Ocho apellidos vascos é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde. Estreouse en España o 14 de marzo de 2014.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Ocho apellidos vascos
Ficha técnica
Título orixinalOcho apellidos vascos
DirectorEmilio Martínez-Lázaro
GuiónBorja Cobeaga
Diego San José
IntérpretesClara Lago
Dani Rovira
Carmen Machi
Karra Elejalde
Alfonso Sánchez
MúsicaFernando Velázquez
FotografíaGonzalo F. Berridi
Juan Molina
EstudioLazonafilms / Kowalski Films / Telecinco Cinema
Estrea14 de marzo de 2014
Duración98 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia
Orzamento€3 000 000 [1][2]
Recadación$77 298 155[3]
Filme seguinteOcho apellidos catalanes
Na rede
IMDB: tt2955316 Filmaffinity: 162717 Allocine: 221264 Allmovie: v594438 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Sinopse

Rafa (Dani Rovira), un sevillano que nunca saíu de Andalucía, decide abandonar a súa terra natal para seguir a Amaia (Clara Lago), unha moza vasca que a diferenza doutras mulleres que coñeceu se resiste ás súas técnicas de sedución. Para conseguilo, e en contra dos consellos dos seus amigos, decide viaxar á vila da súa pretendida, no corazón abertzale do País Vasco. Unha serie de malentendidos levarán ao mozo sevillano a ter que facerse pasar por un auténtico vasco con oito apelidos, e ir enredándose cada vez máis no personaxe que creou para lograr os seus propósitos.

Personaxes

Recepción

Na súa primeira fin de semana a produción reuniu 404.020 espectadores xerando 2,72 millóns de euros de recadación.[4] Eses datos sitúana entre as mellores quince estreas da historia do cine español.[5] Na súa segunda fin de semana a produción aumenta a recadación case un 56% respecto á fin de semana anterior só superado por dúas superproducións: O Imposible e Avatar con 4,4 millóns en só 10 días.[6]

Premios e candidaturas

XXIX edición dos Premios Goya
Máis información Categoría, Candidato ...
CategoríaCandidatoResultado
Mellor actriz secundariaCarmen MachiGañadora
Mellor actor secundarioKarra ElejaldeGañador
Mellor actor revelaciónDani RoviraGañador
Mellor canción orixinalNo te marches jamás
Fernando Velázquez
Nomeada
Mellor fotografíaKalo BerridiNomeado
Pechar
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Máis información Categoría, Candidato ...
CategoríaCandidatoResultado
Mellor Actor RevelaciónDani RoviraGañador[7]
Mellor Actor de ElencoKarra ElejaldeGañador[7]
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.