La Chaux-de-Fonds

From Wikipedia, the free encyclopedia

La Chaux-de-Fondsmap

La Chaux-de-Fonds é unha cidade suíza pertencente ao cantón de Neuchâtel, a uns poucos quilómetros da estrema con Francia. Segundo datos do 2020 posúe 36.915 habitantes. A súa industria reloxeira, estudada por Karl Marx en Das Kapital, e a súa particular arquitectura, produto da reconstrución efectuada tras o lume que a destruíu completamente en 1794, valeulle, xunto coa veciña localidade de Le Locle, ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2009.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
La Chaux-de-Fonds
Imaxe

Localización
 47°05′59″N 6°49′46″L
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Neuchâtel
Capital de
Poboación
Poboación38.965 (2016) (7 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaMontagnes region (en)
Parte de
Superficie5.566 km²
Bañado porRio Doubs (pt)
Altitude1.039 m-997 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Théo Huguenin-Elie (en) (2020–)
Identificador descritivo
Código postal2300 e 2301
Prefixo telefónico032
Código de municipio suízo6421
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 2655

Sitio webchaux-de-fonds.ch
Pechar

Xeografía

Situada na Cordilleira do Xura, a 1.000 metros de altitude, é a segunda cidade de maior altitude de Suíza, logo de Davos. Por poboación, é a terceira cidade francófona do país, tras Xenebra e Lausana, e a décimo terceira de todo o estado, sendo a máis poboada do cantón, malia non ser a capital. A cidade limita ao norte con Francia e o municipio de Les Bois, ao leste con La Ferrière, Renan, Fontaines e Les Hauts-Geneveys, ao sur con La Sagne, ao suroeste con Le Locle, e ao oeste con Les Planchettes.

O clima é frío, condicionado pola altitude. A media das mínimas en xaneiro é de 6,4 °C baixo cero, sendo a temperatura media do mes de 2 °C baixo cero. No mes máis cálido, xullo, a media das máximas non acada os 20 °C e a media de todo o mes é de 14,3 °C. Compárense estes datos coa principal cidade francófona, Xenebra, (-1'9 °C, 0'9 °C, 25'3 °C e 19'3 °C, respectivamente). Trátase, xa que logo, dunha das cidades máis frías de todo o país, só superada por Davos.

Historia

Aínda que os vestixios arqueolóxicos da zona remóntanse ao Mesolítico, co achado dun cranio dun home de Cro-Magnon, a fundación da cidade coma tal non se produciu ata o 2 de decembro de 1656. O desenvolvemento posterior que experimentaría a cidade debeuse principalmente á creación dunha potente industria reloxeira e micromecánica, na que salientou Pierre Jacquet-Droz. Un familiar seu nado na mesma localidade, Jean Pierre Droz, foi un importante gravador e deseñador de moeda, así como desenvolvedor de novas técnicas e instrumentos de cuñaxe.[1] Foi precisamente este feito industrial o que espertou a curiosidade de Karl Marx, quen describiu a La Chaux-de-Fonds como unha "cidade factoría" e analizou a división do traballo da industria reloxeira do Xura na súa obra Das Kapital.

A cidade foi devastada polo lume en 1794, creándose un plan para a súa reconstrución en 1835 da man de Charles-Henri Junod, o que motivou que a cidade pasase a ser coñecida polo seu moderno urbanismo. En 1848 participou activamente na revolución daquel ano; en efecto, o carácter industrial da vila facilitou a difusión de ideais de esquerda, aspecto que aínda hoxe se ve reflectido coa alcaldía ostentada polos comunistas do Partido Suízo do Traballo.

Cultura

Thumb
Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro de Le Chaux-de-Fonds de 1863

A súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO ten moito que ver coa reconstrución da que foi obxecto no século XIX e esta, á súa vez, fíxose pensando na súa principal actividade, a fabricación de reloxos. A cidade pódese dividir en dous núcleos diferenciados, localizadas unha enfronte da outra co Xura como marco natural das mesmas. Ambas as dúas aglomeracións constitúen magníficos exemplos de cidades monoindustriais, de cidades-factoría, como definiu Marx a La Chaux-de-Fonds. A planificación urbana acometida acomodou a transición dunha cidade de artesáns, onde vivendas e obradoiros se mesturan e que data do século XVII, a unha cidade industrial destinada á produción nas fábricas. Noutra orde de cousas, a Art Nouveau tivo unha grande influencia na cultura e arquitectura da cidade a finais do século XIX.

Como non podía ser doutro xeito, La Chaux-de-Fonds é sede do Musée international d'horlogerie, o Museo Internacional da Reloxería, dedicado ao estudo e medición do tempo, así como aos reloxos e cronómetros, dos que amosa pezas antigas e moi valiosas.

A cidade tamén foi o lugar de nacemento do sonado arquitecto Le Corbusier.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.