Augsburgo

cidade de Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia

Augsburgomap

Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 295.830 habitantes (31 dec.2020) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg, na súa área metropolitana ten uns 885.000 habitantes.[3]

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Augsburgo
Augsburg (de)
Thumb

EpónimoAugusta dos Vindelícios (pt)
Localización
Thumb Thumb
 48°22′08″N 10°53′52″L
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
RegierungsbezirkSuabia
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación303.150 (2023) (2.064,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie146,87 km²
Bañado porRío Lech, Wertach (en) e Singold (en)
Altitude489 m-498 m-482 m
Comparte fronteira con
Augsburg (pt)
Stadtbergen
Aichach-Friedberg (pt)
Friedberg (en) (1862–1972)
Datos históricos
Creación15 a. C.
Día festivo
Organización política
 Xefe do gobernoEva Weber (pt) (2020–)
Membro de
Identificador descritivo
Código postal86150, 86199, 86152, 86153, 86154, 86156, 86157, 86159, 86161, 86163, 86165, 86167, 86169 e 86179
Fuso horario
Prefixo telefónico0821
Código NUTSDE271
Clave de rexión en Alemaña097610000000
Número de municipio alemán09761000
Outro
Irmandado con
Mysore
Changsha
Inverness (1956–)
Nagahama (en) (1959–)
Amagasaki (1959–)
Nagahama (1959–)
Dayton (pt) (1964–)
Bourges (1967–)
Liberec (2001–)
Jinan (2004–)

Sitio webaugsburg.de
Pechar

Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).

Despois de Neuss, Tréveris, Colonia e Xanten, Augsburgo é unha das cidades máis antigas de Alemaña, fundada no 15 a.C. polos romanos como Augusta Vindelicorum, recibe o nome do emperador romano Augusto. Foi unha Cidade Imperial Libre de 1276 a 1803 e o fogar das familias patricias Fugger e Welser que dominaron a banca europea no século XVI. A cidade xogou un papel principal na Reforma como lugar da Confesión de Augsburgo de 1530 e Paz de Augsburgo de 1555. O Fuggerei, o complexo de vivendas sociais máis antigo do mundo, fundouno en 1513 Jakob Fugger. aluvial En 2019, a UNESCO recoñeceu o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo como Patrimonio da Humanidade.[4]

Xeografía

Augsburgo atópase na converxencia dos ríos Alpinos Lech e Wertach e do Singold. A parte máis antiga da cidade e os barrios do sur atópanse no contraforte norte dun socalco alto, que xurdiu entre o bordo empinado dos outeiros de Friedberg no leste e os outeiros altos do oeste. No sur esténdese o Lechfeld, unha chaira aluvial da post idade do xeo entre os ríos Lech e Wertach, onde se conservaron paisaxes primixenias raras. O bosque da cidade de Augsburgo e os breixos do val de Lech están hoxe entre os hábitats de Europa central máis ricos en especies.[5]

Augsburg limita co parque natural dos bosques occidentais de Augsburgo - un gran bosque. A propia cidade tamén é moi verde. Como resultado, en 1997 Augsburgo foi a primeira cidade alemá en gañar o concurso europeo Entente Florale pola cidade máis verde e habitable de Europa.

Historia

A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a guerra dos Trinta Anos e durante a segunda guerra mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.

En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Lois XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na segunda guerra mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.

Thumb

Vista de Augsburgo, dende o oeste

Sistema de xestión da auga

Os sistemas de auga de Augsburgo construíronse entre o século XIV e hoxe. Unha rede de canles, torres de auga, equipos de bombeo e centrais hidroeléctricas proporcionaron auga potable e enerxía á cidade durante séculos.[6]

O 6 de xullo de 2019, o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo designouse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.