Remove ads
historiador e publicista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfonso Vázquez Martínez, nado en Arbo o 10 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1976, foi un historiador e publicista galego, que colaborou amplamente no Seminario de Estudos Galegos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1906 Arbo, España |
Morte | 11 de novembro de 1976 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Membro de | |
Familia | |
Pai | José Vázquez Estévez |
Fillo de José Vázquez Estévez. Foi profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela, e catedrático no Instituto Escola de Vilalba (1934-1936, sendo o seu primeiro director), e no Instituto de Ourense. Durante a súa carreira profesional compatibilizou a docencia coa investigación, centrándose sobre todo na Comarca do Medio e Baixo Miño. Colaborou coa revista Nós e noutras revistas especializadas, e publicou o ensaio La lamprea del río Miño (1962). Participou tamén no emisión galega na BBC levada a cabo durante o franquismo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Vázquez Martínez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.