estados membros da Confederación Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Os 26 cantóns de Suíza son os estados membros da Confederación Suíza. Cada cantón foi un estado soberano, coas súas propias fronteiras, exército e moeda dende a Paz de Westfalia (1648) até o estabelecemento do Estado Federal Suízo en 1848. O cantón máis recente é o Cantón do Xura, que se separou do de Berna en 1979.
No século XVI, a Antiga Confederación Suíza estaba composta por trece cantóns soberanos, dos que había dous tipos diferentes: seis de campo (ou bosque) e sete cantóns de cidade (ou urbanos). Aínda que tecnicamente formaban parte do Sacro Imperio Romano, convertéronse en independentes de facto, cando os suízos derrotaron a Maximiliano I na batalla de Dornach en 1499. Despois disto os seis cantóns de campo estabelecéronse como repúblicas democráticas, mentres que os sete cantóns urbanos foron repúblicas oligárquicas controladas por familias nobres.
Hoxe en día cada cantón ten a súa propia constitución, lexislatura, goberno e cortes. A maioría deles son Parlamentos Unicamerais, variando o seu tamaño dende os cincuenta e oito aos douscentos escanos, e uns poucos son Asembleas Xerais, coñecidas como Landsgemeinden. Os gobernos adoitan ser de entre cinco ou sete membros.
A constitución da Confederación Suíza, declara aos cantóns soberanos na medida de que a súa soberanía non estea limitada pola lei federal. Os cantóns tamén conservan tódalas facultades e competencias non delegadas á Confederación pola Constitución. As responsabilidades máis significantes dos cantón son a sanidade, benestar social, educación ou a recadación dos tributos. As constitucións cantonais tamén determinan o grao de autonomía que delegan nos seus municipios, mais case sempre inclúen a facultade de recadar impostos e aprobar leis municipais. As superficies dos cantóns varían entre 37 e 7.105 km² e as poboacións entre 14.900 e 1 244 400.
Ao igual que no ámbito federal, tódolos cantóns réxense por democracia directa, é dicir os cidadáns poden solicitar unha votación popular para modificar a Constitución ou as leis cantonais ou vetar as leis ou proxectos de lei de gastos aprobadas no parlamento. As Asembleas Xerais populares (Landsgemeinde) limítase agora aos cantóns de Appenzell Interior e Glarus. En tódolos demais cantóns exércense os dereitos democráticos por votación secreta.
Os cantóns están listados pola súa orde na Constitución Federal, utilizada nos documentos oficiais suízos. Os primeiros da lista son os tres cantóns cidade que se consideran preeminentes na Antiga Confederación Suíza e os outros cantóns enuméranse na orde de adhesión á Confederación. Esta tradicional orde de precedencia entre os cantóns non ten importancia práctica no moderno Estado federal, no que os cantóns son iguais entre si.
Hai vinte e tres cantóns en Suíza, mais tres deles son están formados por dous semicantóns independentes (Basilea: Basilea-Campo e Basilea-Cidade, Appenzell: Appenzell Exterior e Appenzell Exterior e Unterwalden: Nidwalden e Obwalden), xa sexa porque as dúas comunidades sempre estiveron separadas (Unterwalden) ou polas históricas guerras de relixións (as dúas Basilea e os Appenzell).
Band | Código | Cantón | Dende | Capital | Poboación[1] | Área[2] | Densidade[3] | № munic. | Linguas oficiais |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ZH | Zürich | 1351 | Zürich | 1 307 567 | 1.729 | 701 | 171 | Alemán | |
BE | Berna | 1353 | Berna | 962.982 | 5.959 | 158 | 395 | Alemán, francés | |
LU | Lucerna | 1332 | Lucerna | 363.475 | 1.493 | 233 | 96 | Alemán | |
UR | Uri | 1291 | Altdorf | 34.989 | 1.077 | 33 | 20 | Alemán | |
SZ | Schwyz | 1291 | Schwyz | 141.024 | 908 | 143 | 30 | Alemán | |
OW | Obwalden | 1291 | Sarnen | 33.997 | 491 | 66 | 7 | Alemán | |
NW | Nidwalden | 1291 | Stans | 40.287 | 276 | 138 | 11 | Alemán | |
GL | Glarus | 1352 | Glarus | 38.237 | 685 | 51 | 25 | Alemán | |
ZG | Zug | 1352 | Zug | 109.141 | 239 | 416 | 11 | Alemán | |
FR | Friburgo | 1481 | Friburgo | 263.241 | 1.671 | 141 | 168 | Francés, alemán | |
SO | Soleura | 1481 | Soleura | 250.240 | 791 | 308 | 125 | Alemán | |
BS | Basilea-Cidade | 1501[4] | Basilea | 185.227 | 37 | 5.072 | 3 | Alemán | |
BL | Basilea-Campo | 1501[4] | Liestal | 269.145 | 518 | 502 | 86 | Alemán | |
SH | Schaffhausen | 1501 | Schaffhausen | 74.527 | 298 | 246 | 32 | Alemán | |
AR | Appenzell Exterior | 1513[5] | Herisau[6] | 52.654 | 243 | 220 | 20 | Alemán | |
AI | Appenzell Interior | 1513[5] | Appenzell | 15.471 | 173 | 87 | 6 | Alemán | |
SG | Sankt Gallen | 1803 | Sankt Gallen | 465.937 | 2.026 | 222 | 88 | Alemán | |
GR | Grisóns | 1803 | Coira | 188.762 | 7.105 | 26 | 203 | Alemán, romanche, italiano | |
AG | Argovia | 1803 | Aarau | 581.562 | 1.404 | 388 | 229 | Alemán | |
TG | Turgovia | 1803 | Frauenfeld | 238.316 | 991 | 229 | 80 | Alemán | |
TI | Tesino | 1803 | Bellinzona | 328.580 | 2.812 | 110 | 190 | Italiano | |
VD | Vaud | 1803 | Lausana | 672.039 | 3.212 | 188 | 376 | Francés | |
VS | Valais | 1815 | Sion | 298.580 | 5.224 | 53 | 153 | Francés, alemán | |
NE | Neuchâtel | 1815 | Neuchâtel | 169.782 | 803 | 206 | 62 | Francés | |
GE | Xenebra | 1815 | Xenebra | 438.177 | 282 | 1.442 | 45 | Francés | |
JU | Xura | 1979[7] | Delémont | 69.555 | 838 | 82 | 83 | Francés | |
CH | Suíza | Berna | 7 593 494 | 41.285 | 174 | 2.715 | Alemán, francés, italiano, romanche |
Os códigos ou abreviaturas de dúas letras son empregados con moita frecuencia para referirse aos distintos cantóns. Por exemplo, as matrículas dos vehículos, o código ISO 3166-2:CH co prefixo "CH-", (por exemplo: CH-GR para o cantón de Grisóns) ou nas páxinas web oficiais dos cantóns, por exemplo a de Tesino é www.TI.ch.
Os primeiros tres cantóns da confederación, incorporados en 1291 son os de Uri, Schwyz e Unterwalden (hoxe dividido en dous semi-cantóns: Obwalden e Nidwalden). Máis tarde, entre 1335 e 1353, incorporáronse outros cinco cantóns máis, pasando a ser unha confederación de oito: Lucerna (1335), Zürich (1351), Zug (1352), Glaris (1352) e Berna (1353).
Xa no século XV a confederación pasou paulatinamente a ter trece cantóns, coas incorporacións de Friburgo e Soleura en 1484, Basilea (separado en Basilea-Cidade e Basilea-Campo) e Schaffhausen en 1501, e Appenzell en 1513 (logo separado en Appenzell Interior e Appenzell Exterior).
En 1803 Coa República Helvética sumáronse cinco novos cantóns Sankt Gallen, Argovia, Turgovia, Tesino e Vaud. Finalmente chegando á Suíza actual coa incorporación dos Grisóns, Valais, Neuchâtel e Xenebra en 1815. O último troco foi en 1979, cando o cantón de Xura separouse do de Berna.
Abr. | Galego | Alemán | Francés | Italiano | Romanche | Latín |
---|---|---|---|---|---|---|
AI | Appenzell Interior | Appenzell Innerrhoden (axuda · info) | Appenzell Rhodes-Intérieures | Appenzello Interno | Appenzell dadens | Abbatis Cella exterior |
AR | Appenzell Exterior | Appenzell Ausserrhoden (axuda · info) | Appenzell Rhodes-Extérieures | Appenzello Esterno | Appenzell dador | Abbatis Cella interior |
AG | Argovia | Aargau (axuda · info) | Argovie | Argovia | Argovia | Argovia |
BL | Basilea-Campo | Basel-Landschaft (axuda · info) | Bâle-Campagne | Basilea-Campagna | Basilea-Champagna | Basilia Rus |
BS | Basilea-Cidade | Basel-Stadt (axuda · info) | Bâle-Ville | Basilea-Città | Basilea-Citad | Basilia Urbs |
BE | Berna | Bern (axuda · info) | Berne | Berna | Berna | Berna |
FR | Friburgo | Freiburg (axuda · info) | Fribourg | Friburgo | Friburg | Friburgum |
GL | Glarus | Glarus (axuda · info) | Glaris | Glarona | Glaruna | Glarona |
GR | Grisóns | Graubünden (axuda · info) | Grisons | Grigioni | Grischun | Grisonia |
LU | Lucerna | Luzern (axuda · info) | Lucerne | Lucerna | Lucerna | Lucerna |
NE | Neuchâtel | Neuenburg (axuda · info) | Neuchâtel | Neuchâtel | Neuchâtel | Novicastrum |
NW | Nidwalden | Nidwalden (axuda · info) | Nidwald | Nidvaldo | Sutsilvania | Subsilvania inferior |
OW | Obwalden | Obwalden (axuda · info) | Obwald | Obvaldo | Sursilvania | Subsilvania superior |
SG | Sankt Gallen | St. Gallen (axuda · info) | Saint-Gall | San Gallo | Son Gagl | Sanctogallum |
SH | Schaffhausen | Schaffhausen (axuda · info) | Schaffhouse | Sciaffusa | Schaffusa | Scafusa |
SZ | Schwyz | Schwyz (axuda · info) | Schwyz (ou Schwytz) | Svitto | Sviz | Suitia |
SO | Soleura | Solothurn (axuda · info) | Soleure | Soletta | Soloturn | Solodurum |
TI | Tesino | Tessin (axuda · info) | Tessin | Ticino | Tessin | Ticinum |
TG | Turgovia | Thurgau (axuda · info) | Thurgovie | Turgovia | Turgovia | Turgovia |
UR | Uri | Uri (axuda · info) | Uri | Uri | Uri | Urania |
VS | Valais | Wallis (axuda · info) | Valais | Vallese | Vallais | Valesia |
VD | Vaud | Waadt (axuda · info) | Vaud | Vaud | Vad | Pagus Valdensis |
GE | Xenebra | Genf (axuda · info) | Genève | Ginevra | Genevra | Genava |
JU | Xura | Jura (axuda · info) | Jura | Giura | Giura | Jura |
ZG | Zug | Zug (axuda · info) | Zoug | Zugo | Zug | Tugium |
ZH | Zürich | Zürich (axuda · info) | Zürich | Zurigo | Turitg | Turicum |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.