Xesús Carro
sacerdote e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884[1] e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Remove ads
Traxectoria

Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.[2]
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[3] e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.
Remove ads
Obras
- Las catedrales gallegas, 1950.
- Estudios jacobeos, 1954.
- A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads