Clara Lago

actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia

Clara Lago

Clara Lago Grau, nada en Torrelodones (Madrid) o 6 de marzo de 1990, é unha actriz española.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Clara Lago
Thumb
Biografía
Nacemento(es) Clara Lago Grau
6 de marzo de 1990 (34 anos)
Madrid, España
Actividade
Ocupaciónactriz
Período de actividade2000 -

Sitio webweb.archive.org…
Allocine: 99860
Pechar

Biografía

Clara Lago Grau naceu en Torrelodones, un concello achegado a Madrid, filla dun deseñador gráfico e dunha contacontos.[1] Con só nove anos, participou en varias series de televisión con papeis menores até a súa incorporación ao elenco de Compañeros (Antena 3) como Desirée, a moza de Lolo. Na gran pantalla, tras pór a voz de Bea en Terca vida (2000), non arrincou a súa carreira na sétima arte até 2002 cando protagonizou El viaje de Carol, filme dirixido por Imanol Uribe. O seu primeiro papel protagonista no cinema valeulle para ser nomeada ao Goya de 2002 como Mellor actriz revelación.[2]

En 2004 estreouse La vida que te espera, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón e protagonizada por Juan Diego, Luís Tosar e Marta Etura. En 2004 e 2005 participou en diversas tempadas de Hospital Central como Candela, a filla de Cruz (Alicia Borrachero). En 2006 protagonizou Arena en los bolsillos, dirixida por César Martínez Herrada. En 2007 participou no filme El club de los suicidas, de Roberto Santiago. Este mesmo ano volve á televisión con Los hombres de Paco, como Carlota Fernández, irmá secreta de Lucas (Hugo Silva).

En 2008 rodou El juego del ahorcado un filme de Manuel Gómez Pereira, que protagoniza xunto a Álvaro Cervantes, no elenco tamén se atopa a actriz Adriana Ugarte. Ese ano incorporouse ao elenco de LEX (Antena 3), xunto a Javier Cámara, Santi Millán e Álex González, baixo as ordes de Daniel Écija. En outubro de 2008 rodou El mal ajeno, producida por Alejandro Amenábar, compartindo cartel con Belén Rueda e Eduardo Noriega. O guión corresponde a Daniel Sánchez Arévalo con quen seguiría a traballar posteriormente.

En 2011 participou no filme Primos xunto a Quim Gutiérrez, Raúl Arévalo, Antonio de la Torre e Inma Cuesta entre outros. Este mesmo ano protagonizou La cara oculta, xunto a Quim Gutiérrez, filme polo que foi premiada como nova promesa do cinema europeo na Berlinale e que recibiu un Premio Macondo outorgado pola Academia Colombiana de Artes e Ciencias Cinematográficas.[3]

O 22 de xuño de 2012 estreou Tengo ganas de ti, a secuela de Tres metros sobre el cielo, a cal protagoniza xunto a Mario Casas e María Valverde Rodríguez. Tengo ganas de ti foi a segunda película española máis taquillera do seu ano.[4] En novembro de 2012 estreou o filme Fin, xunto a Maribel Verdú e Daniel Grao.[5]

O 15 de novembro de 2013 participou no filme ¿Quién mató a Bambi?. En 2014 estreou unha miniserie para Antena 3, El corazón del océano, da man de Hugo Silva e Álvaro Cervantes. Tamén ese ano, estrea a cinta alemá Eltern, onde interpreta a unha Au pair arxentina.

En 2014 estreou o filme Ocho apellidos vascos no papel de Amaia, onde comparte protagonismo con Dani Rovira e Karra Elejalde entre outros. A comedia converteuse no filme máis visto do cinema español.[6] Posteriormente representou a obra de teatro La venus de las pieles dirixida por David Serrano.[7] En 2015 filma dous filmes máis: Extinction en inglés e Ocho apellidos catalanes, secuela de Ocho apellidos vascos, onde volve interpretar a Amaia.

Filmografía

Cinema

Máis información Filmes, Ano ...
Filmes
AnoTítuloDirectorPapel
2000 Terca vida Fernando Huertas Bea (voz)
2002 El viaje de Carol Imanol Uribe Carol
2004 A vida que che espera Manuel Gutiérrez Aragón Genia
2006 Arena en los bolsillos César Martínez Herrada Elena
2007 El club de los suicidas Roberto Santiago Laura
2008 El juego del ahorcado Manuel Gómez Pereira Sandra
2009 El mal ajeno Óskar Santos Ainhoa
2011 Primos Daniel Sánchez Arévalo Clara
2011 La cara oculta Andrés Baiz Belén
2012 Tengo ganas de ti Fernando González Molina Gin
2012 Fin Jorge Torregrossa Eva
2013 Eltern Robert Thalheim Isabel
2013 ¿Quién mató a Bambi? Santi Amodeo Mati
2014 Ocho apellidos vascos Emilio Martínez-Lázaro Amaia Zugasti
2014 Against the Jab Santi Amodeo Pénelope
2015 Extinction Robert Thalmen Woman
2015 Ahora o nunca Maria Ripoll Tatiana
2015 Ocho apellidos catalanes Emilio Martínez-Lázaro Amaia Zugasti
Pechar

Televisión

Máis información Series, Ano ...
Series
Ano TítuloPapelNotas
2000- 2002 Compañeros Desirée Papel recorrente
2000 Manos a la obra Estela 1 episodio
2004- 2007 Hospital Central Candela Papel recorrente
2007- 2008 Los Hombres de Paco Carlota Fernández Papel recorrente
2008 LEX Eli Estrada Papel principal
2014 El corazón del océano Ana Miniserie. Principal
Pechar

Teatro

Máis información Obras, Ano ...
Obras
Ano Título Director Papel
2013 Shopping & Fucking Oriol Rovira Lulú
2014 La venus de las pieles David Serrano Vanda
Pechar

Premios e nomeamentos

Premios Goya
Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2002Mellor actriz revelaciónEl viaje de CarolNomeada
Pechar
Festival de Cine Español de Tolosa
Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2004Mellor actriz revelaciónA vida que che esperaGañadora
Pechar
Festival Solidario de Cine Español
Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2009Mozos actores do cinema español 2008El juego del ahorcadoGañadora
Pechar
Festival Internacional de Cinema de Berlín
Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Nova promesa do cinema europeoLa cara ocultaGañadora
Pechar
Premios Macondo
Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor actriz de elencoLa cara ocultaGañadora
Pechar

Neox Fan Awards

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor actriz de cinemaTengo ganas de tiNomeada
2013Mellor actriz de cinemaFinGañadora
2015Mellor actriz de cinemaAhora o nuncaNomeada
Pechar

Premios Unión de Actores

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2014Mellor actriz protagonista de cinemaOcho apellidos vascosNomeada
Mellor actriz revelación de teatroLa venus de las pielesNomeada
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.