sacerdote e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884[1] e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1884 Santiago de Compostela |
Morte | 8 de decembro de 1973 (88 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1973) Real Academia Galega (membro correspondente) (1925–1941) |
Familia | |
Irmáns | Santiago Carro García |
Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.[2]
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[3] e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.