Remove ads
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.
Salcedo | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Salcedo. | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′41″N 8°38′51″O |
Poboación | 2.041 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino[2].
Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.
En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra[3].
Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.
O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.
As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.