Basilea-Cidade
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
cantón de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Basilea-Cidade (en alemán: Basel-Stadt, en francés: Bâle-Ville, en italiano: Basilea Città, en romanche: Basilea-Citad) é un semicantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña e Francia. Está composto polos concellos de Bettingen, Riehen e Basilea, sendo este último a súa capital. Dos 26 cantóns de Suíza, o de Basilea-Cidade é o máis pequeno en superficie.
Epónimo | Basilea | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Basilea | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Escindido de | Basilea-Campo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 200.973 (2021) (5.439,05 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 36,95 km² | ||||
Altitude | 260 m | ||||
Punto máis alto | St. Chrischona (en) (522,19 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Rin (244,75 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1833 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Grand Council of Basel-Stadt (en) , (Escano: 100) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-BS | ||||
Código NUTS | CH031 | ||||
Páxina web | bs.ch | ||||
O cantón de Basilea-Cidade foi creado cando o histótico cantón de Basilea foi dividido en 1833 por mor de disputas políticas e un conflito armado relacionados cos dereitos da poboación sobre as terras de cultivo. Isto levou á separación do cantón Basilea-Campo da cidade de Basilea o 26 de agosto de 1833. Dende entón, existe un movemento a prol da reunificación que acadou forza especialmente a partir do ano 1900, cando moitas áreas de Basilea-Campo se industrializaron. Os dous semicantóns acordaron reunirse, mais nas votacións que se realizaron en 1969 e novamente en 2014, a xente de Basilea-Campo votou en contra.
Basilea-Cidade é un semicantón, o que supón que só pode enviar un representante ao Consello dos Estados. A constitución do cantón data de 1889 e o seu parlamento é o Gran Consello, que posúe 100 membros elixidos por un período de 4 anos. Hai oito partidos políticos diferentes representados no parlamento, dos que o Partido Socialista Suízo é o que posúe maior número de cadeiras, 32 (ano 2015).
O poder executivo do cantón (ou Regierungsrat) componse de sete membros. En 2006 había cinco partidos diferentes con representación no executivo.
A poboación do cantón era de 198 290 habitantes o 31 de xaneiro de 2017.[1] En 2007, había 56 106 estranxeiros que facían o 30.29% da poboación total.[2] Segundo datos do ano 2000, o 25% dos habitantes eran católicos e o 27% protestantes. Arredor do 10% pertencía a outras relixións e o 36% non pertencía a ningunha relixión organizada.[3]
Nacionalidades[4] | 1990 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|
Suíza | 77.52 % | 72.44 % | 67.36 % |
Alemaña | 2.60 % | 3.27 % | 7.58 % |
Italia | 6.42 % | 5.44 % | 4.18 % |
Turquía | 3.27 % | 4.38 % | 3.56 % |
Iugoslavia | 2.79 % | 3.13 % | |
Serbia Montenegro Kosovo | 2.46 % | ||
España | 2.78 % | 2.16 % | 1.52 % |
Portugal | 0.42 % | 0.79 % | 1.35 % |
Macedonia do Norte | 1.12 % | 1.17 % | |
Reino Unido | 0.35 % | 0.48 % | 0.96 % |
Francia | 0.59 % | 0.54 % | 0.76 % |
India | 0.12 % | 0.17 % | 0.65 % |
Estados Unidos | 0.25 % | 0.31 % | 0.63 % |
Austria | 0.45 % | 0.45 % | 0.58 % |
Croacia | 0.81 % | 0.54 % | |
Sri Lanka | 0.30 % | 0.63 % | 0.49 % |
Bosnia e Hercegovina | 0.68 % | 0.41 % | |
Países Baixos | 0.18 % | 0.21 % | 0.32 % |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.