Jared Cunningham

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Jared Cunningham

Jared Armon Cunningham, nado o 22 de maio de 1991 en Oakland (California), é un xogador e baloncesto profesional estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jared Cunningham
Thumb
Biografía
Nacemento22 de maio de 1991 (33 anos)
Oakland, Estados Unidos de América
EducaciónSan Leandro High School
Universidade do Estado do Oregon (pt)
Altura193 cm
Peso88 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Período de actividade2012 -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA
Posición de xogoBase e Escolta
Convocado porCleveland Cavaliers
Traxectoria
  Equipo
Dallas Mavericks
Los Angeles Clippers
Milwaukee Bucks
Atlanta Hawks
Texas Legends
2009–2012 Oregon State Beavers men's basketball

Pechar

Traxectoria

Cunningham foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Os seus dereitos foron traspasados pouco despois de ser elixido xunto a Jae Crowder e Bernard James ós Dallas Mavericks, a cambio de Tyler Zeller e Kelenna Azubuike. Asinou o seu contrato o 21 de xullo de 2012.[1] O 11 de decembro de 2012, Cunningham foi enviado ó afiliado dos Mavericks na NBA D-League, os Texas Legends, tras facer 2.3 puntos en 3.4 minutos por partido.[2] Foi chamado de volta o 31 de decembro de 2012.[3]

O 27 de xuño de 2013, Cunningham foi traspasado ós Atlanta Hawks durante o Draft de 2013.[4] O 22 de febreiro de 2014, foi cortado polos Hawks.[5]

O 31 de marzo de 2014, asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.[6] O 10 de abril de 2014, asinou cos Kings para o resto da tempada.[7]

O 29 de setembro de 2014, asinou cos Los Angeles Clippers.[8] O 7 de xaneiro de 2015 foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Cenk Akyol ós Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do Draft de Sergei Lishouk.[9] Ese mesmo día, foi cortado polos Sixers.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.