político portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois Filipe I,[1] Duque de Braganza, bautizado co nome de Luís Filipe Maria Carlos Amélio Fernando Victor Manuel António Lourenço Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis Bento de Saxonia-Coburgo-Gotha Bragança, nado en Lisboa o 21 de marzo de 1887, foi fillo do rei Carlos I e da raíña Amelia de Orleáns.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1887 Palácio Nacional de Belém, Portugal |
Morte | 1 de febreiro de 1908 (20 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Igrexa de São Vicente de Fora |
Rexente | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Infante de Portugal (pt) Conde de Barcelos (pt) Príncipe Real de Portugal Duque de Barcelos (pt) Príncipe da Beira Duque de Bragança |
Familia | Casa de Bragança |
Pais | Carlos I de Portugal e Amélia de Orleães |
Irmáns | Manuel II de Portugal Infanta Maria Anna of Portugal |
Premios | |
Exerceu notablemente a rexencia do país durante un breve e transcendental período de tempo en 1907, debido á viaxe do seu pai, en visita protocolar ao estranxeiro. Nese mesmo ano, e por primeira vez para un príncipe portugués desde Xoán VI, realizou unha viaxe oficial ás colonias, neste caso as africanas, visita que tivo un grande impacto no seu momento.
Lois Filipe, coñecedor das ameazas de morte ao seu pai, ía sempre armado cun revólver, para defenderse cando fose preciso, xurando sempre que o matarían a el antes que permitir que lle pasase nada ao seu pai.
Lois Filipe estaba co seu pai e o resto da familia real o 1 de febreiro de 1908, o día do rexicidio. Carlos I foi cribado no medio dunha multitude por fanáticos republicanos, pertencentes á organización terrorista Carbonaria, morrendo no acto, mentres que Lois foi ferido de gravidade e o seu irmán máis novo, Manuel, foi alcanzado nun brazo. Aínda que foi atendido polos doutores, Lois morreu vinte minutos máis tarde.
Ao non contemplarse na monarquía portuguesa a sucesión automática, Lois nunca foi rei, a pesar de sobrevivir ao seu pai. Tras as súas mortes, a coroa portuguesa foi herdada polo seu irmán Manuel II, que se converteu no último rei de Portugal, destronado pola revolución republicana dous anos despois, o 5 de outubro de 1910.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.