Channing Frye

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Channing Frye

Channing Thomas Frye, nado en White Plains, Nova York, o 17 de maio de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 14 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Channing Frye
Thumb
(2019)
Biografía
Nacemento17 de maio de 1983 (41 anos)
White Plains, Estados Unidos de América (pt)
EducaciónSt. Mary's Catholic High School (en)
Universidade de Arizona
Altura211 cm
Peso116 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, creador de podcast
Período de actividade2005 - 2019
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA
Posición de xogoAla-pivote e Pivote
Número deportivo8
Convocado porNew York Knicks
Traxectoria
  Equipo
Portland Trail Blazers
Cleveland Cavaliers
Orlando Magic
New York Knicks
Phoenix Suns
2001–2005 Arizona Wildcats

Sitio webchanningfrye.com
Pechar

Traxectoria profesional

Frye foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2005 polos New York Knicks.[1] Ó remate da súa tempada de rookie, foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada 2005-06.

O 28 de xuño de 2007, Frye foi traspasado xunto a Steve Francis ós Portland Trail Blazers, a cambio de Zach Randolph, Fred Jones e Dan Dickau.[2]

O 14 de xullo de 2009, Frye asinou cos Phoenix Suns un contrato de dous anos e 3.8 millóns de dólares.[3] En febreiro de 2010, Frye foi elixido para xogar o concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA, converténdose no primeiro pivote en participar dende Sam Perkins en 1997.[4] O 8 de xullo de 2010, Frye asinou un novo contrato cos Suns por cinco anos e 30 millóns de dólares.[5]

O 14 de xullo de 2014, Frye asinou cos Orlando Magic un contrato por catro anos e 32 millóns de dólares.[6]

O 18 de febreiro de 2016, Frye foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Jared Cunningham e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[7]

O 8 de febreiro de 2018, Frye foi traspasado xunto a Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers, a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[8]

O 19 de xullo de 2018, Frye asinou cos Cleveland Cavaliers.[9] O 1 de marzo de 2019, Frye anunciou que a tempada 2018-19 sería a súa derradeira tempada coma xogador profesional.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.