artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xapón presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende a primeira edición do premio. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, trece filmes xaponeses foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e dous deles gañaron o premio, Okuribito[5][6] e [[Doraibu mai kā]. Os únicos directores xaponeses en ter múltiples filmes nomeados son Akira Kurosawa e Noboru Nakamura. Kurosawa recibiu o Óscar Honorífico antes da creación formal do premio polo seu filme Rashomon, ademais do Óscar por Dersu Uzala (presentado pola antiga Unión Soviética), e presentou catro filmes máis, dous dos cales foron nomeados.[7][8] Por outra banda, o filme de Kurosawa Ran non foi proposto deliberadamente pola industria cinematográfica xaponesa por mor da pobre acollida que tivo entre os cineastas xaponeses da época.[9] Nakamura contou con dous filmes, Koto e Chieko-sho, que foron nomeados para o premio.[10] Entre tódolos países que presentaron filmes para o premio, o Xapón clasifícase no quinto posto en termos de nomeados, por detrás de Suecia (catorce nomeados) e por diante da antiga Unión Soviética (nove nomeados).[11]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[12] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Xapón para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Tódalas propostas foron rodadas en lingua xaponesa.
Ano (Cerimonia) | Título | Título en xaponés | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1951 (24ª) |
Rashomon | Rashōmon (羅生門?) | Akira Kurosawa | Óscar Honorífico |
1954 (27ª) |
Jigokumon | Jigokumon (地獄門?) | Teinosuke Kinugasa | Óscar Honorífico |
1955 (28ª) |
Miyamoto Musashi | Miyamoto Musashi (宮本武蔵?) | Hiroshi Inagaki | Óscar Honorífico |
1956 (29ª) |
Biruma no Tategoto | ' (ビルマの竪琴?) | Kon Ichikawa | Nomeado |
1957 (30ª) |
Arakure | Arakure (あらくれ?) | Mikio Naruse | Non nomeado |
1958 (31ª) |
Narayama-bushi Ko | Narayama-bushi Ko (楢山節考?) | Keisuke Kinoshita | Non nomeado |
1959 (32ª) |
Nobi | Nobi (野火?) | Kon Ichikawa | Non nomeado |
1960 (33ª) |
Akibiyori | Akibiyori (秋日和?) | Yasujirō Ozu | Non nomeado |
1961 (34ª) |
Eien no Hito | Eien no Hito (永遠の人?) | Keisuke Kinoshita | Nomeado |
1962 (35ª) |
Watashi wa ni sai | Watashi wa ni sai (私は二歳?) | Kon Ichikawa | Non nomeado |
1963 (36ª) |
Koto | Koto (古都?) | Noboru Nakamura | Nomeado |
1964 (37ª) |
Suna no Onna | Suna no Onna (砂の女?) | Hiroshi Teshigahara | Nomeado |
1965 (38ª) |
Kwaidan | Kaidan (怪談?) | Masaki Kobayashi | Nomeado |
1966 (39ª) |
Umi no Koto | Umi no Koto (湖の琴?) | Tomotaka Tasaka | Non nomeado |
1967 (40ª) |
Chieko-sho | Chieko-sho (智恵子抄?) | Noboru Nakamura | Nomeado |
1968 (41ª) |
Kurobe no Taiyō | Kurobe no Taiyō (黒部の太陽?) | Kei Kumai | Non nomeado |
1969 (42ª) |
Kamigami no fukaki yokubō | Kamigami no fukaki yokubō (神々の深き欲望?) | Shōhei Imamura | Non nomeado |
1970 (43ª) |
Buraikan | Buraikan (無頼漢?) | Masahiro Shinoda | Non nomeado |
1971 (44ª) |
Dodes'ka-den | Dodes'ka-den (どですかでん?) | Akira Kurosawa | Nomeado |
1972 (45ª) |
Gunki hatameku moto ni | Gunki hatameku moto ni (軍旗はためく下に,?) | Kinji Fukasaku | Non nomeado |
1973 (46ª) |
Kaigenrei | Kaigenrei (戒厳令?) | Yoshishige Yoshida | Non nomeado |
1974 (47ª) |
Kaseki | Kaseki (化石?) | Masaki Kobayashi | Non nomeado |
1975 (48ª) |
Sandakan Hachibanshokan Bohkyo | Sandakan Hachibanshokan Bohkyo (サンダカン八番娼館 望郷?) | Kei Kumai | Nomeado |
1977 (50ª) |
Hakkōda-san | Hakkōda-san (八甲田山?) | Shiro Moritani | Non nomeado |
1978 (51ª) |
Ai no Bōrei | Ai no Bōrei (愛の亡霊?) | Nagisa Oshima | Non nomeado |
1979 (52ª) |
Gassan | Gassan (月山?) | Tetsutaro Murano | Non nomeado |
1980 (53ª) |
Kagemusha | Kagemusha (影武者?) | Akira Kurosawa | Nomeado |
1981 (54ª) |
Doro no Kawa | Doro no Kawa (泥の河?) | Kōhei Oguri | Nomeado |
1982 (55ª) |
Kiryūin hanako no shōgai | Kiryūin hanako no shōgai (鬼龍院花子の生涯?) | Hideo Gosha | Non nomeado |
1983 (56ª) |
Nankyoku Monogatari | Nankyoku Monogatari (南極物語?) | Koreyoshi Kurahara | Non nomeado |
1984 (57ª) |
Setouchi Shōnen Yakyū-dan | Setouchi Shōnen Yakyū-dan (瀬戸内少年野球団?) | Masahiro Shinoda | Non nomeado |
1985 (58ª) |
Hanaichimonme | Hanaichimonme (花いちもんめ?) | Shunya Ito | Non nomeado |
1986 (59ª) |
Kinema no Tenchi | Kinema no Tenchi (キネマの天地?) | Yoji Yamada | Non nomeado |
1987 (60ª) |
Zegen | Zegen (女衒?) | Shōhei Imamura | Non nomeado |
1988 (61ª) |
Dauntaun Hiirōzu | Dauntaun Hiirōzu (ダウンタウン・ヒーローズ?) | Yoji Yamada | Non nomeado |
1989 (62ª) |
Rikyu | Rikyu (利休?) | Hiroshi Teshigahara | Non nomeado |
1990 (63ª) |
Shi no Toge | Shi no Toge (死の棘?) | Kōhei Oguri | Non nomeado |
1991 (64ª) |
Hachigatsu no Kyōshikyoku | Hachigatsu no Kyōshikyoku (八月の狂詩曲?) | Akira Kurosawa | Non nomeado |
1992 (65ª) |
Onna goroshi abura jigoku | Onna goroshi abura jigoku (女殺油地獄?) | Hideo Gosha | Non nomeado |
1993 (66ª) |
Mādadayo | Mādadayo (まあだだよ?) | Akira Kurosawa | Non nomeado |
1994 (67ª) |
Pom Poko | Heisei Tanuki Gassen Ponpoko (平成狸合戦ぽんぽこ?) | Isao Takahata | Non nomeado |
1995 (68ª) |
Fukai Kawa | Fukai Kawa (深い河?) | Kei Kumai | Non nomeado |
1996 (69ª) |
Gakko II | Gakkō II (学校II?) | Yoji Yamada | Non nomeado |
1997 (70ª) |
Mononoke Hime | Mononoke Hime (もののけ姫?) | Hayao Miyazaki | Non nomeado |
1998 (71ª) |
Ai o Kōhito | Ai o Kōhito (愛を乞う人?) | Hideyuki Hirayama | Non nomeado |
1999 (72ª) |
Tetsudōin | Tetsudōin (鉄道員?) | Yasuo Furuhata | Non nomeado |
2000 (73ª) |
Ame Agaru | Ame Agaru (雨あがる?) | Takashi Koizumi | Non nomeado |
2001 (74ª) |
Go | GO | Isao Yukisada | Non nomeado |
2002 (75ª) |
Out | OUT | Hideyuki Hirayama | Non nomeado |
2003 (76ª) |
Tasogare Seibei | Tasogare Seibei (たそがれ清兵衛?) | Yoji Yamada | Nomeado |
2004 (77ª) |
Dare mo Shiranai | Dare mo Shiranai (誰も知らない?) | Hirokazu Koreeda | Non nomeado |
2005 (78ª) |
Chi to Hone | Chi to Hone (血と骨?) | Yoichi Sai | Non nomeado |
2006 (79ª) |
Hura Gāru | Hura Gāru (フラガール?) | Sang-il Lee | Non nomeado |
2007 (80ª) |
Soredemo boku wa yatte nai | Soredemo boku wa yatte nai (それでもボクはやってない?) | Masayuki Suo | Non nomeado |
2008 (81ª) |
Okuribito[13] | Okuribito (おくりびと?) | Yōjirō Takita | Premio da Academia |
2009 (82ª) |
Dare mo Mamotte Kurenai | Dare mo Mamotte Kurenai (誰も守ってくれない?) | Ryoichi Kimizuka | Non nomeado |
2010 (83ª) |
Kokuhaku[14] | Kokuhaku (告白?) | Tetsuya Nakashima | Lista curta de xaneiro[15] |
2011 (84ª) |
Ichimai no hagaki[16] | Ichimai no hagaki (一枚のハガキ?) | Kaneto Shindō | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Kazoku no kuni[17] | Kazoku no kuni (かぞくのくに?) | Yong-hi Yang | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Fune o Amu[18] | Fune o Amu (舟を編む?) | Yuya Ishii | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Soko nomi nite hikari kagayaku[19] | Soko nomi nite hikari kagayaku (そこのみにて光輝く?) | Mipo O | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Hyakuen no koi[20] | Hyakuen no koi (百円の恋?) | Masaharu Take | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Haha to Kuraseba[21] | Haha to Kuraseba (母と暮せば?) | Yoji Yamada | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Yu o Wakasu Hodo no Atsui Ai[22] | Yu o Wakasu Hodo no Atsui Ai (湯を沸かすほどの熱い愛?) | Ryōta Nakano | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Manbiki Kazoku[23] | Manbiki Kazoku (万引き家族?) | Hirokazu Kore-eda | Nomeado[24] |
2019 (92ª) |
O tempo contigo[25] | Tenki no Ko (天気の子?) | Makoto Shinkai | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Asa ga Kuru[26] | Asa ga Kuru (朝が来る?) | Naomi Kawase | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Doraibu mai kā[27] | Doraibu mai kā (ドライブ・マイ・カー?) | Ryusuke Hamaguchi | Premio da Academia |
2022 (95ª) |
Plan 75[28] | Plan 75 | Chie Hayakawa | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Perfect Days[29] | Perfect Days | Wim Wenders | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.