naturalista e arqueólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra en 1888 e finado en Valladolid o 6 de xuño de 1946, foi un naturalista e arqueólogo galego. Foi irmán do pintor Carlos Sobrino Buhigas e pai do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Pontevedra, España |
Morte | 6 de xuño de 1946 (57/58 anos) Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza |
Pai | Luís Sobrino Rivas |
Irmáns | Carlos Sobrino Buhigas |
Parentes | Fernando Campo Sobrino, curmán entregue Enrique Campo, curmán entregue Carlos Sobrino Rivas, tío |
Fillo do médico Luís Sobrino Rivas. Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, doutorándose en 1911. Entre ese ano e 1913 foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola de Artes e Oficios. Foi catedrático de Historia Natural en Lleida, Palma e Pontevedra, onde dirixiu o instituto até 1921. Despois estudou Odontoloxía en Madrid. En 1931 regresou a Santiago de Compostela, onde exerceu como odontólogo e como profesor de instituto e da Universidade. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos e xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra. Representou a Real Sociedade Española de Historia Natural no VII Congreso Internacional de Pesca.
Morreu en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.