Remove ads
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Glarus é un cantón de Suíza, a súa capital é Glarus. A superfie do cantón é de 685 km² e a poboación de 38.500 habitantes. A lingua oficial é o alemán e hai unha minoría do 6.8% de lingua italiana. O 42% da poboación é protestante e o 37% católica.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Glarona (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.403 (2018) (58,96 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 685,3 km² | ||||
Altitude | 472 m | ||||
Punto máis alto | Tödi (en) (3.612 m) | ||||
Punto máis baixo | Linth (en) (412 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1352 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Landsgemeinde Glarus (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-GL | ||||
Código NUTS | CH051 | ||||
Sitio web | gl.ch | ||||
O cantón limita ao norte e ao leste co cantón de Sankt Gallen, ao sur cos Grisóns, e ao oeste cos cantóns de Uri e Schwyz.
O cantón de Glarus está dominado polo profundo val do río Linth. Gran parte do seu territorio é montañoso. O punto máis alto do cantón é o pico Tödi, con 3.614 m, situado nos Alpes Glaroneses. No norte do cantón está o lago de Walen (Walensee), que fai de fronteira co cantón de Sankt Gallen. A superficie do cantón de Glarus é de 685 km², dos cales preto da metade son considerados produtivos. A silvicultura é un sector importante da economía cantonal.
Os habitantes do val do Linth foron convertidos ao cristianismo no século VII polo misioneiro irlandés San Fridolino, quen fundou o convento de Säckingen, preto de Basilea. A partir do século IX a zona arredor de Glarus pertencía ao convento. En 1288, os Habsburgo reclamaron parte dos dereitos do convento, o que provocou en 1352 a unión de Glarus á Confederación Helvética.
Entre 1506 e 1516 o reformador Ulrico Zuinglio foi pastor de Glarus, aínda que non puido pór fin ás desputas entre católicos e protestantes, e en 1564 todos os seus seguidores foran eliminados. Para asegurar a paz, en 1623 cada partido tiña dereito a ter cadansúa Landsgemeinde. Entre 1798 e 1803, durante a República Helvética imposta por Napoleón, Glarus pasou a formar parte do extinto cantón Linth. En 1836 a constitución foi adaptada para unir as asembleas e así poder establecer unha soa Landsgemeinde.
A xeografía do cantón axudou a fundar moitas tellerías no século XVII. Tamén as montañas circundantes foron unha vantaxe para a industrialización. A industria de filamentos de algodón foi moi importante no século XVIII.
O elevamento bovino de produción casera non foi substituído coa industrialización, sendo aínda o pastoreo na montaña unha actividade importante.
Desde xullo de 2006 o cantón de Glarus está composto por vinte e cinco comunas:
Betschwanden, Bilten, Braunwald, Elm, Engi, Ennenda, Filzbach, Glaris, Haslen, Linthal, Luchsingen, Matt, Mitlödi, Mollis, Mühlehorn, Näfels, Netstal, Niederurnen, Oberurnen, Obstalden, Riedern, Rüti, Schwanden, Schwändi e Sool.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.