Staphylococcus saprophyticus
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Staphylococcus saprophyticus é unha especie de bacteria grampositiva con forma de coco pertencente ao xénero Staphylococcus.[1] É unha causa común de infeccións do tracto urinario adquiridas na comunidade.[2][3]
Staphylococcus saprophyticus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
S. saprophyticus en ágar de Mueller-Hinton mostrando a resistencia á novobiocina característica para a identificación da especie | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
S. saprophyticus, un organismo coagulase negativo, non foi recoñecido como causante de infeccións do tracto urinario ata inicios da década de 1970, máis de dez anos despois de que se demostrase a súa presenza en espécimes de urina.
En humanos, S. saprophyticus encóntrase na flora normal do tracto xenital feminino[3] e no perineo.[4] Tamén foi illado doutras fontes, como produtos cárnicos e queixos, verduras, no medio ambiente e nos tractos gastrointestinal humano e animal.[4] Causa do 10 ao 20% das infeccións do tracto urinario. En mulleres de 17 a 27 anos, é a segunda causa máis común de infeccións do tracto urinario adquiridas na comunidade, despois de Escherichia coli.[5] A actividade sexual incrementa o risco de infeccións por esta bacteria porque durante a relación se despraza desde a flora normal da vaxina e perineo e penetra na uretra.[3] Na maioría dos casos a infección aparece 24 horas despois da relación sexual.[3][6] S. saprophyticus ten a capacidade de adherirse selectivamente ao urotelio humano. As adhesinas de S. saprophyticus son unha estrutura de lactosamina. S. saprophyticus non produce exotoxinas.[3]
Os pacientes con infeccións do tracto urinario causadas por S. saprophyticus presentan xeralmente cistite sintomática. Entre os síntomas están unha sensación de ardor cando pasa a urina, urxencia de ouriñar con máis frecuencia do habitual, un 'efecto de goteo' despois de ouriñar, vexiga débil, unha sensación de estar inchado con dores punxentes na parte inferior do abdome arredor das áreas da vexiga e ovarios, e dores agudas durante as relacións sexuais. Tamén se observou dor de costado, que pode ser confundido con síntomas de ter cálculos renais. Obsérvanse ás veces signos e síntomas de afectación renal.[7]
O sedimento urinario dun paciente con infección de tracto urinario por S. saprophyticus ten un aspecto característico visto ao microscopio, observándose leucocitos, eritrocitos e aglomeración debida á adhesión de cocos a elementos celulares. Os métodos de cribado químico para bacteriuria, como o da glicosa e nitrato na urina non sempre detectan a infección por S. saprophyticus. Isto débese a que, a diferenza das enterobacteriáceas gramnegativas causantes de infeccións de tracto urinario,, S. saprophyticus non reduce o nitrato e ten un tempo de xeración máis longo, polo que non consome a glicosa tan rapidamente. Mesmo cando ocorre unha infección por riba do colo da vexiga, só hai un baixo número de unidades formadoras de colonias (menos de 105 UFC/ml).[8]
S. saprophyticus identifícase como pertencente ao xénero Staphylococcus usando a tinguidura de Gram e a proba da catalase. Identifícase como unha especie de estafilococos coagulase negativos usando a proba da coagulase. Ultimamente, S. saprophyticus diferénciase de S. epidermidis, outra especie coagulase negativa patóxena, testándoa para a susceptibilidade ao antibiótico novobiocina. S. saprophyticus é resistente á novobiocina, mentres S. epidermidis é sensible a el.[3]
As infeccións de tracto urinario por S. saprophyticus son tratadas xeralmente con trimetoprim-sulfametoxazol ou cunha quinolona como a norfloxacina.[3] Tamén é susceptible á ampicilina e ceftriaxona.[9]
Os moitos remedios caseiros ou tratamentos naturais das infeccións de tracto urinario non están clinicamente probados, como o uso de zume de arandos, a alcalinización e moitos tipos de plantas e especies comúns. Porén, algúns deles precen afectar á formación de biofilmes sobre superficies ou equipamento médico, e noutras situacións in vitro.[10][11][12][13][14][15]
Existen dúas subespecies de S. saprophyticus, chamadas S. s. bovis e S. s. saprophyticus, esta última é a que se adoita encontrar en infeccións de tracto urinario humanas. S. s. saprophyticus é nitrato-redutase negativo e pirrolidonil-arilamidase negativo, mentres que S. saprophyticus bovis é nitrato-redutase positivo e pirolidonil-arilamidase negativo.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.