Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os portugueses[12] son unha nación e grupo étnico indíxena de Portugal que comparten unha mesma cultura e falan o portugués como lingua principal. A súa relixión predominante é o Cristianismo, principalmente o catolicismo.
Pobo portugués | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||||||||||||||||||
Poboación | ||||||||||||||||||||||||||
Poboación total: c 42 millóns a 270 millóns[1] | ||||||||||||||||||||||||||
Rexións principais: | ||||||||||||||||||||||||||
Portugal | 10 374 822 (poboación de 2011, sen ter en conta etnia)[2] | |||||||||||||||||||||||||
Brasil | 45 000 000-85 000 000 (devanceiros portugueses)[3][4] | |||||||||||||||||||||||||
Estados Unidos | 1 471 549 (devanceiros portugueses) | |||||||||||||||||||||||||
Venezuela | 1 300 000 (devanceiros portugueses)[5] | |||||||||||||||||||||||||
Francia | 1 243 419 (devanceiros portugueses)[6] | |||||||||||||||||||||||||
Canadá | 429 850 (devanceiros portugueses)[7] | |||||||||||||||||||||||||
Suráfrica | 300 000 | |||||||||||||||||||||||||
Angola | 300 000[8] | |||||||||||||||||||||||||
Suíza | 265 000[9][10] | |||||||||||||||||||||||||
Alemaña | 170 000 | |||||||||||||||||||||||||
Aspectos culturais | ||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua portuguesa e mirandés | |||||||||||||||||||||||||
Relixión | Catolicismo | |||||||||||||||||||||||||
Grupos relacionados | Galegos, españois, italianos, sefardís e outros pobos europeos.[11] |
Historicamente, a herdanza dos portugueses inclúe os celtas, preceltas, celtiberos e iberos, os lusitanos, galaicos e célticos, os romanos, os visigodos e os suevos. A República Romana conquistou Iberia durante os séculos -II e -I. Como resultado da colonización romana, a lingua local provén do latín vulgar. Por mor da longa historia do Imperio portugués e a colonización de territorio de Asia, África e América, así como pola emigración histórica e recente, pódense atopar comunidades portuguesas en diversas rexións do planeta, e tamén existe unha importante diáspora. Os portugueses foron un axente salientable da era dos descubrimentos, descubrindo numerosas terras descoñecidas polos europeos en América, África, Asia e Oceanía, axudando tamén no proceso de globalización.
Hoxe en día, Portugal amosa unha sociedade multicultural de todo o mundo, pero con especial presenza das antigas colonias da Lusofonía, como os brasileiros, os caboverdianos, angolanos, mozambicanos, goanos e macaneses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.