Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sarnen é unha comuna suíza, capital do cantón de Obwalden, situada no centro do cantón, na fronteira co cantón de Lucerna. Limita ao norte con Alpnach, ao leste con Kerns e Sachseln, ao sur con Giswil, e ao leste con Flühli (LU), Hasle (LU) e Entlebuch (LU). Ten unha poboación de 9500 persoas, dos cales 1100 son da nacionalidade estranxeira (2000). Hai 800 negocios locais que empregan a 5857 persoas. O 9% destes están no sector agrícola, o 31% en industria e comercio, e o 60% en servizos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Obwalden | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.368 (2018) (148,09 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 70,01 km² | ||||
Bañado por | Lago Sarnen (pt) , Lago Wichelsee (pt) e Sarner Aa (en) | ||||
Altitude | 471 m-1.309 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6060 e 6061 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 041 | ||||
Código de municipio suízo | 1407 | ||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 2776 | ||||
Sitio web | sarnen.ch |
Os achados da idade de pedra e da idade de bronce proban que o val de Sarnen foi habitado a partir dos tempos máis temperáns. Cos anos Sarnen converteuse nun gran centro de negocios e que pode ollar atrás con orgullo nos seus séculos de historia. Por todas partes pódese admirar o centro histórico da cidade que proporciona evidencias da historia que sempre cambia.
Sarnen está na beira do idílico lago de Sarnen. O lago cobre unha área aproximada de 7,5 km². A cidade é rodeada por cadeas de montañas e un pantano protexido atópase nas proximidades. A altitude media é de 473m. A montaña máis coñecida preto de Sarnen é o monte Pilatus cunha elevación de 2.132 metros (6.994 pés).
Fan parte do territorio comunal as localidades de: Bitzighofen, Glaubenberg-Langis, Kägiswil, Kirchhofen, Oberwilen, Ramersberg, Stalden e Wilen.
A cidade de Sarnen experimentou o excedente constante de crecemento nos últimos anos. A cidade converteuse nun grande atractivo habitacional grazas á súa proximidade da cidade de Lucerna. Moitos viaxeiros traballan en Lucerna e utilizan a autoestrada ou o ferrocarril para ir ao traballo.
Moita xente prefire a forma de vida relaxada e non tan urbanizada como a de Sarnen. Como todo hai algunhas compañías importantes en Sarnen que teñen condicións de traballo excelentes. Entre elas algunhas compañías internacionais como Sarna Polymer Holding (sistemas da impermeabilización para a industria da construción e de enxeñería civil), Leister technologies e Nahrin AG (nutrición).
A xente de Sarnen séntese orgullosa de tan só ver a paisaxe que os rodea. As posibilidades de facer todo tipo de deportes ao aire libre, realmente, é unha cidade cun excelente nivel de vida. Aínda que Sarnen sexa pequeno, nel pódese atopar todo o que se necesita, isto inclúa os hipermercados, a escola primaria e secundaria, hospitais, administración pública e por suposto forzas de seguridade como a policía.
En autoestrada, a A8 pasa por Sarnen, saídas: Sarnen Süd e Sarnen Nord.
A estación do ferrocarril sitúase no centro da cidade. Sarnen atópase na liña ferroviaria Lucerna Interlaken. Toma 23 minutos en tren para chegar a Lucerna e 1h30 a Interlaken. En Lucerna pódese chegar a todas as cidades suízas importantes e a varios destinos internacionais. Os trens son manexados polos SBB-CFF-FFS, ferrocarrís federais suízos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.