escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Armindo Magalhães, nado en Fornelos, Fafe, o 9 de outubro de 1966, é un escritor portugués, residente no Porto.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1966 (58 anos) Fornelos, Portugal (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Profesor universitario. Xuntamente con José Saramago, Luiz Francisco Rebello, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Fronte Nacional para a Defensa da Cultura (FNDC).[1] . Natália Correia definiuno como "o escritor da possessão do sentimento". Foi elixido Presidente da Associação de Jovens Escritores de Portugal (AJEP) de 1990 a 1994.[2]
A convite de universidades americanas, europeas, asiáticas e australianas ten difundido a lingua e cultura portuguesas. A viaxe que máis o marcou (e fascinou) foi, en 1992, cando visitou a Australia e durante a cal foi recibido, para alén dos responsábeis gobernamentais australianos, polas comunidades portuguesa e timorense.
Propuxo, en 1992, xunto de Mário Soares e Cavaco Silva, respectivamente Presidente da República e Primeiro ministro de Portugal, a creación do Departamento de Lingua e Cultura Portuguesas na Northern Territory University, en Darwin (Australia).
Participou no último Congreso de Escritores Portugueses (Lisboa, 1991), presentando a comunicación "O escritor e a sociedade portuguesa"[3]
Participou, en 1992, no Encontro Internacional de Poetas, a convite do Grupo de Estudos Anglo-Americanos da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra.
Xuntamente con José Saramago e Jorge Amado foron os únicos representantes da lingua portuguesa no I Encontro Eurolatinoamericano de Escritores, que decorreu, en 1993, en Mollina, en Málaga (España).
Participou, en 1995, no Parlamento Internacional de Escritores, presidido por Salman Rushdie, que decorreu na Fundación Calouste Gulbenkian, en Lisboa. Foi a primeira reunión daquela entidade fundada a partir do Carrefour des Littératures Européennes, en Estrasburgo.
É membro de diversas institucións e asociacións nacionais e internacionais, entre as cales, a Asociación Portuguesa de Escritores (APE), a Sociedade Portuguesa de Autores (SPA) e a Asociación Internacional de Lusitanistas (AIL). Foi colaborador de diversos xornais e revistas, entre os cales, Jornal de Letras, Artes e Ideias, Convergência Lusíada (Real Gabinete Portugués de Lectura), North Perspective (North Territory University, Darwin, Australia).[4] Letras & Letras e O Escritor. Os seus libros ou excertos están traducidos a inglés, alemán, español, francés e grego. Está referenciado nos máis importantes sitios e publicacións sobre a lingua e a literatura portuguesas (Revista Colóquio Letras, da Fundación Calouste Gulbenkian). Acostuma definirse como un escritor de emocións. E escribir é a súa segunda respiración.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.