composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Cefpodoxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. A fórmula farmacéutica é cefpodoxima-proxetilo, un éster que se transforma na forma activa no organismo humano. 130 miligramos deste éster corresponden a 100 mg de cefpodoxima[1].
Cefpodoxima | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefpodoxima é activa fronte a bacterias grampositivas: Staphylococcus aureus, Staphylococcus saprophyticus, Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén presenta actividade fronte a Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae, Proteus mirabilis, Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis e Neisseria gonorrhoeae. Tamén presenta actividade in-vitro (non existen estudos de eficacia clínica) fronte a Streptococcus agalactiae, Citrobacter diversus, Klebsiella oxytoca, Proteus vulgaris, Providencia rettgeri, Haemophilus parainfluenzae e Peptostreptococcus magnus[2].
Unicamente existe formulación oral. A dose convencional é de 200 a 400 miligramos cada 12 horas. A dose debe reducirse en insuficiencia renal (filtrado menor de 40) e en poboación pediátrica.
Cefpodoxima está catalogada na categoría B da FDA. Non obstante secrétase no leite materno en importantes cantidades, polo que se desaconsella o seu uso durante a lactación3.
A axencia española de medicamentos recolle tres indicacións: sinusite aguda bacteriana, amigdalite e exacerbación aguda da bronquite crónica[3].
Os máis salientables son as molestias gastrointestinais e a diarrea.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.