profesor e estudoso galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Felipe Ramón Cordero Carrete, nado en Redondela en 1895 e finado en Santiago de Compostela en 1988, foi un profesor e estudoso galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Redondela, España |
Morte | 1988 (92/93 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Empregador | Seminario de Estudos Galegos Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento |
Membro de | |
Bisneto de Ramón Carrete-de Losada Pardo, foi fillo de Felipe Cordero Escalona e Elisa Carrete Rebolledo, e irmán de Geranfel, Maruja e Margot Cordero Carrete.
Criouse en Porto Rico, onde estudou odontoloxía. Retornou a Galicia como herdeiro do seu tío. Na II República foi profesor auxiliar de clases prácticas de inglés e director da Residencia de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado da docencia universitaria. Traballou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que foi secretario, e publicou artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi promotor e xerente da Editorial de los Bibliófilos Gallegos.
Casou con Maruja Mucientes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.