribunal presidido por Darío Villanueva.
Dende 2004 vive en Madrid, onde traballa como executivo de mercadotecnia[4], en áreas de cultura e cine. En 2019 era Director de Relacións Institucionais da Universidade Antonio de Nebrija e Fundación Nebrija.[5] En 2023 Director institucional da Escola Universitaria TAI en Madrid.[6]
Os seus últimos libros publicados son un monográfico sobre o cinema de Alejandro Jodorowsky, a novela Ensoñación,o libro de narrativa, poesía e ensaio Venuspasión e o poemario Ni un día sin poesía.[7] De 2019 é Cuando Einstein encontró a Kafka. Contribuciones de los judíos al mundo moderno, froito da lectura, durante 20 anos, de máis de 300 libros e máis de 2.000 artigos e documentos, e do visionado de 200 películas e documentais de ficción.[8]
Diego Moldes é fillo de Francisco Moldes Fontán, neto de José Moldes Castro e bisneto de Ángel Moldes Barreiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.