Nuno Álvares Pereira

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nuno Álvares Pereira

Nuno Álvares Pereira, nado en Cernache do Bonjardim o 24 de xuño de 1360 e finado en Lisboa o 1 de novembro de 1431, foi un militar portugués, tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Nuno Álvares Pereira
Thumb
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1360
Cernache do Bonjardim, Portugal (pt)
Morte1 de novembro de 1431 (71 anos)
Convento do Carmo, Portugal
Lugar de sepulturaIgreja do Santo Condestável (pt)
Condestábel
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
Actividade
Ocupaciónmilitar, político, comandante
Carreira militar
Rango militarmariscal
ConflitoCrise de 1383–1385 em Portugal (pt)
Batalha de Aljubarrota (pt)
Conquista de Ceuta (pt)
Orde relixiosaOrde de Santa María do Monte Carmelo
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de novembro
1 de novembro
Outro
TítuloDuque de Barcelos (pt)
FillosBeatriz Pereira Alvim
PaisÁlvaro Gonçalves Pereira   e Iria Gonçalves de Carvalhal
IrmánsPedro Álvares Pereira

Thumb

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Pereira-16
Pechar


Biografía

Desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra o reino de Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém. Após a aclamación de Xoán I polas cortes de Coímbra, Nuno Álvares Pereira fixo unha viaxe diplomática, militar e de peregrinación a Santiago de Compostela, durante a que tomou o castelo do Neiva, en Santiago do Neiva, episodio conmemorado na actualidade na feira medieval de Viana do Castelo.[2]

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.

Descendencia

Casou en 1376 con Leonor de Alvim (sobriña do cortesán Pedro Coelho) coa que tivo tres fillos, pero só unha filla, Beatriz Pereira de Alvim (Beatriz de Portugal), chegou á idade adulta, estando casada cun fillo natural de Xoán I de Portugal, Afonso de Portugal (primeiro Duque de Braganza) e dando lugar á Casa de Braganza (que reinaría en Portugal tres séculos despois). Por tanto, polo matrimonio da súa filla, Nuno é antepasado de varias das casas reais europeas, entre elas Isabel de Barcelos era avoa materna de Isabel I de Castela, a Católica.[3]

Vida relixiosa

Cando a súa muller morreu en 1387, abrazou a vida relixiosa. Fundou o convento carmelita de Lisboa en 1389 e ingresou na Orde do Carmelo o 15 de agosto de 1423 como irmán laico. Despois dunha vida modelo de penitencia, morreu no recendo da santidade o 1 de novembro de 1431. Foi enterrado no Convento do Carme en Lisboa, onde morrera, pero en 1755, o terremoto que asolou Lisboa destruíu a igrexa.

As cortes de Portugal pediron a súa beatificación a Urbano VIII no século XVII.[4] Foi beatificado o 23 de xaneiro de 1918 por Bieito XV e canonizado en abril de 2009 por Bieito XVI.[5]

Na literatura

Luís de Camões, en sentido literal ou alegórico, explícito ou implícito, fai referencia a O Condestável catorce veces en Os Lusíadas. O forte Nuno, como Camões o designa, aparece logo evocado na 12.ª estrofa do canto primeiro: "Por estes vos darei um Nuno fero, Que fez ao Rei e ao Reino tal serviço," e no canto oitavo, estrofe 32: "Mas mais de Dom Nuno Álvares se arreia. Ditosa Pátria que tal filho teve!".

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.