Remove ads
director de cinema e televisión español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jorge Torregrossa García, nado en Alacant o 3 de outubro de 1973, é un director de cine e televisión español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1973 (51 anos) Alacant, España |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema, guionista, director de cinema |
|
Na década dos anos noventa recibiu bolsas da Fundación A Caixa e de Martin Scorsese (o Martin Scorsese Young Filmmaker Award). Residiu en Nova York onde permaneceu dez anos e completou a súa formación cun máster en cinematografía, no posgrao para directores da Tisch School of the Arts, Universidade de Nova York. Nesta cidade, dirixiu as súas primeiras curtametraxes, Family Pictures e SaloMe PaMela Me, en 1998, e Desire, en 1999, que suporía o seu recoñecemento pola industria e que conseguiu premios no Festival de Alcalá e do Festival Nacional de Curtametraxes de Almería, e Women in a Train (2001),
Á súa volta a España, alternou a dirección de curtametraxes como Manchas (2005) e Verano o los defectos de Andrés (2006), vídeos musicais para artistas como Antonio Orozco ou Najwa Nimri, anuncios comerciais e series de televisión como Gran Hotel, A Señora, Herederos ou Imperium.[1][2]
En 2012, debutou como director de longametraxe, con Fin (2012), adaptación dunha novela de David Monteagudo e en 2013 rodou a La vida inesperada, que se estreou en 2014, con guión de Elvira Lindo e protagonizada por Javier Cámara e Raúl Arévalo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.