Boecio

filósofo romano From Wikipedia, the free encyclopedia

Boecio

Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio (en latín, Anicius Manlius Severinus Boethius)[1] coñecido como Boecio, nado en Roma contra o 480 e finado en Pavia no 526, foi un senador romano, cónsul, magister officiorum, historiador, aínda que é coñecido, sobre todo, como filósofo de comezos da Idade Media.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Boecio
Thumb
Nome orixinal(la) Anicius Manlius Torquatus Severinus Boethius
(la) Boetius
Biografía
Nacemento(la) Anicius Manlius Severinus Boethius
c. 480
Roma (Reino de Italia)
Morte524 (Gregoriano) (43/44 anos)
Pavia (Reino ostrogodo)
Causa da mortepena de morte, decapitación
Lugar de sepulturaSan Pietro in Ciel d'Oro (pt) 45°11′29″N 9°09′18″L
Cónsul romano
510 – 511
 Inportunus (en) Flavius Felix (en)  
Senador romano
505 – 510
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
Actividade
Campo de traballoFilosofía
Ocupaciónfilósofo, político, matemático, teórico da música, escritor, musicólogo, tradutor
Período de tempoAntigüidade tardía
ProfesoresQuinto Aurelio Memio Símaco e Isidoro de Alexandria (pt)
Influencias
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa23 de outubro (Igrexa católica)
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElpis
FillosBoethius, Symmachus
PaiManlius Boethius

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Bitraga: 2077
Pechar

Traxectoria

Thumb
Ilustración medieval de Boecio.

Boecio proviña dunha antiga familia romana, os Anicii.[2] A familia gozaba do rango senatorial, o máis alto rango entre os patricios romanos. A esta familia pertenceron dous emperadores (Petronio Máximo e Olibrio) e un Papa. Aínda que as filiacións non están absolutamente confirmadas, parece que o propio avó de Boecio, do mesmo nome, era senador e desempeñou o cargo de prefecto do pretorio de Italia. No exercicio do cargo foi asasinado a resultas da conxuración que depuxo ao xeneral Aecio.[3] Tamén o pai de Boecio, Manlio Boecio, foi senador e chegou a exercer o consulado.

O seu pai morreu sendo Boecio cativo. Foi acollido por Quinto Aurelio Memio Símaco, membro tamén da clase senatorial romana, quen financiou os seus estudos de retórica e filosofía, coñecementos que ampliou en Atenas. Casou con Rusticiana, filla de Símaco.[4]

No ano 520 foi nomeado magister officiorum, cargo equivalente ao que podería chamarse un primeiro ministro, do rei ostrogodo Teodorico. Nomeou cónsules os seus dous fillos, Flavio Símaco e Flavio Boecio. A acumulación de tanto poder despertou os celos do partido filogótico, polo que foi acusado de conspiración polo referendarius Cipriano, membro dese partido. Foi encarcerado, torturado e decapitado en Ager Calventenus, ao norte de Pavia, "inxustamente", segundo el mesmo, por intentar protexer o Senado.

Thumb
Dialectica, 1547.

Obra

Co propósito de unificar ambas as escolas filosóficas, propúxose traducir ao latín as obras de Aristóteles e de Platón, mais non concluíu o seu proxecto: só se conservan a súa tradución das Categorías e do Peri hermeneias de Aristóteles e da Isagoge de Porfirio. Étienne Gilson afirma que Boecio foi, para o escolasticismo medieval, polas súas traducións, comentarios e escritos, a principal autoridade en Lóxica da Idade Media até que no século XIII foi traducido ao latín e comentado directamente o Organon completo de Aristóteles. Na súa obra principal realiza a distinción, que logo sería central para a Escolástica, entre id quod est (todo o ente) e quo est ou esse (aquilo que fai que o ente sexa).

Thumb
Consolación da filosofía, tradución ao galego da obra de Boecio.

A súa obra máis famosa é porén Consolación da filosofía. Trátase dun diálogo entre o propio Boecio e Filosofía, personaxe alegórico feminino que aparece perante Boecio para aclararlle o problema do destino, de por que os malvados logran recompensa e os xustos non. Filosofía intenta suavizar a súa aflición demostrándolle que a verdadeira felicidade consiste no desprezo dos bens deste mundo e na posesión dun ben imperecedoiro, que coincide coa Providencia universal que goberna todas as cousas, concepto este que toma do Estoicismo. O tema relaciónase directamente coa caída en desgraza do propio Boecio, polo cal se cre que esta obra foi composta no cárcere durante o longo ano que pasou antes de ser executado.

Este traballo tivo unha grande importancia para a ulterior teoloxía do Cristianismo medieval, pese a que tanto a metodoloxía como a terminoloxía que utiliza Boecio son simplemente filosóficas e en ningún momento presenta a cuestión en termos de fe cristiá. Por iso se chegou a discutir, incluso, se Boecio era realmente cristián.

Tamén escribiu sobre aritmética (De arithmetica), música (De música), e de teoloxía (Opuscula theologiae, cinco libros).

Traducións ao galego

Consolación da filosofía foi traducida ao galego por Helena de Carlos, publicada por Editorial Galaxia en 2005 na colección Clásicos en Galego.[5]

Eponimia

  • Na súa memoria, denominouse Boethius a un cráter da Lúa.[6]
  • Tamén en Mercurio, outro cráter leva o seu nome de Boethius.[7]
  • Igualmente, o asteroirde 6617, denomínase Boethius, na súa honra.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.