Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixe durante a segunda guerra mundial.
Historia
Datas nas que os estados se uniron ós aliados
Trala invasión alemá de Polonia
Tralo fin da "Guerra de Broma"
- Dinamarca: 1940 9 de abril
- Noruega: 1940 9 de abril
- Bélxica: 1940 10 de maio
- Luxemburgo: 1940 10 de maio
- Países Baixos: 1940 10 de maio
- Francia Libre: 1940 18 de xuño
- Grecia: 1940 28 de outubro
- Reino de Iugoslavia: 1941 6 de abril
- Unión Soviética: 1941 22 de xuño
- Tannu Tuva: 1941 25 de xuño
Tralo ataque a Pearl Harbor
- Panamá: 1941 7 de decembro
- Filipinas: 1941 7 de decembro
- Costa Rica: 1941 8 de decembro
- República Dominicana: 1941 8 de decembro
- O Salvador: 1941 8 de decembro
- Haití: 1941 8 de decembro
- Honduras: 1941 8 de decembro
- Nicaragua: 1941 8 de decembro
- Estados Unidos: 1941 8 de decembro
- República da China: 1941 9 de decembro
- Guatemala: 1941 9 de decembro
- Cuba: 1941 9 de decembro
- República de Corea (Goberno exiliado): 1941 9 de decembro
- Checoslovaquia (Goberno exiliado) : 1941 16 de decembro
- México: 1942 22 de maio
- Brasil: 1942 22 de agosto
- Etiopía: 1942 14 de decembro
- Iraq: 1943 17 de xaneiro
- Bolivia: 1943 7 de abril
- Irán: 1943 9 de setembro
- Italia: 1943 13 de outubro (antigamente membro do Eixo)
- Colombia: 1943 26 de novembro
- Liberia: 1944 27 de xaneiro
Tralo Día-D
- Romanía: 1944 25 de agosto, (antigamente membro do Eixo)
- Bulgaria: 1944 8 de setembro, (antigamente membro do Eixo)
- San Marino: 1944 21 de setembro
- Albania: 1944 26 de outubro, (antigamente controlado polo Eixo)
- Hungría: 1945 20 de xaneiro, (antigamente membro do Eixo)
- Bahawalpur: 1945 2 de febreiro
- Ecuador: 1945 2 de febreiro
- Paraguai: 1945 7 de febreiro
- Perú: 1945 12 de febreiro
- Uruguai: 1945 15 de febreiro
- Venezuela: 1945 15 de febreiro
- Turquía: 1945 23 de febreiro
- Líbano: 1945 27 de febreiro
- Arabia Saudita: 1945 marzo
- Arxentina: 1945 27 de marzo
- Chile: 1945 11 de abril
- República Popular de Mongolia: 1945 9 de agosto
Alianzas formais durante a guerra
Aliados orixinais
Os aliados orixinais foron aqueles estados que lle declararon a guerra á Alemaña nazi trala súa invasión de Polonia en setembro de 1939.
Estes países estaban aliados entre eles por unha rede de pactos de defensa común e pactos de alianzas militares asinados antes da guerra. A Alianza Franco-Británica databa da Entente Cordiale de 1904 e a Tripla Entente de 1907, activadas durante a primeira guerra mundial. A Alianza Franco-Polaca fora asinada en 1921 e renovada en 1927 e 1939. O Pacto de Defensa Común Polaco-Británico asinado o 25 de agosto de 1939 establecía promesas de asistencia militar mutua entre os estados no caso de que algún deles fose atacado por Alemaña.
As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados.
Polonia
Polonia nunca se converteu en membro oficial do Terceiro Reich e o Goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na segunda guerra mundial en varias frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu o Goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construído o estado sucesor da posguerra da República Popular de Polonia en 1952.
A Comunidade Británica de Nacións
Ademais do Reino Unido, varios membros independentes da Comunidade Británica de Nacións declararon a guerra a Alemaña por separado, algúns no mesmo día e outros pouco despois. Estes países foron: Canadá, Australia, Nova Zelandia, Terra Nova (que non foi parte do Canadá até 1949) e Suráfrica.
O Imperio Indio (a área da República da India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias británicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1.500.000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuíu con 2.500.000 militares e sufriu a perda de 87.000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido.
O Grupo de Oslo
O Grupo de Oslo era unha organización de países oficialmente neutrais. Catro membros xuntáronse máis adiante ós aliados, como gobernos no exilio: o Reino de Noruega, o Reino dos Países Baixos, o Reino de Bélxica e o Gran Ducado de Luxemburgo.
A República de Finlandia foi invadida pola USSR o 30 de novembro de 1939 . Máis tarde Finlandia e o Reino de Dinamarca uníronse formalmente ó Pacto Anti-Comintern do Eixo. O Reino de Suecia permaneceu oficialmente neutral. Seguindo ó armisticio de Moscova de setembro de 1944, Finlandia entrou de feito nos aliados e loitou contra as forzas alemás. Isto levou a unha serie de enfrontamentos chamados Guerra de Laponia.
Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O Goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantería control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún Goberno no exilio. Os daneses loitaron a carón tanto dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Groenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia seren oficialmente neutrais no momento, ocuparon Groenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamais declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo.
Portugal
A pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recorrida na segunda guerra mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistencia activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada polo Xapón, e os cidadáns portugueses e timorenses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macau tamén foi ocupado polo Xapón.
Declaración das Nacións Unidas do 1 de xaneiro de 1942
Os 26 países asinantes foron os seguintes:[1]
- Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
- Estados Unidos
- República da China
- Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas
- Australia
- Bélxica
- Canadá
- Costa Rica
- Cuba
- República Checa (Eslovaquia estaba ocupada)
- República Dominicana
- O Salvador
- Grecia
- Guatemala
- Haití
- Honduras
- India británica
- Luxemburgo
- Países Baixos
- Nova Zelandia
- Nicaragua
- Noruega
- Panamá
- Polonia
- Suráfrica
- Iugoslavia
Durante a declaración de 1942 adheríronse México, Filipinas, e Etiopía; nos catro primeiros meses de 1943, adheríronse Iraq, Brasil, e Bolivia.
Comintern
As seguintes forzas socialistas e prosoviéticas tamén combateron contra as Potencias do Eixo antes ou durante a segunda guerra mundial.
- Brigadas Internacionais
- Fronte Popular
- Exército de Liberación Nacional Albanés
- Exército Vermello Chinés
- Ethniko Apeleftherotiko Metopo
- Hukbalahap (Filipinas)
- Partido Comunista Malaio
- Mongolia
- Exército Popular Polaco
- URSS
- Viet Minh
- Partido Comunista de Iugoslavia
Unión Panamericana
Os membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais entre 1939 e 1941, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas foi parte da Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.[2] Houbo 21 asinantes:
- Bolivia
- Brasil (25 de agosto de 1942)
- Colombia
- Costa Rica
- Cuba
- República Dominicana
- O Salvador
- Guatemala
- Haití
- Honduras
- México (1 de xuño de 1942)
- Nicaragua
- Panamá
- Estados Unidos
En xullo de 1944, unha Forza Expedicionaria Brasileira de 25.000 membros uniuse ós aliados na Campaña de Italia. En 1945, o Escuadrón 201 da Forza Aérea Mexicana uniuse á U.S. Far East Air Force, durante a campaña de Filipinas. Os outros países deste grupo contribuíron con unidades de apoio ou pequenas forzas de combate.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.