A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.
O Porriño | |
---|---|
Estación de ferrocarril do Porriño | |
Situación | O Porriño |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
A estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela.[1] Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.
A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.
En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.[3]
Está situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas. No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.
Longa Distancia
Actualizados a 11 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizados a 11 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
3 | Rexional Exprés Rexional Internacional |
Porto-Campanhã | <> | Vigo-Guixar |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.