Bibiano Fernández Osorio-Tafall

científico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Bibiano Fernández Osorio-Tafall

Bibiano José Manuel Ramón Fernández Osorio, coñecido como Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego, funcionario da Organización das Nacións Unidas.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Thumb
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1902
Salcedo, España
Morte13 de agosto de 1990 (87 anos)
Cidade de México
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Alcalde de Pontevedra
1936 – 1936
 Tomás Abeigón PazosManuel García Filgueira 
Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Alcalde de Pontevedra
1931 – 1934
 Manuel Casqueiro PazRamón Segura de la Garmilla 
Presidente da Deputación de Pontevedra
1931 – 1931
 Amancio CaamañoAmancio Caamaño 
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónpolítico, catedrático, científico
EmpregadorInstituto Politécnico Nacional
Partido políticoIzquierda Republicana
Familia
CónxuxeJosefina Arruti Viaño (1929–)
FillosJosé Ángel Fernández Arruti
Premios

Pechar

Traxectoria

Ata a guerra civil

Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934[2][3].

Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana. Logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira á súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.

Thumb
Membros do SEG en 1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Osorio-Tafall. Sentados: Parga, Moralejo, Carro, Cabeza de León, Arias, Limeses e Novás.

En abril de 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.[4]

No exilio

Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exiliouse primeiro a Francia, onde foi secretario xeral do SERE (posto do que dimitiu en outubro de 1939), e en 1940 marchou a Santo Domingo acompañado de Ione Robinson, para finalmente recalar México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. En 1948 incorporouse á ONU; no 55 foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.

Durante a Transición española, o presidente do Goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.[5]

No últimos anos volveu a Galicia tres veces en breves visitas.[6]

Vida persoal

Estivo casado con Josefina Arruti,[7] coa que tivo 3 fillos. Despois da Guerra no exilio tivo outro fillo coa mexicana Luz.

Legado

En 2023 Xosé Monteagudo publicou a novela Vémonos mañá, na que novela a vida de Bibiano e Josefina.[8]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.