Distrito Federal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Distrito Federal é o nome que se dá a unha cidade ou a un territorio que ten por función ser a capital dun país que se organice baixo o sistema de federación.

Características
O distrito federal non se subordina a ningunha unidade federativa (provincia ou estado) veciña senón que está baixo a autoridade da propia federación. E, ademais, non pode ser capital de ningunha outra unidade da federación, para que se preserve os principios de autonomía das unidades federativas, e tamén de igualdade entre as mesmas.
Conforme determine a constitución de cada país, os distritos federais poden ter o seu gobernante nomeado polo goberno federal, ou elixido pola súa poboación. Cando se muda a capital dun país organizado baixo o sistema federativo, o territorio da nova capital é destacado xeograficamente dunha ou máis provincias e pasa a ter, a partir do momento da creación da nova capital, un status administrativo diferenciado. Foi o que ocorreu no Brasil co a creación de Brasilia, separada administrativamente do veciño estado de Goiás.
Exemplos
Algúns exemplos de distrito federal son:
- O Distrito de Columbia, na que está Washington, nos Estados Unidos, e que non se subordina aos veciños estados de Maryland e Virxinia e que foi creado no 1790.[1]
- O Distrito Federal do Brasil, que dende 1960 acolle Brasilia. Anteriormente, dende a fundación da República (1889), Río de Xaneiro funcionaba como distrito federal.[2]
- A cidade de Buenos Aires, na Arxentina, entre 1880 e 1996. Foi segregada da veciña provincia de Buenos Aires e funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo Presidente da Nación Arxentina coa aprobación do Senado federal.[3]
- O Territorio da Capital Australiana que acolle a cidade de Camberra, capital da federación dende 1908 como resultado dun compromiso entre Melbourne e Sydney.[4][5]
- En Malaisia, as cidades de Kuala Lumpur, dende 1974 por ser capital nacional, e Putrajaya, dende 2001 por ser capital administrativa do país, son considerados Territorios Federais e directamente gobernados polo goberno federal, canda Labuán, centro financeiro considerado dende 1984.[6][7]
- Na India, Delhi, oficialmente denominada Territorio da Capital Nacional de Delhi.
- En Paquistán, o Territorio da Capital Islamabad, é xestionado directamente polo goberno federal.
- A Cidade de México, capital de México, ata 2016 chamada México, D.F.[8][9]
- A cidade de Caracas, en Venezuela.
- Abuja, capital de Nixeria, intégrase dentro do Territorio da Capital Federal, fundado en 1976 nunha área cedida polos estados de e Nasarawa, Níxer e Kogi.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.