Remove ads
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
A República e Cantón de Neuchâtel (/reˈpuβlika̝ ɛ kanˈtoŋ de newt͡ʃaˈtɛl/; en francés: République et Canton de Neuchâtel [ʁe.py.blik e kɑ̃.tɔ̃ də nɘʃatel]),[1] ou tan só cantón de Neuchâtel,[2] é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Forma parte da gran rexión de Espace Mittelland, que comprende tamén os cantóns de Berna, Friburgo, Xura e Soleura. A súa capital e cidade máis poboada é a vila homónima de Neuchâtel.
Neuchâtel (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Neuchâtel | ||||
Contén a división administrativa | Boudry District (en) Distrito de La Chaux-de-Fonds (pt) Le Locle District (en) Neuchâtel District (en) Val-de-Ruz District (en) Val-de-Travers District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 176.850 (2018) (220,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 802,24 km² | ||||
Altitude | 430 m | ||||
Punto máis alto | Chasseral Ouest (en) (1.552 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago de Biena (429 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1034 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Grand Council of Neuchâtel (en) , (Escano: 100) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-NE | ||||
Código NUTS | CH024 | ||||
Sitio web | ne.ch | ||||
O cantón atópase ao nordeste de Suíza, na cordilleira do Xura. Abrangue a zona baixa que abeira o lago de Neuchâtel, coñecida como Littoral ou Bas, e unha meseta máis alta a uns 1.000 metros de altitude, coñecida como Les montagnes neucâteloises ou Haut. A cidade de Neuchâtel está situada ás beiras do lago, mentres que as vilas de La Chaux-de-Fonds e Le Locle se encontran na montaña. Limitan coa fronteira francesa localizada no Doubs, chamado así polo río de mesmo nome que corta o val en dous. A parte inferior estendese dende Vaumarcus ata o límite do lago de Biel. Entre o Haut e o Bas existen varios vales, como o Val-de-Travers, ao oeste do cantón, e o Val-de-Ruz, no centro.
O cantón de Neuchâtel culmina ao oeste do Chasseral, cunha altitude de 1.552 metros[3]. Os seus puntos máis baixos atópanse ás beiras dos lagos de Biel e de Neuchâtel, con 429 metros de altitude. Con 802,16 km2 de superficie territorial, é o décimo quinto cantón máis grande de Suíza.
Historicamente o cantón estaba dividido en seis distritos, que xuntos formaban as catro rexións do cantón: o distrito de Neuchâtel e o distrito de Boudry forman xuntos a rexión Littoral, o distrito de Val-de-Ruz e o de Val-de-Travers forman cada un unha rexión propia. Os distritos de La Chaux-de-Fonds e Le Locle forman a rexión de Montagnes. Os distritos suprimíronse o 1 de xaneiro de 2018 e as rexións pasaron a ser un nivel estatístico, mais xa non administrativo[4].
O cantón de Neuchâtel conta con 27 comunas, catro das cales posúen máis de 10.000 habitantes: Neuchâtel con 44.568, La Chaux-de-Fonds con 36.915, Val-de-Ruz con 17.143 e Val-de-Travers con 10.579. Le Locle, con 9.864, achégase a estes números.
Nome | N° OFS[5] | Rexión[6] | Poboación | Superficie (km2) |
Densidade (hab./km2) |
|
---|---|---|---|---|---|---|
Boudry | 6404 | Littoral | 6.193 | 16,77 | 369 | |
Cortaillod | 6408 | Littoral | 4.697 | 3,69 | 1.273 | |
Rochefort | 6413 | Littoral | 1.291 | 25,84 | 50 | |
Milvignes | 6416 | Littoral | 9.063 | 8,78 | 1.032 | |
La Grande Béroche | 6417 | Littoral | 8.825 | 42,21 | 209 | |
La Chaux-de-Fonds | 6421 | Montagnes | 36.915 | 55,66 | 663 | |
Les Planchettes | 6422 | Montagnes | 210 | 11,73 | 18 | |
La Sagne | 6423 | Montagnes | 1.058 | 25,55 | 41 | |
La Brévine | 6432 | Montagnes | 624 | 41,82 | 15 | |
Brot-Plamboz | 6433 | Montagnes | 290 | 16,03 | 18 | |
Le Cerneux-Péquignot | 6434 | Montagnes | 313 | 15,67 | 20 | |
La Chaux-du-Milieu | 6435 | Montagnes | 514 | 17,28 | 30 | |
Le Locle | 6436 | Montagnes | 9.864 | 23,14 | 325 | |
Les Ponts-de-Martel | 6437 | Montagnes | 1.230 | 18,23 | 67 | |
Cornaux | 6451 | Littoral | 1.587 | 4,72 | 336 | |
Cressier | 6452 | Littoral | 1.892 | 8,55 | 221 | |
Enges | 6453 | Littoral | 266 | 9,59 | 28 | |
Hauterive | 6454 | Littoral | 2.636 | 2,12 | 1.243 | |
Le Landeron | 6455 | Littoral | 4.642 | 10,31 | 450 | |
Lignières | 6456 | Littoral | 979 | 12,51 | 78 | |
Neuchâtel | 6458 | Littoral | 44.568 | 18,1 | 1.478 | |
Saint-Blaise | 6459 | Littoral | 3.258 | 8,87 | 367 | |
La Tène | 6461 | Littoral | 5.176 | 5,44 | 951 | |
Val-de-Ruz | 6487 | Val-de-Ruz | 17.143 | 124,26 | 138 | |
La Côte-aux-Fées | 6504 | Val-de-Travers | 458 | 12,85 | 36 | |
Les Verrières | 6511 | Val-de-Travers | 646 | 28,68 | 23 | |
Val-de-Travers | 6512 | Val-de-Travers | 10.579 | 124,91 | 85 |
A xeomorfoloxía do cantón é de tipo cárstico, o que dificulta a existencia dun gran número de lagos e ríos. Malia isto, hai varios lagos e ríos no cantón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.