escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Lopes Ferreira Fonseca, máis coñecido como Manuel da Fonseca, nado en Santiago do Cacém o 15 de outubro de 1911[1] e finado en Lisboa o 11 de marzo de 1993, foi un escritor (poeta, contista, novelista e cronista) portugués. Un dos máis importantes do neorrealismo portugués.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1911 Santiago do Cacém, Portugal |
Morte | 11 de marzo de 1993 (81 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Premios | |
Tras terminar o ensino básico, Manuel da Fonseca proseguiu os seus estudos en Lisboa. Estudou no Colexio Vasco da Gama, Liceu Camões, Escola Lusitânia e Escola de Belas-Artes. A pesar de non ter sobressaído na área das Belas-Artes, deixou algúns rexistros do seu trazo, sobre todo nos retratos que facía dalgúns dos seus compañeiros de conversas lisboetas, como é o caso do de José Cardoso Pires. Durante os períodos de interregno escolar, aproveitaba para regresar ao seu Alentejo de orixe. De aí que o espazo de elección dos seus primeiros textos sexa o Alentejo. Só máis tarde e a partir de Um Anjo no Trapézio é que o espazo das súas obras pasa a ser a cidade de Lisboa.
Membro do Partido Comunista Portugués (PCP), Manuel da Fonseca formou parte do grupo do Novo Cancioneiro e é considerado por moitos como un dos mellores escritores do Neorrealismo portugués. Nas súas obras, cargadas de intervención social e política, relata como poucos a vida dura do Alentejo e dos alentejanos. Tda a súa obra é atravesada polo Alentejo e o seu pobo. Ligado ao neorrealismo, evolucionou no sentido dun rexionalismo crecente, ligado ao seu Alentejo natal, retratando o pobo desta rexión e a miseria que sufriu.[3]
A súa vida profesional foi moi díspar, exercendo nos máis distintos sectores: comercio, industria, revistas, axencias publicitarias, entre outras.[4]
Era membro da Sociedade Portuguesa de Escritores cando esta atribuíu o gran Premio da Novelística a José Luandino Vieira pola súa obra Luuanda, o que levou ao peche desta institución e á detención dalgúns dos seus membros na prisión de Caxias, entre os cales estaba Manuel da Fonseca.[5] A súa escrita era seguida de cerca pola Censura. Vixiado e perseguido pola PIDE, tanto polo que escribía como pola militancia política, coñeceu a brutalidade dos interrogatorios e dos cárceres fascistas.[6]
A 25 de outubro de 1983, foi agraciado co grao de Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.
Na súa homenaxe, a Escola Secundaria de Santiago do Cacém denomínase Escola Secundária Manuel da Fonseca[7] e as bibliotecas municipais de Castro Verde e Santiago do Cacém, Biblioteca Municipal Manuel da Fonseca.[8]
Colaborou nas revistas Árvore, Vértice, O Diabo, Seara Nova, A Capital, Atlántico.[9]
Algunhas das súas obras foron traducidas a varios idiomas e levadas ao cinema.
Publicado en 1951, é un dos máis significativos libros de contos da moderna literatura portuguesa, onde a arte de Manuel da Fonseca atinxe a perfecta madureza, revelándose entón un escritor de tendencia rexionalista e de fonda preocupación humana, que retrata a vida pobre dos traballadores rurais das chairas alentejanas, dando especial realce á súa loita contra a inxustiza. Os contos son acerca dun Alentejo dos anos 40 e 50, rústico e en decomposición. Fálannos das xentes dunha terra marabillosa mais pobre: ese Alentejo de hai moitas décadas, que asistía aos primeiros pasos dun progreso lento.[10]
Un dos contos alegórico e simbólico é O Largo.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.