Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria, estabelecida no Primeiro Concilio de Braga no ano 569, que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.
Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.
A abreviatura SAMI, de "Santa, Apostólica e Metropolitana Igrexa", aplícase tradicionalmente á sé da arquidiocese de Santiago de Compostela. O uso de SAMI é habitual en textos antigos (sobre todo na historiografía galega do século XIX, coma por exemplo por Antonio López Ferreiro ou Ángel Amor Ruibal) pero úsase coma abreviación tamén hoxe en día.
A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1287118 persoas, deles 1132664 católicos (o 88% da poboación) e dela dependen 1.069 parroquias. Na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Francisco José Prieto.
Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o bispo de Salamanca, Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo papa. Non pode ser considerado arcebispo de iure, mais si de facto.
Fillo do anterior, elixido co apoio de Fernando o Católico conseguiu que fose aprobado o seu nomeamento polo papa Xulio II. Entre ambos mandatos estableceuse un mandato de transición na figura do arcebispo Pedro Luis de Borja (sobriño do papa Borxia Alexandre VI) entre o 28 de agosto e o 23 de outubro de 1507, co fin de salvar a prohibición de que un fillo sucedese o pai nunha cadeira episcopal. O arcebispado non o inclúe na súa lista.