From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.
Tipo | campionato do mundo |
---|---|
Deporte | tríatlon |
Organizador | Tríatlon Mundial |
Localización e Datas | |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.
En 1989, fundouse a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e ese mesmo ano, en agosto, celebrouse a primeira edición do Campionato Mundial en Aviñón. Para esa primeira competición estableceuse a distancia olímpica (máis tarde rebautizada a estándar) en 1.5 km a nado, 40 km de bicicleta e 10 km de carreira a pé. As distancias foron escollidas usando as distancias xa presentes nas olimpíadas para cada disciplina individualmente. Máis de 800 atletas que representaban a 40 países competiron no primeiro Campionato do Mundo.[1]
En 1991 decidiuse crear unha competición que constase de varias probas durante o ano, para o que se deu inicio á Copa do Mundo, coroándose deste xeito cada ano un campión mundial e un campión da Copa do Mundo. En 2009 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel, cambiou o nome do Campionato do Mundo polo de Series Mundiais e converteuno nunha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano e arredor do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.[2]
Para a edición de 2020, debido á pandemia por coronavirus, a ITU decidiu que o Campionato Mundial se disputase a unha soa proba, no Tríatlon de Hamburgo.[3]
Na actualidade tan só se disputan probas en categoría elite masculina e feminina (a partir de 18 anos) debido a que as series están conformadas por varias probas en todo o mundo. Non obstante, dende que o campionato do mundo se disputa con este formato, a Gran Final das series faise coincidir cos campionatos do mundo das categorías júnior e sub-23, ademais dos grupos de idade.
Nas Series Mundiais de Tríatlon, hai tres disciplinas diferentes:
Os atletas son seleccionados pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e as federacións nacionais en base aos seus resultados internacionais durante as tempadas anteriores.
Ano | Lugar | Data |
---|---|---|
1989 | Aviñón, Francia | 6 de agosto |
1990 | Orlando, Estados Unidos | 15 de setembro |
1991 | Queensland, Australia | 13 de outubro |
1992 | Muskoka, Canadá | 12 de setembro |
1993 | Manchester, Reino Unido | 22 de agosto |
1994 | Wellington, Nova Zelandia | 27 de novembro |
1995 | Cancún, México | 12 de novembro |
1996 | Cleveland, Estados Unidos | 24 de agosto |
1997 | Perth, Australia | 16 de novembro |
1998 | Lausana, Suíza | 30 de agosto |
1999 | Montreal, Canadá | 12 de setembro |
2000 | Perth, Australia | 30 de abril |
2001 | Edmonton, Canadá | 22 de xullo |
2002 | Cancún, México | 9-10 de novembro |
2003 | Queenstown, Nova Zelandia | 6-7 de decembro |
2004 | Madeira, Portugal | 9 de maio |
2005 | Gamagōri, Xapón | 10-11 de setembro |
2006 | Lausana, Suíza | 2-3 de setembro |
2007 | Hamburgo, Alemaña | 30 de agosto-2 de setembro |
2008 | Vancouver, Canadá | 5-8 de xuño |
Ano | Lugar | Data |
---|---|---|
2009 | Gold Coast, Australia | 9-13 de setembro |
2010 | Budapest, Hungría | 8-12 de setembro |
2011 | Beijing, China | 10-11 de setembro |
2012 | Auckland, Nova Zelandia | 20-21 de outubro |
2013 | Londres, Reino Unido | 14-15 de setembro |
2014 | Edmonton, Canadá | 1 de setembro |
2015 | Chicago, Estados Unidos | 17 |
2016 | Cozumel, México | 11-18 de setembro |
2017 | Rotterdam, Países Baixos | 14-17 de setembro |
2018 | Gold Coast, Australia | 12-16 de setembro |
2019 | Lausana, Suíza | 30 de agosto - 1 de setembro |
2020 | Hamburgo, Alemaña | 5 de setembro |
As iniciais GF identifican o lugar da Gran Final.
País | Cidade | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | Hamburgo | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | GF |
Australia | Gold Coast | GF | • | • | • | GF | |||||||
Sydney | • | • | • | ||||||||||
Austria | Kitzbühel | • | • | • | • | • | |||||||
Bermudas | Bermudas | • | • | ||||||||||
Canadá | Edmonton | GF | • | • | • | • | • | ||||||
Montreal | • | • | • | ||||||||||
China | Beijing | GF | |||||||||||
Corea do Sur | Seúl | • | |||||||||||
Tongyeong | • | ||||||||||||
Emiratos Árabes Unidos | Abu Zabi | • | • | • | • | • | |||||||
España | Madrid | • | • | • | • | • | |||||||
Estados Unidos | Chicago | • | GF | ||||||||||
San Diego | • | • | |||||||||||
Washington, D.C. | • | ||||||||||||
Hungría | Budapest | GF | |||||||||||
México | Cozumel | GF | |||||||||||
Nova Zelandia | Auckland | GF | • | • | • | ||||||||
Países Baixos | Rotterdam | GF | |||||||||||
Reino Unido | Leeds | • | • | • | • | ||||||||
Londres | • | • | • | GF | • | • | |||||||
Nottingham | • | ||||||||||||
Suecia | Estocolmo | • | • | • | • | • | • | ||||||
Suíza | Lausana | • | GF | ||||||||||
Suráfrica | Cidade do Cabo | • | • | • | |||||||||
Xapón | Yokohama | • | • | • | • | • | • | • | • | • | • | ||
Número de carreiras | 8 | 7 | 8 | 8 | 8 | 8 | 10 | 9 | 9 | 9 | 8 | 1 |
Categoría masculina
|
Categoría feminina
|
Masculino
|
Feminino
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.