Etymologiae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Etimoloxías (Etymologiae ou Originum sive etymologiarum libri viginti)[1] é a obra máis coñecida de Isidoro de Sevilla. Toma o seu nome do procedemento didáctico que emprega: explicar a etimoloxía de cada palabra relacionada co tema, moitas veces de forma un tanto forzada e pintoresca. O título tamén pode proceder da temática dalgún dos vinte libros que compoñen a obra (concretamente o décimo). Foi escrito por Isidoro pouco antes da súa morte, en plena madurez (627-630), a petición de Braulio, bispo de Zaragoza.

Trátase dunha inmensa recompilación na que se almacena, sistematiza e condensa todo o coñecemento da súa época. Durante boa parte da Idade Media foi o texto máis utilizado nas institucións educativas. Tamén foi moi lido durante o Renacemento (entre 1470 e 1530 imprimíronse polo menos dez edicións). Grazas a este traballo fíxose posíbel a preservación da cultura romana e a súa transmisión á Hispania visigoda.
Esta recompilación da cultura clásica tivo tan boa acollida que substituíu en boa medida o uso das obras dos clásicos que recollían os seus coñecementos, polo que moitas deixaron de ser copiadas e se perderon, como as obras do gran erudito romano Marco Terencio Varrón. Isidoro posuía un gran coñecemento dos poetas gregos e latinos. En total, cita cento cincuenta e catro autores. Moitos deles léraos nos textos orixinais e outros nas recompilacións de uso para a súa época.
Remove ads
A obra de Isidoro
En canto ao estilo da obra, é conciso e claro, e en canto á súa orde, admirábel. Isidoro envioulle a Braulio esta obra para a súa corrección, e a el está dedicado.
Isidoro debe moito ás traducións ao grego de Boecio. Celio Aureliano, tradutor latino e intérprete de autores gregos entre os que destacan Asclepíades de Bitinia e Sorano de Éfeso o Mozo é a fonte principal da parte do cuarto libro que se dedica á medicina. Lactancio é o autor máis citado no undécimo libro, dedicado ao home. O duodécimo, décimo, terceiro e décimo libros están baseados nos escritos de Plinio o Vello e Gaio Xulio Solino. O plan xeral da obra parece estar baseado nos Prata de Suetonio, hoxe perdidos (era unha historia natural).
A difusión e influencia das Etimoloxías foi enorme e o seu autor mereceu a admiración de intelectuais como Beda o Venerábel ou Tomé de Aquino. Dante Alighieri, na súa Divina Comedia escrita no século XIV, inclúeo na cuarta esfera do Paraíso, como un dos doce sabios da Igrexa: Vedi oltre fiammeggiar l'ardente spiro d'Isidor, di Beda e di Riccardo (canto X, 130-131).[2]
Malia a condición de bispo de Isidoro, a súa obra contén abundante información sobre o xa extinto mundo pagán, sobre os seus deuses e costumes, sen eliminalos por non se axustar a súa condición aos principios cristiáns, o que dá aínda máis valor á compilación feita por Isidoro.
Remove ads
Contido
Divídeo en vinte libros. Os tres primeiros libros introducen o trivium e o quadrivium. Todo o primeiro libro está dedicado á gramática, incluídas as métricas. Imitando o exemplo de Casiodoro e Boecio, conservou a tradición lóxica da escola reservando o segundo libro para a retórica e a dialéctica, e o terceiro para as matemáticas.

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
