Antonio José Neira de Mosquera , nado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1823 e finado na Coruña o 9 de xullo de 1854 , foi un xornalista e escritor galego, o principal instigador cultural do primeiro grupo provincialista . Foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego ,[1] inda que non escribiu en lingua galega .
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Pertencente a unha familia burguesa culta e acomodade, comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1837 . Pertenceu á Academia Literaria fundada por José María Posada , da que foi primeiro secretario. Colaborou, a partir de 1841, nos periódicos Revista de Galicia , El Recreo Compostelano (que dirixiu) xunto a Antolín Faraldo e La Situación de Galicia co pseudónimo de doctor Malatesta . Fundou e dirixiu El Eco de Galicia .
Estreou na Coruña con éxito o drama La razón de la sinrazón . Trasladouse a Madrid en 1843 e foi redactor de El Tío Vivo (1845), El Imparcial e El Censor de Prensa . Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España.[1] Figura en Los españoles pintados por sí mismos (1844) con "El gaitero gallego", ao que describe como un narrador de contos e alcaiote de amores difíciles, animador de misa e romarías, nunca falta en festas patronais, vodas e magosto .[5] Participou no Liceo de la Juventud . Escribiu a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra . En 1848 volveu a Galicia. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos sobre Galicia que lle serviron de base para as Monografías de Santiago (1850), colección de cadros históricos, políticos, costumistas, de arte, tradicións e lendas.
Foi correspondente da Real Academia da Historia .[6]
Retrato a lapis de Antonio José Neira de Mosquera.[7]
Finou de enfermidade aos 31 anos de idade. O concello de Santiago de Compostela dedicoulle o nome dunha rúa.
El día 24 de julio de 1840 , 1840.
El moribundo , 1841, 16 pp.[8]
La marquesa de Camba , 1842.
"Infracción periodística", 16/2/1843, 1 p.[9]
La Marquesa de Camba y Rodeiro , 1845.
Las ferias de Madrid , 1845, 188 p., Madrid: Madoz y Sagasti, colección de artigos.
Un ángel caído , 1848.
Monografías de Santiago , 1850, 388 pp.[6] Imprenta de la Viuda de Compañel é Hijos.[10]
El reinado de las musas , 1851.
Album histórico, científico y literario de Galicia , 1883.
Colectivas
Da autoría de Neira inclúe:
"El P. M. Fr. Benito Geronimo Feijoo"
"El puente Cesures"
"Recuerdos de un viaje por Galicia"
"Una romería en la Ulla baja"
"El Pico-Sagro"
"Paso del rio Ulla por San Juan da Cova"
"Santuario de los Desamparados en Abades"
"O Vota-Fumeiro de la Catedral de Santiago" [12]
"Las torres de Oeste"
"Mosaico romano de Lugo"
"Sargadelos en 1851"
Este é hoxe un artigo de contido especialmente cuestionado.
Neira de Mosquera imaxinado por unha intelixencia artificial a partir dun seu gravado. Autor: Manuel Gago Mariño . Bibliografía
"Neira de Mosquera, Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 44 . La Voz de Galicia . 2003-2004. p. 68. ISBN 84-7680-429-6 .
"Neira de Mosquera, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3 . Ir Indo Edicións . 2010-2011. p. 18.
"Neira de Mosquera, Antonio". Diciopedia do século 21 2 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 1452. ISBN 978-84-8288-942-9 .
"Neira de Mosquera, Antonio". Enciclopedia Galega Universal 12 . Ir Indo . 1999-2002. p. 361. ISBN 84-7680-288-9 .
Caamaño Bournacell , José. "Testamento del licenciado don Antonio Neira de Mosquera" . Boletín de la RAG (en castelán ) . tomo 3: 254–256. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019 .
Carballo Calero , R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea . Galaxia. ISBN 84-7154-227-7 .
Cea-Naharro y Rey , M.ª Dolores de (2005). "Neira de Mosquera, Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD ). El Progreso . ISBN 84-87804-88-8 .
Coco Barajas , Abraham (27/4/2015). "Neira de Mosquera se inventó el mito del botafumeiro" . ABC (en castelán ) . ISSN 1136-0143 .
Couceiro Freijomil , Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán ) II . Bibliófilos Gallegos . p. 471.
Martínez , X. (ed.). Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853) . Alvarellos . ISBN 978-84-16460-21-2 . Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019 . Con prólogo de X. R. Barreiro .
Miralles García , Enrique (2008). "Grupo de Investigación del Cuento Español del Siglo XIX" (en castelán ) . Universitat Autònoma de Barcelona . Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2019 .
Ríos Panisse , María do C. (2000). Os Séculos Escuros. O século XIX . Proxecto Galicia . Tomo XXXI. A Coruña : Hércules . ISBN 84-89468-73-7 .
Rodríguez Sánchez , Tomás (1994). Catálogo de dramaturgos españoles del siglo XIX . Madrid: Fundación Universitaria Española. p. 415. ISBN 8473923545 .
Vázquez Castro , Julio (2009). "El rey de los incensarios. Víctor Hugo y el redescubrimiento romántico del botafumeiro" (PDF) . Abrente (40-41): 149-186.
Vicenti , A. (28/3/1880). "Historias Literarias. D. Antonio Neira de Mosquera, su tiempo, su obra (conclusión) ". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán ) (9).
Vilavedra , Dolores , ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I . Vigo : Editorial Galaxia . p. 402-403. ISBN 84-8288-019-5 .
— — — — — — — — — , ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II . Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X .