Remove ads

Os bupréstidos (Buprestidae) son unha familia de escaravellos, ás veces chamados escaravellos xoia polas súas brillantes cores metálicas e iridescentes. As larvas perforan as plantas e teñen cabezas aplanadas. A familia é unha das máis grandes dos escaravellos, cunhas 15 000 especies coñecidas de 450 xéneros. Ademais, describíronse 100 especies fósiles.[1]

Máis información Buprestidae, Clasificación científica ...
Buprestidae

Agrilinae (fila inferior), Chrysochroinae (fila superior, esquerda 3), e Buprestinae (outros) de Genera Insectorum
Clasificación científica
Reino: Animalia
(sen clasif.) Euarthropoda (clado)
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Elateriformia
Superfamilia: Buprestoidea
Familia: Buprestidae
Leach, 1815
Subfamilias

Agrilinae
Buprestinae
Chrysochroinae
Galbellinae
Julodinae
Parathyreinae
Polycestinae
(pero ver texto)

Pechar

As especies máis grandes e máis espectacularmente coloreadas de bupréstidos son moi aprezadas polos coleccionistas de insectos. Os élitros dalgúns bupréstidos foron utilizados tradicionalmente na arte de adornar con élitros e en xoiería en certos países de Asia, como a India, Tailandia e o Xapón.

Remove ads

Descrición e ecoloxía

A súa forma é xeralmente cilíndrica ou de alongada a ovoide, con lonxitudes de 3 a 80 mm, aínda que a maioría das especies son de menos de 20 mm. Os xéneros Catoxantha, Chrysaspis, Euchroma e Megaloxantha conteñen as especies máis grandes. Poden ter diversas cores brillantes e complicados debuxos. A iridescencia é común nestes escaravellos e non se debe a pigmentos do exoesqueleto, senón que é causada por coloración estrutural, na cal a textura microscópica da súa cutícula reflicte selectivamente frecuencias específicas da luz en determinadas direccións. Este é o mesmo efecto que fai que un disco compacto reflicta múltiples cores.

As larvas perforan as raíces, troncos e talos e follas de varios tipos de plantas, desde árbores a plantas herbáceas. Os tipos que furan a madeira xeralmente prefiren pólas mortas ou moribundas en árbores que no resto están sans, mentres que uns poucos tipos atacan madeira verde san; algúns destes son graves pragas que poden matar as árbores e causar grandes danos económicos, como o invasivo Agrilus planipennis. Algunhas especies son atraídas por bosques que se queimaron recentemente para poñeren alí os ovos. Poden percibir o fume da madeira de piñeiro queimada desde uns 80 km de distancia, e poden ver a luz infravermella, o que lles axuda a achegarse ás zonas nas que houbo incendios forestais.[2]

Hai dez especies de Buprestidae que se alimentan nas piceas e abetos, pero os Tsuga son a súa fonte de alimento preferida.[3] Igual que ocorre coas larvas dos cerambícidos (de cabezas arredondadas), a maioría da alimentación ocorre en árbores mortos ou moribundos, ou preto de feridas en árbores vivas. Os danos só son abundantes alí onde teñen a posibilidade de reproducirse continuamente. A historia vital destes escaravellos perforadores é similar á das larvas de cerambícidos, pero informouse dalgúns ciclos vitais moi longos en condicións adversas. As larvas que acabaron o seu crecemento, de ata 25 mm de longo, están aplanadas caracteristicamente e a parte anterior do corpo é moito máis ancha que o resto. Os adultos de aspecto broncíneo só se ven xeralmente onde hai material adecuado en localizacións soleadas.

Remove ads

Sistemática

A clasificación dos bupréstidos non está aínda firmemente establecida, pero parece haber cinco ou seis liñaxes principais, que poden considerarse subfamilias, posiblemente cunha ou dúas que serán elevadas a familias. Algúns outros sistemas definen ata 14 subfamilias.

As subfamilias comunmente aceptadas, con algúns xéneros representativos (non están todos) son:

Thumb
Espécime de Agrilus biguttatus (Agrilinae)
Thumb
Espécime de Eurythyrea austriaca (Buprestinae)
Thumb
Temognatha alternata, un Buprestinae de 2,6 cm de lonxitude de Cooktown, Australia
Thumb
Espécime de Capnodis cariosa (Chrysochroinae)
Thumb
Espécime de Julodis ehrenbergii de Grecia (Julodinae)
Thumb
Unha especie de Acmaeodera (Polycestinae)

Agrilinae Cosmopolitas, coa maioría dos taxons no hemisferio Norte

  • Agrilus Curtis, 1825
  • Anodontodora Obenberger, 1931
  • Asymades Kerremans, 1893
  • Brachys Dejean, 1833
  • Chalcophlocteis Obenberger, 1924
  • Discoderoides Théry, 1936
  • Entomogaster Saunders, 1871
  • Ethiopoeus Bellamy, 2008
  • Madecorformica Bellamy, 2008
  • Meliboeus Deyrolle, 1864
  • Pachyschelus Solier, 1833
  • Paracylindromorphus Thery, 1930
  • Paradorella Obenberger, 1923
  • Pseudokerremansia Bellamy & Holm, 1985
  • Strandietta Obenberger, 1931

Buprestinae Cosmopolitas

  • Agrilozodes Thery, 1927
  • Anthaxia Eschscholtz, 1829
  • Bubastoides
  • Buprestis
  • Calodema Encóntranse só en Australia e Nova Guinea; xeralmente en bosques pluviosos
  • Castiarina Unhas 500 especies, que se encontran só en Australia e Nova Guinea, previamente considerados un subxénero de Stigmodera
  • Chrysobothris
  • Colobogaster
  • Conognatha
  • Eurythyrea
  • Hiperantha
  • Metaxymorpha Encóntranse só en Australia, Nova Guinea e Indonesia; usualmente en bosques pluviosos
  • Stigmodera 7 especies permanecen aquí
  • Temognatha Unhas 83-85 especies, que se encontran só en Australia e Nova Guinea, previamente considerados un subxénero de Stigmodera

Chrysochroinae

  • Capnodis
  • Chalcophora
  • Chrysochroa
  • Chrysodema Laporte & Gory, 1835 (= Cyalithoides)
  • Euchroma
  • Halecia
  • Lampetis Dejean, 1833 Ás veces incluído na tribo Psilopterini, pero actualmente non se considera moi próximo a Psiloptera (provisionalmente situado aquí)
  • Lampropepla
  • Perotis
  • Psiloptera (provisionalmente situado aquí)

Galbellinae

  • Galbella

Julodinae

  • Aaata
  • Amblysterna
  • Julodella
  • Julodis
  • Neojulodis
  • Sternocera

Polycestinae

  • Acmaeodera
Remove ads

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads