dúo musical español From Wikipedia, the free encyclopedia
Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.[1]
Los del Río | |
---|---|
Actuación do 24 de xullo de 2009 na Praza de España de Madrid | |
Orixe | Dos Hermanas, Sevilla, España |
Período | 1962- presente |
Xénero(s) | Folclore - Sevillanas |
Selo(s) discográfico(s) | RCA - Sony BMG |
Membros | Antonio Romero Monge Rafael Ruiz Perdigones |
Na rede | |
soleraproducciones.com | |
En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor clave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.[2]. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.
Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).
Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o día de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.
Ano | Álbum |
---|---|
1993 | Retrato a Sevilla |
1994 | A mi me gusta |
1995 | Calentito |
1996 | Macarena Non Stop |
1996 | Colores |
1997 | Fiesta Macarena |
1999 | Baila |
2003 | Río de sevillanas |
2004 | P'alante |
2008 | Quinceañera Macarena |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.