filme de 2021 dirixido por Ryusuke Hamaguchi From Wikipedia, the free encyclopedia
Doraibu mai kā (ドライブ・マイ・カー?) é un filme xaponés de 2021 coescrito e dirixido por Ryusuke Hamaguchi. Baséase nunha historia curta escrita por Haruki Murakami, extraída da súa colección de 2014 Onna no inai otokotachi.[3] O filme conta a historia de Yūsuke Kafuku (intepretado por Hidetoshi Nishijima) que dirixe unha produción da obra Dyádya Ványa e loita coa morte da súa muller Oto.
Doraibu mai kā | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ドライブ・マイ・カー |
Director | Ryusuke Hamaguchi |
Produtor | Tsuyoshi Gorô Misaki Kawamura Osamu Kubota Sachio Matsushita Yoshito Nakabe Keiji Okumura Jin Suzuki Akihisa Yamamoto |
Guión |
|
Baseado en | "Drive My Car" de Haruki Murakami |
Intérpretes | Hidetoshi Nishijima |
Música | Eiko Ishibashi |
Fotografía | Hidetoshi Shinomiya |
Montaxe | Azusa Yamazaki |
Estudio |
|
Distribuidora | Bitters End |
Estrea | Cannes: 11 de xullo de 2021 |
Duración | 179 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Recadación | 2,5 millóns de dólares[1][2] |
Na rede | |
https://dmc.bitters.co.jp/ | |
|
Considerado un dos mellores filmes de 2021,[4][5][6] foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021, onde gañou tres premios, incluíndo mellor guión. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado nun total de catro categorías, incluíndo o Óscar ó mellor filme, o Óscar ó mellor director para Hamaguchi, o Óscar ó mellor filme internacional e o Óscar ó mellor guión adaptado para Hamaguchi e Takamasa Oe.[7]
O actor e director de teatro Yūsuke Kafuku está casado con Oto, unha guionista. Oto concibe as súas historias durante as súas relacións sexuais e nárraas a Yūsuke. Despois de ver o seu esposo nunha representación de Á espera de Godot, Oto presenta a Yūsuke o seu colaborador habitual, o actor novo Kōji Takatsuki. Un día que Yūsuke regresa á casa antes do previsto descobre a súa esposa tendo relacións sexuais con alguén, posiblemente o mozo. Marcha en silencio sen ser visto e non llo conta.
Outro día, ao saír Yūsuke cara ao traballo, Oto dille que esa noite quere falar con el, mais cando Yūsuke regresa atopa a Oto morta por unha hemorraxia cerebral. Despois do funeral, Yūsuke sofre unha crise nerviosa durante unha interpretación de Dyadya Vanya e non é quen de continuar. Dous anos despois, Yūsuke acepta unha residencia en Hiroshima onde dirixirá unha adaptación desa obra de Chekhov. Yūsuke escolle a Kōji Takatsuki como protagonista a pesar da súa curta idade, do seu comportamento errático e de que a súa carreira se vise afectada por unha conduta inapropiada. A compañía require que Yūsuke non conduza senón que o leven no seu propio automóbil, un Saab 900 vermello. Aínda que de primeiras se opón, acepta cando a súa nova e reservada chofer, Misaki Watari, desmostra ser unha hábil condutora.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.