From Wikipedia, the free encyclopedia
As Series Mundiais de Tríatlon 2019 foron a 11ª edición do Campionato do mundo de tríatlon, a máxima competición internacional de tríatlon, dende o seu establecemento en 2009.
Tipo | Campionato do mundo de tríatlon |
---|---|
Organizador | Tríatlon Mundial |
Localización e Datas | |
Número de edición | 31 (2019) |
Foron organizadas pola Unión Internacional de Tríatlon e consistiron en oito pares de carreiras de tríatlon, en categorías masculina e feminina, comezando o 8 de marzo en Abu Zabi, e concluíndo o 1 de setembro coa gran final en Lausana, Suíza.[1][2] A edición tamén contou con catro carreiras de relevos mixtos das Series de Relevos Mixtos, que ofreceron puntos aos equipos nacionais que se cualificaron, para o a proba de relevos mixtos dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Mario Mola e Vicky Holland comezaron a tempada defendendo o título logrado na edición de 2018. Finalmente o título masculino foi para o francés Vincent Luis, seguido por Mario Mola e Javier Gómez Noya, e o feminino para a estadounidense Katie Zaferes, coas británicas Jessica Learmonth e Georgia Taylor-Brown en segunda e terceira posición.
As Series Mundiais de Tríatlon 2019 visitaron dez cidades, incluíndo unha carreira de proba no circuíto de relevos dos Xogos Olímpicos de 2020 como parte das Series Mundiais de Relevos Mixtos.[3][4]
Probas
|
Relevos Mixtos
|
Por cada carreira que un triatleta finalizou outorgáronse puntos baseándose na posición na que se cruzou a liña de meta. Por unha vitoria nunha proba normal das series mundiais recibíanse 1000 puntos e por cada posto seguinte un 7.5% menos, para os primeiros corenta triatletas. Na gran final, o premio para o gañador eran 1200 puntos e unha vez máis decrecendo un 7.5% por cada posto, pero neste caso os puntos alcanzaban ata o posto 50.º. Con todo, calquera triatleta fóra do tempo de corte non recibiiu puntos mesmo se acaba en posición de puntos, o tempo de corte calculouse engadindo un 5% ao tempo do gañador na proba masculina e un 8% na feminina.
A puntuación final de cada triatleta era a suma dos seus puntos na gran final e nas súas cinco mellores carreiras dese ano.[5][6]
As series de 2019 empezaron cunha carreira de distancia sprint en Abu Zabi dentro e ao redor do porto da illa Yas. Era a 10ª vez que a carreira se celebraba alí e a 5ª vez que se realizaba unha carreira de distancia sprint. O percorrido de natación foi realizado no porto con voltas de 750 metros, antes da transición a fóra do circuíto de Yas Marina. Despois os atletas deron cinco voltas en bicicleta a un percorrido de 4 km ao longo do circuíto de Fórmula 1. Despois da sección de bicicleta, os competidores procederon a completar dúas voltas dun circuíto de 2.5 km circuíto corrido sobre parte da pista de F1 e parte do porto antes de acabar o tríatlon na Marina.[5]
Participaron os dous defensores do título, Mario Mola e Vicky Holland, así como a maior parte dos dez mellores atletas do ano anterior na clasificación final.[7] Tamén competiu o debutante Alex Yee, que gañara a carreira máis recente da Copa do Mundo en Cidade do Cabo.[8]
Na carreira feminina apareceu unha pequena división na proba de natación que se agrandou no segmento ciclista, de tal xeito que á metade do percorrido de bicicleta estableceuse unha fuga de sete atletas. O grupo incluía ás americanas Zaferes, Spivey e Knibb, xunto con Learmonth do Reino Unido. As fuxidas aproveitaron a súa vantaxe de xeito que lle sacaban un minuto ás perseguidoras cando chegaron á segunda transición. Zaferes foi a primeira en chegar ao segmento a pé e liderou o resto da carreira, aumentando a vantaxe sobre as demais para chegar soa á meta. Spivey chegou soa, entre o primeiro posto e a batalla polo terceiro, que foi disputado ao sprint por Knibb e Learmonth, gañándoo esta última.[9][10][11]
No lado masculino, a división apareceu na natación pero ao longo de toda a sección de bicicleta, todo o pelotón foise reagrupando lentamente, de modo que todos os competidores fixeron a última transición ao mesmo tempo. Hayden Wilde, de Nova Zelandia, intentou inicialmente crear un oco na carreira a pé, pero pronto foi alcanzado por Yee e Mola. A parella mantívose unida e liderando ata que, a 500 metros de distancia, Mola aumentou o ritmo para chegar primeiro seguido de Yee. O terceiro en cruzar a liña de meta foi o talaverano Fernando Alarza.[10][12][13]
Proba | Ouro | Prata | Bronce |
Abu Zabi [14] | Mario Mola | Alex Yee | Fernando Alarza |
Bermudas [15] | Dorian Coninx | Javier Gómez Noya | Gustav Iden |
Iocoama[16] | Vincent Luis | Henri Schoeman | Bence Bicsák |
Leeds[17] | Jacob Birtwhistle | Matthew McElroy | Javier Gómez Noya |
Montreal[18] | Jelle Geens | Mario Mola | Tyler Mislawchuk |
Hamburgo[19] | Jacob Birtwhistle | Vincent Luis | Jelle Geens |
Edmonton[20] | Jonathan Brownlee | Mario Mola | Marten Van Riel |
Lausana[21] | Kristian Blummenfelt | Mario Mola | Fernando Alarza |
Proba | Ouro | Prata | Bronce |
Abu Zabi [22] | Katie Zaferes | Taylor Spivey | Jessica Learmonth |
Bermudas [23] | Katie Zaferes | Jessica Learmonth | Joanna Brown |
Iocoama[24] | Katie Zaferes | Summer Rappaport | Taylor Spivey |
Leeds[25] | Georgia Taylor-Brown | Katie Zaferes | Jessica Learmonth |
Montreal[26] | Katie Zaferes | Georgia Taylor-Brown | Jessica Learmonth |
Hamburgo[27] | Non Stanford | Cassandre Beaugrand | Summer Rappaport |
Edmonton[28] | Emma Jackson | Summer Rappaport | Ashleigh Gentle |
Lausana[29] | Katie Zaferes | Jessica Learmonth | Georgia Taylor-Brown |
Proba | Ouro | Prata | Bronce |
Abu Zabi [30] | Australia Ashleigh Gentle Luke Willian Emma Jeffcoat Jacob Birtwhistle |
Estados Unidos Taylor Spivey Ben Kanute Katie Zaferes Eli Hemming |
Nova Zelandia Ainsley Thorpe Sam Ward Sophie Corbidge Hayden Wilde |
Nottingham[31] | Reino Unido
Georgia Taylor-Brown Ben Dijkstra Sophie Coldwell Alex Yee |
Suíza
Jolanda Annen Max Studer Alissa König Adrien Briffod |
Francia
Émilie Morier Dorian Coninx Léonie Périault Pierre Le Corre |
Hamburgo[32] | Francia
Émilie Morier Léo Bergère Cassandre Beaugrand Vincent Luis |
Alemaña
Laura Lindemann Valentin Wernz Nina Eim Justus Nieschlag |
Australia
Natalie Van Coevorden Aaron Royle Emma Jeffcoat Jacob Birtwhistle |
Edmonton[33] | Nova Zelandia
Ainsley Thorpe Tayler Reid Nicole van der Kaay Hayden Wilde |
Reino Unido
Sophie Coldwell Jonathan Brownlee India Lee Gordon Benson |
Estados Unidos
Summer Rappaport Seth Rider Taylor Knibb Morgan Pearson |
Toquio[34] | FranciaLéonie Périault
Pierre Le CorreCassandre BeaugrandDorian Coninx |
Reino UnidoJessica Learmonth
Gordon Benson Georgia Taylor-Brown Alex Yee |
Estados Unidos
Summer Rappaport Seth Rider Tamara Gorman Ben Kanute |
Posto | Nome | Probas disputadas | Puntos |
---|---|---|---|
1 | Vincent Luis | 6 | 5.096 |
2 | Mario Mola | 6 | 4.939 |
3 | Javier Gómez Noya | 6 | 4.533 |
4 | Fernando Alarza | 6 | 4.395 |
5 | Marten Van Riel | 6 | 3.659 |
6 | Jacob Birtwhistle | 6 | 3.433 |
7 | Henri Schoeman | 6 | 3.148 |
8 | Léo Bergere | 6 | 3.042 |
9 | Gustav Iden | 6 | 3.028 |
10 | Kristian Blummenfelt | 5 | 2.892 |
Posto | País | Puntos |
---|---|---|
1 | Francia | 3.228,17 |
2 | Australia | 3.074,84 |
3 | Estados Unidos | 2.907,55 |
4 | Nova Zelandia | 2.836,98 |
5 | Reino Unido | 2.771,07 |
6 | Alemaña | 2.616,58 |
7 | Italia | 2.198,29 |
8 | Países Baixos | 2.192,88 |
9 | Canadá | 2.135,06 |
10 | Bélxica | 2.118,77 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.