From Wikipedia, the free encyclopedia
Kinji Fukasaku (深作欣二 Fukasaku Kinji?), nado en Mito (prefectura de Ibaraki) o 3 de xullo de 1930 e finado en Toquio[1] o 12 de xaneiro de 2003,[2] foi un actor, guionista e director de cinema xaponés[3] asociado coa nova vaga xaponesa.[4] Foi coñecido por dirixir un dos segmentos xaponeses do filme Tora! Tora! Tora! (1970),[5] filmes sobre a yakuza como Jingi Naki Tatakai (1973)[6] ou sobre samurais como Yagyū Ichizoku no Inbō[7] (1978) e, especialmente, polo filme Battle Royale (2000).[8]
Ao longo da súa traxectoria recibiu 24 premios, incluídos os Kinema Junpō en varias ocasións, e os da Academia de Cinema xaponesa que lle outorgou un premio honorífico pola súa carreira.[9] En 1997 obtivo a Shiju hosho, medalla de honra de cinta púrpura do Xapón, polas súas contribucións cinematográficas.[10][11]
Kinji Fukasaku naceu na prefetura de Ibaraki en 1930, o máis novo de cinco irmáns.[12] En 1945 cando tiña 15 anos, durante a segunda guerra mundial, Fukasaku foi obrigado a traballar na fabricación de munición xunto co resto dos seus compañeiros de clase ata que un día foron tiroteados pola artillaría durante un bombardeo estadounidense. Como non podían escapar da liña de fogo, os mozos ocultáronse baixo os cadáveres dos seus compañeiros mortos para sobrevivir. Nese momento, Fukasaku entendeu que o goberno xaponés estaba a enganar a poboación sobre a realidade da guerra e iso levouno a ter unha visión amarga da realidade que o marcou no futuro.[13]
Trala guerra, pasou moito do seu tempo vendo filmes estranxeiros.[14][15] O resto da súa formación completouna graduándose pola Facultade de Educación da Universidade de Ibaraki e pola Facultade de Artes da Universidade Nihon.
Vinculado durante case toda a súa carreira profesional aos estudios Toei, aos que accedeu en xuño de 1954, onde traballou con personaxes como Masahiro Makino e Yasushi Sasaki.[12]. Alí desenvolveu labores como asistente de dirección e debutando como director en 1961 cos filmes de acción Fûraibô tantei: Akai tani non sangeki[16] e Fûraibô tantei: Misaki ou wataru kuroi kaze.[17] Durante eses primeiros anos de traxectoria dirixiu numerosos filmes de acción e de cinema negro que paulatinamente lle proporcionaron certa popularidade.
O primeiro filme de relevancia internacional en que participou foi a codirección, xunto con Toshio Masuda e Richard Fleischer, do filme bélico Tora! Tora! Tora! (1970).[18] O proxecto inicialmente estaba escrito e dirixido por Akira Kurosawa pero, tras tres semanas de rodaxe, a produtora decidiu prescindir de Kurosawa. Fukasaku e Masuda completaron a rodaxe do segmento xaponés do filme que obtivo unha ampla repercusión e positivas valoracións entre a crítica.[19] Co salario que recibiu por este proxecto, comprou os dereitos para adaptar Gunki hatameku moto ni. O filme recibiu boas críticas e foi seleccionado polo Xapón como candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa para a 45ª edición dos Óscar en 1972, aínda que non acadou a candidatura.
Non obstante, un dos de xénero yakuza titulado Jingi Naki Tatakai,[20] co que iniciou unha serie de filmes coñecido como The Yakuza Papers integrada por un total de cinco obras. O filme revolucionou este xénero tan característico do cinema xaponés porque, ata ese momento, os filmes de yakuza procuraran dar unha imaxe nobre e honorable do crime organizado no Xapón. En cambio, Jingi Naki Tatakai trátase dun filme ultraviolento, rodado nun estilo moi próximo ao do documental, ambientado nos tristes, caóticos e cruentos anos da Hiroshima de posguerra.[21]
Trala serie The Yakuza Papers Fukasaku destacou pola realización de varios filmes de estilo futurista, como Virus (1980).[22] Con todo, a súa obra máis famosa foi Battle Royale, un filme ultraviolento ambientado nun Xapón anguriado polo paro e a violencia nos centros de ensino, en que o goberno decide crear un xogo polo que uns adolescentes elixidos ao chou son enviados á forza a unha illa para que loiten entre eles ata a morte.[23] O vencedor do xogo será o mozo que logre quedar como único supervivente. Battle Royale tivo un grande éxito de público, o que levou a Fukasaku a iniciar unha secuela Battle Royale II: Requiem (2003).[24] Converteuse nun fenómeno cultural, creando o xénero battle royal, narración ficticia ou forma de entretemento en que un grupo de persoas son instruídas para matarse entre elas ata que hai un sobrevivente triunfador.[25]
En setembro de 2002, Fukasaku anunciou que tiña ancro de próstata.[11] A finais de decembro de 2002, pouco despois de comezar a rodaxe de Battle Royale II: Requiem", foi hospitalizado ao empeorar o seu estado. Faleceu nun hospital de Toquio o 12 de xaneiro de 2003, aos 72 anos.[11] Tras dirixir só unha escena do filme, o seu fillo Kenta completou a rodaxe.
A obra de Fukasaku foi considerada unha influencia para realizadores como Quentin Tarantino, Takeshi Kitano, John Woo, Takashi Miike ou Kiyoshi Kurosawa. Cun estilo técnica e formalmente duro Fukasaku mostra nos seus filmes unha visión nihilista e desencantada con personaxes marcadas pola marxinación social, a pobreza e a violencia.[21]
Ano | Título | Xaponés |
---|---|---|
1961 | Fūraibō tantei: akai tani no sangeki | 風来坊探偵 赤い谷の惨劇 |
Fūraibō tantei: Misaki wo wataru kuroi kaze | 風来坊探偵 岬を渡る黒い風 | |
Fankii hatto no kaidanji | ファンキーハットの快男児 | |
Fankii hatto no kaidanji: Nisenman-en no ude | ファンキーハットの快男児 2千万円の腕 | |
Hakuchu no buraikan | 白昼の無頼漢 | |
1962 | Hokori takaki chosen | 誇り高き挑戦 |
Gyangu tai Jii-men | ギャング対Gメン | |
1963 | Gyangu domei | ギャング同盟 |
1964 | Jakoman to Tetsu | ジャコ万と鉄 |
Okami to buta to ningen | 狼と豚と人間 | |
1966 | Odoshi | 脅迫 |
Kamikaze yarō: Mahiru no kettō | カミカゼ野郎 真昼の決斗 | |
Hokkai no Abare Ryū | 北海の暴れ竜 | |
1967 | Kaisanshiki | 解散式 |
1968 | Bakuto kaisanshiki | 博徒解散式 |
Kurotokage | 黒蜥蝪 | |
Kyokatsu koso waga jinsei | 恐喝こそわが人生 | |
Gamma daisan go: Uchu dai sakusen | ガンマ3号 宇宙大作戦 | |
1969 | Kurobara no yakata | 黒薔薇の舘 |
Nihon boryoku-dan: Kumicho | 日本暴力団 組長 | |
1970 | Chizome no daimon | 血染の代紋 |
Kimi ga Wakamono nara | 君が若者なら | |
Tora! Tora! Tora! | トラ・トラ・トラ! | |
1971 | Bakuto gaijin butai | 博徒外人部隊 |
1972 | Gunki hatameku moto ni | 軍旗はためく下に |
Gendai yakuza: Hitokiri yota | 現代やくざ 人斬り与太 | |
Hitokiri yota: Kyoken san kyodai | 人斬り与太・狂犬三兄弟 | |
1973 | Jinginaki tatakai (Volume 1) | 仁義なき戦い |
Jinginaki tatakai: Hiroshima shitō hen (Volume 2) | 仁義なき戦い 広島死闘篇 | |
Jinginaki tatakai: Dairi senso (Volume 3) | 仁義なき戦い 代理戦争 | |
1974 | Jinginaki tatakai: Chojo sakusen (Volume 4) | 仁義なき戦い 頂上作戦 |
Jinginaki tatakai: Kanketsu hen (Volume 5) | 仁義なき戦い 完結篇 | |
Shin jinginaki tatakai | 新仁義なき戦い | |
1975 | Jingi no hakaba | 仁義の墓場 |
Kenkei tai soshiki boryoku | 県警対組織暴力 | |
Shikingen godatsu | 資金源強奪 | |
Shin Jinginaki tatakai: Kumicho no kubi | 新仁義なき戦い 組長の首 | |
1976 | Boso panikku: Dai gekitotsu | 暴走パニック 大激突 |
Shin Jinginaki tatakai: Kumicho saigo no hi | 新仁義なき戦い 組長最後の日 | |
Yakuza no hakaba: Kuchinashi no hana | やくざの墓場 くちなしの花 | |
1977 | Hokuriku dairi senso | 北陸代理戦争 |
Dōberman deka | ドーベルマン刑事 | |
1978 | Yagyū ichizoku no inbō | 柳生一族の陰謀 |
Os invasores do espacio | 宇宙からのメッセージ | |
Akōjō danzetsu | 赤穂城断絶 | |
1980 | Fukkatsu no hi | 復活の日 |
1981 | Seishun no mon | 青春の門 |
Makai Tenshō | 魔界転生 | |
1982 | Dotonborigawa | 道頓堀川 |
Kamata koshin kyoku | 蒲田行進曲 | |
1983 | Jinsei gekijo (dirixiu un dos tres episodios) | 人生劇場 |
Satomi hakkenden | 里見八犬伝 | |
1984 | Shanghai bansu kingu | 上海バンスキング |
1986 | Kataku no hito | 火宅の人 |
1987 | Hissatsu shi: Urami harashimasu | 必殺IV 恨みはらします |
1988 | Hana no ran | 華の乱 |
1992 | Itsuka giragira suru hi | いつかギラギラする日 |
1994 | Chushingura Gaiden: Yotsuya kaidan | 忠臣蔵外伝 四谷怪談 |
1995 | Abe ichizoku | 阿部一族 |
1998 | Omocha | おもちゃ |
2000 | Batoru Rowaiaru (Battle Royale) | バトル・ロワイアル |
2003 | Batoru Rowaiaru: "Rekuiemu (Battle Royale II: Requiem, dirixiu unha escena) | バトル・ロワイヤル II: レクイエム 【鎮魂歌】 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.