O Ducado de Braganza é un dos títulos nobiliarios máis importantes da familia real portuguesa. Desde o ascenso ao trono da Dinastía de Braganza, en 1640, o herdeiro da coroa portuguesa usa o título de Duque de Braganza. É de notar que, por tradición e pola importancia da Casa de Braganza, os Duques teñen os seus nomes numerados tal como os reis (exemplo: Teodosio I e Teodosio II).
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Ducado de Braganza | |
---|---|
Primeiro titular | Afonso I de Braganza |
Concesión | Xoán I de Portugal 1442 |
Actual titular | Duarte Pío de Braganza |
Historia
A Casa de Braganza foi fundada polo rei Xoán I e polo condestábel Nuno Álvares Pereira, concorrendo ambos para o seu establecemento polos dotes que o primeiro fixo a seu fillo Afonso, o primeiro duque de Braganza, e o segundo á súa filla Beatriz Pereira Alvim, polo casamento de ambos realizado en Frielas, o día 1 de novembro de 1401 (era de 1439).[1]
O dote atribuído polo rei Xoán I consta na carta de doazón, datada en Lisboa o día 8 de novembro de 1401 (1439): terras e xulgados de Neiva, Danque, Parelhal, Faría, Rates, Vermoim, con todos os seus bens e coutos. O dote feito por Nuno Álvares Pereira, consistía na vila e castelo de Chaves, cos seus termos, terras e xulgado de Monte Negro; no castelo e fortaleza de Monte Alegre; terras do Barroso e Baltar; Paços e Barcelos; quintas de Carvalhosa, Covas, Canedos, Seraes, Godinhaes, Sanfims, Temporam, Moreira e Piusada; e nos lugares de Bustelo.
O rei Xoán I, conxuntamente coa raíña Dona Filipa, e co infante Duarte de Portugal, verificou a doazón, e engadiu terras en Penafiel, Bastos e Coutos das Vargeas.
Tamén Nuno Álvares Pereira engadiu, por carta de 4 de abril de 1460 (confirmada polo rei Duarte), o condado e vila de Arraiolos, rendas e dereitos de Montemor, Évora Monte, Estremoz, Souzel, Alter do Chan, Fermosa, Chancelaría, Assumar, Lagomel, Vila Viçosa, Borba, Monsaraz, Portel, Vidigueira, Frades, Vilalva, Ruivas, Beja, Campo de Ourique, e padroados de S. Salvador de Elvas e Vila Nova de Anços.
O 2º duque, Fernando I, era o segundo fillo do 1º duque, sucedéndoo no ducado por morte do seu irmán. Despois da referida doazón de Nuno Álvares Pereira, por virtude do troco realizado o 10 de novembro de 1424 entre o duque Fernando I e súa irmá Isabel e os seus descendentes, foron engadidas as terras de Paiva, Tendades e Lousada, confirmado en 9 de Decembro dese ano polo rei Duarte[2].
Así se formou a Sereníssima Casa de Bragança. Era entón a máis rica de Portugal.
O duque Fernando I tomou parte na expedición de Tánxer, onde foi condestábel, sendo despois gobernador de Ceuta. O rei Afonso V fíxolle a graza de elevar Braganza á categoría de cidade.
O poder da Casa de Braganza veu a ser despois suprimido por Xoán II, home celoso do seu poder e firme na convicción de conservalo. Xoán II prendeu, xulgou —nun proceso xudicial moi mal explicado— e executou por degolación na praza do Giraldo en Évora, a Fernando II, o terceiro duque, baixo acusacións de traizón e correspondencia gravosa co rei de Castela. En consecuencia, as terras dos duques foron anexadas aos bens da Coroa e o herdeiro da Casa Ducal, Xaime, de só 4 anos, foi desterrado para Castela.
O rei Manuel I, sucesor de Xoán II, era tío de Xaime de Braganza e en 1500 convídao a regresar á Corte, devolvéndolle os títulos e terras do ducado que o anterior rei retirara. Xaime ordenou a construción do Palacio Ducal de Vila Viçosa, que había de se tornar nunha das residencias reais no século XVII. Mais este duque non se limitou a levantar o Pazo de Vila Viçosa, senón que remodelou diversas outras residencias ducais, como é os castelos de Ourém e Porto de Mós, que foron restaurados pola súa orde e adaptados das súas funcións militares a residencias.
Xoán I, o sexto duque, casou coa princesa Catarina de Portugal e foi pai do destemido Teodosio II, que loitou na batalla de Alcácer-Quibir (1578) con só 10 anos. Non obstante, a dinastía de Avis entraba nunha crise. Coa desaparición do rei Sebastián I de Portugal nese ano, o trono fora herdado polo cardeal Henrique, un home ancián e sen descendencia, debido ao seu voto de celibato. Aínda tentou pedir ao Papa que o dispensase dos votos para poder casar e dar un herdeiro á coroa, mais morreu antes dunha resposta. Cando Henrique morreu, o rei Filipe II de España tornouse rei de Portugal como Filipe I, e o país perdeu a independencia. Seguirían 60 anos de dominio español, con tres reis españois: Filipe I, Filipe II de Portugal e Filipe III de Portugal.
En 1640, as políticas astutas de Filipe III, no que toca a Portugal, terminaran. O país tiña impostos demasiado altos e o rei español xa non tiña a confianza dos nobres portugueses. Filipe III de Portugal era odiado en especial polos mercadores e pequenos comerciantes, que se sentían asfixiados polos pesados impostos. Portugal encontrábase á beira dunha revolución e había que atopar un novo rei. Axiña se reuniu unha conxura de nobres que querían a separación das coroas portuguesa e española. Tiñan que escoller, no rol de parentes afastados dos últimos reis de Portugal, un demandante que se axeitase aos seus requisitos. A escolla recaeu sobre Xoán II, duque de Braganza, que aceptou a dirección da rebelión e tornouse rei de Portugal o 1 de decembro de 1640, iniciando así a cuarta dinastía, ou dinastía de Braganza.
Despois do ascenso dos duques de Braganza á coroa, o título de duque de Braganza pasou a ser atribuído ao herdeiro presuntivo da coroa. Nótese que algúns príncipes, fillos segundoxénitos, que ascenderan ao trono, como foi o caso de Pedro II, Miguel I, Lois I, ou Manuel II, non usaran o título.
Os bens da Casa de Braganza estiveran sempre separados dos da Casa Real, o propio rei Xoán IV, por Carta de Lei, impuxo a separación completa das dúas administracións (a dos bens da Coroa e a dos bens da Casa de Braganza, que continuaba a ser un patrimonio familiar, posto á disposición do herdeiro do trono). Tras o triunfo do liberalismo, en 1834, que aboliu os morgadios en Portugal, foi feita unha lei que creou un réxime de excepción para a Casa de Braganza. Deste xeito, a administración dos bens que constituían o vínculo da Casa de Braganza transitaba para o Príncipe Real cando este completaba 21 anos, unha vez que o Príncipe que estivese na situación de herdeiro da coroa ostentaba o título de duque de Braganza.
En 1 de febreiro de 1908, Carlos I foi asasinado xuntamente co seu herdeiro, o Príncipe Real Lois Filipe, o 21° duque de Braganza. Foi sucedido por Manuel II até a implantación da república en 5 de outubro de 1910, embarcando na Ericeira para o exilio no Reino Unido días despois.
Tras a revolución de 1910, os bens da Casa de Braganza non pasaron para o Estado, considerando a república que eses bens serían bens particulares da familia Braganza, cuxa administración pertencía a Manuel de Braganza, o rei exiliado. No entanto, argumentando a vella cuestión dos adiantamentos feitos polo Estado á coroa (no reinado de D.Carlos), a república xulgou que debería ser a Casa de Braganza a liquidar eses valores. Presionado porén polo goberno inglés, en 1915, o goberno da república atribuíu a Manuel a libre administración de todo o patrimonio familiar.
En 1915, Manuel II, no seu testamento, manifestou o desexo de que os seus bens particulares en Portugal ficasen á disposición do país. Manuel II non dispuxo naturalmente dos bens da Casa de Braganza, destinados ao herdeiro do trono de Portugal e, como tal, non susceptíbeis de disposición en testamento. Tras a morte de Manuel, en 1932, as súas únicas herdeiras (a viúva, Augusta Vitoria e a nai, raíña Amelia) renunciaron ás súas herdanzas. O Estado portugués, porén, considerando que Manuel II morrera "sen descendente, nin sucesor" no trono de Portugal, apropiouse dos bens da Casa de Braganza constituíndo —con ese patrimonio e co patrimonio privado do falecido monarca— a Fundación da Casa de Braganza.
En 1950, a liñaxe miguelista da familia Braganza, até entón proscrita, foi autorizada a regresar a Portugal.
O Panteón dos duques de Bragança, en Vila Viçosa, acolle os restos mortais de diversos membros desta familia; a maior parte dos monarcas desta dinastía foron sepultados no Panteón dos Braganças, nunha das ás do Mosteiro de San Vicente de Fóra, en Lisboa.
Duques de Braganza
Nota: as datas son de nacemento e morte; as datas intermedias sinalan o ascenso a duque
- 1.º) Afonso I (1370-1442-1461), fillo ilexítimo de Xoán I de Portugal, casou con Beatriz Pereira Alvim, filla do condestábel Nuno Álvares Pereira.
- 2.º) Fernando I (1403-1461-1478), gobernador de Ceuta.
- 3.º) Fernando II (1430-1478-1483), executado por traizón por orde de Xoán II, Rei de Portugal.
- 4.º) Xaime I (1479-1500-1532), xurado Príncipe herdeiro de Portugal provisional, constrúe o palacio ducal de Vila Viçosa.
- 5.º) Teodosio I (1520-1532-1563).
- 6.º) Xoán I (1543-1563-1583), casa coa Infanta Catarina, pretendente ao trono de Portugal.
- 7.º) Teodosio II (1568-1583-1630), presente na batalla de Alcácer-Quibir con só 10 anos de idade.
- 8.º) Xoán II, despois Xoán IV, Rei de Portugal (1604-1630-1656), aclamado rei de Portugal a 1 de decembro de 1640 (Restauración da Independencia)
- 9.º) Teodosio III, simultaneamente Teodósio, Príncipe do Brasil (1634-1645-1653)
- 10.º) Afonso II, despois Afonso VI, Rei de Portugal (1643-1653-1683)
- 11.º) Xoán III, despois Xoán V, Rei de Portugal (1689-1750)
- 12.º) Xosé I, despois Xosé I, Rei de Portugal (1714-1750-1777)
- 13.ª) María I, despois María I, Raíña de Portugal (1734-1777-1816)
- 14.º) Xosé II, simultaneamente Xosé, Príncipe do Brasil (1761-1788)
- 15.º) Xoán IV, despois Xoán VI, Rei de Portugal (1767-1788-1826)
- 16.º) Pedro I, simultaneamente Pedro IV, Rei de Portugal (1798-1831-1834)
- 17.ª) María II, despois María II, Raíña de Portugal (1819-1826-1853)
- 18.º) Pedro II, despois Pedro V, Rei de Portugal (1837-1853-1861)
- 19.º) Carlos I, despois Carlos I, Rei de Portugal (1863-1889-1908), morto co seu herdeiro.
- 20.º) Lois Filipe, simultaneamente Lois Filipe, Príncipe Real de Portugal (1887-1908), herdeiro presuntivo do Trono, asasinado xuntamente co seu pai Manuel II, Rei de Portugal, fillo de Carlos I, faleceu no exilio en 1932, sen descendencia.
Para alén destes, tamén o deposto emperador brasileiro Pedro II usou o título de duque de Braganza desde o momento da proclamación da república (1889) até a súa morte, en 1891 (unha vez que seu pai, Pedro I do Brasil e IV de Portugal, nunca abdicou dos seus dereitos ao uso do título, téndoo usado até a morte, mesmo tras abdicar do trono brasileiro para vir defender a causa de súa filla María da Gloria ao trono portugués). Tamén a segunda esposa do emperador Pedro I, Amelia de Leuchtenberg, aínda que nunca sendo raíña de Portugal, usou o título de duquesa de Braganza tras a abdicación do seu marido e até a morte.
Pretendentes
- Os descendentes do ex-infante Miguel de Braganza, irmán de Pedro IV de Portugal. Esta liñaxe foi desterrada de Portugal e perdeu os dereitos de cidadanía e de pretensión ao trono. Ese desterro foi simbolicamente revogado polo goberno da república portuguesa tras a morte de Manuel II, último rei de Portugal, en 1950. Os membros desta liñaxe, onde se inclúe Duarte Pío de Braganza, considéranse os lexítimos sucesores do trono (feito que reclamaron mesmo durante a monarquía constitucional) aínda estando desterrados. Así sendo, reivindicaran:
- Miguel Januário de Braganza
- Duarte Nuno de Braganza
- Duarte Pio de Braganza
- A filla de Carlos I de Portugal coa nobre Maria Amelia Laredó e Murça, e a súa descendencia:
- María Pía de Saxonia-Coburgo-Gotha e Braganza
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.