Castelo do Neiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Castelo do Neiva é unha freguesía portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 7,64 km² de superficie e 2930 habitantes (2011)[1]. A súa densidade de poboación é de 383,5 hab/km². Centro de pesca tradicional, onde aínda se practica a recollida do sargazo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Concello | Viana do Castelo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7,64 km² | ||||
Poboación da freguesía de Castelo do Neiva [2] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
1 455 | 1 519 | 1 666 | 1 702 | 1 935 | 2 054 | 2 054 | 2 595 | 3 119 | 3 443 | 3 167 | 3 390 | 3 244 | 3 203 | 2 930 |
Nos arredores da praia hai restos arqueolóxicos da Idade do Ferro.
Tamén coñecido como "Monte do Castelo de Neiva", atópase na marxe dereita do río que lle deu nome (Neiva).
As escavacións arqueolóxicas realizadas no xacemento durante a primeira metade da década dos 80 (s. XX), puxeron ao descuberto unha vila de considerábeis dimensións, cun sistema defensivo de muralla reforzada por torreóns no lado sur, acompañando a xeografía do terreo.
A zona delimitada polo muro interior alberga unha gran densidade de estruturas de carácter doméstico con predominancia circular (en cuxa construción se empregou o propio afloramento rochoso), algunhas das cales teñen vestíbulo e están separadas por rúas empedradas en granito. Entre estes elementos, destaca unha vivenda polo feito de posuír unha especie de asento corredizo cuberto por placas rectangulares de lousa.
As investigacións tamén mostraron a reutilización do espazo en épocas posteriores, especialmente durante o período de ocupación romana do actual territorio portugués. A este sentido sinalan algúns materiais exhumados durante as diferentes campañas, como artefactos de bronce (entre eles unha fibela), e fragmentos cerámicos comúns e importados que dan fe da inserción da vila nunha rede de relacións comerciais extensa.[3]
Antigamente chamábase Neiva ou Castelo. Esta freguesía de Ribeira Neiva formaba, xunto coa de São Romão, a aldea que, en tempos de D. Xoán I, se chamaba Aguiar de Neiva.
Unha das primeiras referencias que hai da parroquia é que Ermenegildo Muniz (irmán de Egas Moniz, o Aio) foi alcalde desta vila e castelo. No século XII o alférez Nuno Soares Velho gobernou o territorio de Neiva, desde 1127; Soares era unha figura influente no Reino de Portugal, na corte de Afonso Henriques e Tareixa de León.
Neiva pertenceu ao padroado real, converténdose despois na abadía da presentación dos arcebispos de Braga, por permuta confirmada polo rei D. Dinis, en 1307.
Menciónase nas Indagacións afonsinas de 1220 e 1258, sendo Santiago como patrón. A igrexa de Santiago Maior, porén, é anterior ao a século X.
En 1290, nas primeiras Indagacións de D. Dinis, aparece coa categoría de "freguesia", no xulgado de Neiva.
Na tributación das igrexas realizada en 1320, Santiago de Neiva fixouse en 120 libras.
Após a aclamación de Xoán I polas cortes de Coímbra, Nuno Álvares Pereira fixo unha viaxe diplomática, militar e de peregrinación a Santiago de Compostela, durante a que tomou o castelo, hoxe desaparecido e reaproveitadas as súas pedras. Segundo a lenda, o castelo de Neiva era duro e ben defendido pero unha frecha alcanzou certeira e case milagreiramente ao alcaide, o que provocou a rendición do sitio; o episodio é conmemorado na actualidade na feira medieval de Viana do Castelo.[4]
No rexistro do cobro das "colleitas" dos beneficios eclesiásticos do Arcebispado de Braga, realizado por D. Jorge da Costa, entre 1489 e 1493, Neiva tiña unha renda de 20 libras, correspondentes a 520 réis, en diñeiro con "morturas" e 26 réis de décimos da colleita.
Américo Costa califica esta parroquia, que segundo di se chamaba, primeiro, Santiago de Neiva e, só despois, Castelo do Neiva, como abadía da presentación do Ordinario.
Administrativamente, e por ser sempre da Terra de Neiva, pasou a formar parte do termo e concello de Barcelos, até comezos do século XIX, cando pasou a ser parte do concello de Viana do Castelo.
Situada nun medio rural e bordeada por campos de cultivo. Rexistra unha grande afluencia de turistas no verán. Nos arredores hai restos da Idade do Ferro.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.